INICIO CLASE DE TERCEIRO COLABORACIÓNS SAÍDAS E EVENTOS ESCOLARES A CIDADE VELLA DE LIBROS E DE CINE LEMOS O XORNAL PROXECTO CLIMA E PROXECTO ETWINNING *** SELO EUROPEO DE CALIDADE AO PROXECTO : THE WEATHER THAT WE WATCH*** SELO NACIONAL DE CALIDADE PARA O PROXECTO: DIGITAL MATHS NOTEBOOK
Desde esta bitácora compartimos activamente moitas das actividades e proxectos que realizamos . O blogue , ademais, é unha ferramenta de axuda para acceder a temas de información complementaria ( enlaces , recursos dixitais ,software educativo ...) sobre o traballo que desenvolvemos.

domingo, 9 de marzo de 2014

Visita á Biblioteca de Monte Alto

    O xoves día 6/03/2014, fomos á Biblioteca Municipal de Monte Alto. Alí, ademais de coñecer as diferentes dependencias da biblioteca principal, asistimos a unha serie de actividades.
  1. Aprender a catalogar libros dunha biblioteca seguindo a CDU.
    Que é a CDU? Estas tres letras son as iniciais de Clasificación Decimal Universal. É dicir un código numérico no que cada número está asociado a un tema.
    Por exemplo: O número 2 é para temas de relixión
    O número 1 concreta libros de filosofía
    Para que serve a CDU? A CDU serve para clasificar e organizar libros nunha biblioteca .
  2. Aprender para que serven e como se usan as diferentes fontes e referencias de información dos libros como son:
  • Enciclopedias
  • Sumario
  • Índice
  • Introdución
  • Prefacio
  • Prólogo
  • Cronoloxía
  • Vocabulario
  • Glosario
  • Bibliografía
  • Notas



No camiño de ida e volta tivemos moi bo tempo, nin furacáns nin chubascos. Menos mal.

                                      María e Paula  











No hay comentarios:

Publicar un comentario