Desde esta bitácora pretendemos compartir algunhas das actividades que realizamos ou trataremos de realizar . Ademais intenta ser unha ferramenta de axuda para todos aqueles alumnos/as, pais/nais e profesores/as que desexen acceder a temas de información ( libros ,revistas , enlaces , recursos dixitais ,software educativo ...) sobre o traballo que desenvolvemos

domingo, 9 de marzo de 2014

O ENTROIDO

       O xoves, día 27 pola tarde,tivemos unha festa de entroido organizada polos pais\nais de 6º para todo o colexio. Houbo moita festa e moito disfrace, alí vimos dende pequenos spidermans ata grupos de góticas. Tamén vimos disfraces de sevillanas, piratas, princesas ,Hulks , demos, mexicanos , e ata pequenos policías...
Houbo música,bocadillos de chourizo, queixo, nocilla , refrescos de cocacola, refrescos de laranxa e limón , zumes e augas . Sorteáronse unha cesta de comida e unha caixa de viño.
Tamén se fixeron para vender ricos postres caseiros. Mmmmm. Que ricos estaban!

Ao día seguinte, na festa do entroido do colexio, cantamos unha canción sobre os nosos disfraces.
(de allos e cebolas )

Esta é :

Nos somos as cebolas
redondas e con moitas capas
todo o día chorando
aínda que levemos gafas.

Nos tamén imos de allos
e na casa non cantamos
pero na festa do cole
o entroido festexamos.

                  Carmen   Fernández  e Carmen  Álvarez
                              
Nós con caras de allos e de cebolas



                   

No hay comentarios:

Publicar un comentario