INICIO Do 2012 ao 2018 Do 2018 ao 2023 A CIDADE VELLA *** SELO EUROPEO DE CALIDADE AO PROXECTO : THE WEATHER THAT WE WATCH*** MAQUETAS E RECICLAXE ★ DESPEDIDAS DE PROMOCIÓNS ★

domingo, 23 de junio de 2013

                Excursión de fin de curso
 
   Valoracións-vivencias -opinións  

Lúa
Costa de Dexo

Fomos a Costa de Dexo pola mañá. Primeiro pasamos por unha corredoira que era un camiño principal de Dexo hai moitos anos. Chegamos a un portiño onde se vía a illa de Marola e tomei moitas fotos. Sorprendeume que o eucalipto e a unlla de gato foran especies invasoras.Levoas vendo toda a vida e nunca pensei que fixeran algún mal. A herba de namorar é moi bonita pero todo o que hai que facer... Esa vinna tamén no monte de San Pedro. Gustoume moito esa parte da excursión. A comida foi divertida. Estábamos todos falando e tíñamos fame negra. Alí notáronse os cinco kilómetros que andiveramos.

Parque Aquaciencia

Logo, pola tarde, fomos ao parque AquaCiencia de Ferrol. O que mais me gustou foron os pavos reais e o transbordador. Foi divertido, movíase moito e hai quen case se cae. Foi interesante. Nunca vira pavos reais e son moi bonitos. Ao final gustoume moito toda a excursión.


Elena
Costa de Dexo
  É un  espacio protexido  do Concello . Polo bosque  que cruzamos hai esguíos  ainda que nós non pudimos velos. Si vimos piñas mordidas por esguíos .
   Tamén fomos  aos cantís  para ver as aves. Desde os cantís pódese ver   a Torre de Hércules.
O Parque de  Aquaciencia 
   Despois fumos  a Aquaciencia  que está cheo de auga  e vimos : un muiño de auga  , un transbordador , unha bola xiratoria .....  O máis estraño de todo  foi  que  ali estiveran os pavos reais  . O noso monitor  mostrounos  que ca auga tamén  se produce electricidade para a  luz.  O que máis me gustou foi o transbordador . 

Antía
Costa de Dexo
      Nesta excursión vimos o Porto de Dexo e nese porto vimos a Illa da Marola . Dexo non parecia un porto porque non había barcos  . Fomos a outro sitio para descansar e a monitora  ensinounos moitas clases de plantas e tamén moitas clases de gaivotas .Unha era a gaivota chorona que en castelán é a gaiviota reidora e a min non me gustou porque chovia moito e eu non tiña capucha entón caeume un chaparrón encima . Finalmente fomos correndo cara o autobús .
O Parque de  Aquaciencia
       Neste parque vimos un pavo real que non sacaba as ás porque non habia ningunha pava e había auga por todas as partes .Estivemos xogando a moitos xogos que trataban sobre a auga e vimos unha bóla que cando a xirabas e a tocabas mollabaste .  Habia pedais para para que se movera un muiño . Unha bomba de ferro na que habia unha panca por onde saia a auga e outra cousa que molaba moito era unha balsa  na que habia unha corda para chegar a o outro lado .

María
Costa de Dexo
A min gustoume moito porque é un sitio moi  fermoso onde podes ver  aves de diferentes especies  e tamén  moitas plantas . Tamén vimos a Illa da Marola que ten forma de tartaruga . Foi unha experiencia inolvidable . Outra parte que  gustoume moito  foi ver as gaivotas tan cerca.
O Parque de Aquaciencia
 O que máis  me  chamou a  atención foron os pavos reais  que facían ruidos raros  . Nun momento eu pensei que ían atacarnos.  Vimos moitos inventos divertidos e educativos como :  a clepsidra ou reloxo de auga , un transbordador   e moitísmas cousas máis . Tamén gustoume moito o parafuso  de Arquímides.
    Casi toda a excursión estivemos cos de 6º cos que nos levamos moi ben.

Carlos   
Costa de Dexo
   Fumos á Costa de Oleiros e nos choveu moito,pero conseguemos ver moitas plantas: a margarita silvestre, a flor de namorar... A que máis me chamou a atención foi a “unlla de gato”. Era unha especie invasora e máis verde escuro ca herba.  Fumos ó Seixo Branco, chamado así  por unha pedra branca que baixaba ata o mar.  O máis impresionante foi saber que se formou   a moitos metros baixo terra!   Paseamos por un bosque no que había moitos eucaliptos.   E vimos unha illa chamada Marola.  Foi divertidísimo!
Na praia:
Despois da visita á Costa de Oleiros, fumos a unha praia a comer a comida que levamos da casa. Despois xogamos ao fútbol. 
Parque Aquaciencia:
   Despois da visita á Costa de Oleiros, fumos ata Ferrol,para visitar o parque Aquaciencia.  Alí había moitos pavos reais,  pero alí tamén choveu. Estivemos vendo moitos experimentos coa  auga: o parafuso de Arquímedes ,unha bola que se deslizaba grazas á auga, unha balsa na que navegamos.  Estábamos os alumnos de 5º e 6º, e o que máis xente atraeu foi o martelo que funcionaba grazas á potencia da auga.  Se puñas unha pedra alí a trituraba!  Foi unha excursión impresionante.




No hay comentarios:

Publicar un comentario