INICIO Do 2012 ao 2018 Do 2018 ao 2023 A CIDADE VELLA *** SELO EUROPEO DE CALIDADE AO PROXECTO : THE WEATHER THAT WE WATCH*** MAQUETAS E RECICLAXE ★ DESPEDIDAS DE PROMOCIÓNS ★

sábado, 25 de mayo de 2013

Unha parte dos 800 anos da historia da cidade de A Coruña  está nas súas murallas.




A Cidade Vella

Na idade media existía a Cidade Vella ou Cidade Alta.A Cidade Vella,con casas apiñadas e porticadas,estaba rodeada por unha muralla de mampostería,pedra e barro,estreita e alta,que discurría por A Maestranza,o xardín de San Carlos,o Paseo do Parrote,Porta Real,a rúa Nosa Señora do Rosario,Porta de Aires e A Estrada.


As portas da Muralla
Consérvanse restos das murallas defensivas, así como tres portas que abrían a cidade ao mar ao longo do paseo do Parrote, fronte á baía. Tamén se conserva o baluarte coñecido como a Fortaleza Vella, que é o actual Xardín de San Carlos.
  • Seguindo o paseo do Parrote atópanse a muralla e a porta de San Miguel, construídas en 1607 fronte ao Castelo de San Antón.
  • A porta do Cravo, que se atopa fronte ao Xardín de San Carlos, foi construída en 1676.
  • A porta da Cruz ou do Parrote, fronte ao Palacio da Capitanía Xeneral, é tamén do ano 1676.
 Por cada unha delas circularon persoeiros famosos da historia de España .Desde Carlos I cando veu a Coruña , procedente de Flandes e convocou aquí as cortes para conseguir os cartos necesarios para a súa coronación ata a princesa Catarina de Aragón , filla dos Reis Católicos que partiu de aquí cara Inglaterra e casar alí co Rei Enrique VIII                                         
 Esta muralla estaba franqueada por 17 torreóns e unha fortaleza ,ubicada onde hoxe atópase o Xardín de San Carlos, e que ao principio estaba fora do recinto.Ao longo dos anos as murallas rexistraron rectificacións ou cambios de portas. Inicialmente había catro: Aires,da torre,San Francisco e Parrote ; que logo ampliáronse coa do Clavo e de San Miguel.
                      





A Pescadería


A Pescadería,dende Porta Real ata Xoana de Vega hoxe en día,só tiña unha muralla sencilla con dúas portas e dous baluartes , un nas cercanías do Orzán.

O ataque e a catástrofe
Francis Drake atacou a cidade en 1589 e arrasou Pescadería polas súas zonas abertas, o Orzán e o porto,quedando casas e templos destruídos.
A Cidade Vella resistiu,según os historiadores máis polo valor de algúns dos seus habitantes,como María Pita,que pola calidade das fortificacións.Tras o asedio inglés reparouse a muralla de Pescadería e,tras a petición do Consello coruñés ao rei Felipe II,comezaron os plans de mellora das defensas coa sucesiva chegada de inxeñeiros estranxeiros,o primeiro Tiburcio Spanochi que elaborou catro proxectos pero só empezouse o primeiro e non iniciouse hasta o século XVII.Comezou entón a construcción da segunda muralla ou contragarda.En 1658 explotou o polvorín da fortaleza,onde hoxe ubícase o Xardín de San Carlos,e morreron máis de 200 persoas,ademáis de quedar destruídas moitas casas,parte da muralla e do convento de San Francisco e dúas capelas.Esta fortaleza foi reedificada e tras uns anos de abandono,en 1834 o entón gobernador coruñés proxectou convertila en xardín.


As fortificacións
Antes do século XVI,o capitán xeneral de Galicia Diego das Mariñas continuara coas fortificacións na muralla dende San Carlos ata o Campo da Estrada, ata chegar ao mar. Desta época,entre 1594 e 1596,é a muralla que bordea A Solana.Detrás do hospital Abente e Lago tamén consérvase esta liña defensiva.
                  

                     


Derribos e reformas
O derribo das murallas da Cidade Vella comezou en 1840 por unha real Orde. O primeiro tramo en caer foi o existente na actual calle Nosa Señora do Rosario.O espazo vacío deixado tras o derribo da muralla no Rosario aproveitouse para diseñar a praza de María Pita, e a partir de alí , toda esa zona, comezou a modernizarse , e a ter un aspecto máis parecido ao de hoxe .




Texto elaborado a partir dun artigo do diario “ LA OPINIÓN DE A CORUÑA “



                                                                                                                                  CARLOS RODILES FREIRE



No hay comentarios:

Publicar un comentario