INICIO Do 2012 ao 2018 Do 2018 ao 2023 A CIDADE VELLA *** SELO EUROPEO DE CALIDADE AO PROXECTO : THE WEATHER THAT WE WATCH*** MAQUETAS E RECICLAXE ★ DESPEDIDAS DE PROMOCIÓNS ★

miércoles, 12 de noviembre de 2014


Algúns poetas de 5º


                    A MONTAÑA

Érase unha vez
Nunha montaña
Unha persoa moi extraña
Con dentes de rato
E barriga de cabalo
Con orellas de trasno
E boca de paxaro
Tiña un can
Pero non un can calquera
Era de cor violeta
El ía de pé
E comendo un Frigopé
Pero ao final
Era mentira
O can non era un can
Era un simple gorila

                            AUTOR: PABLO 


                   A RATA LADROA

Vouvos contar,
unha historia complicada
de redactar.
Unha rata aplicada
foi rápido  mercar
unha gran fada
con ganas de xogar.
A rata cansada
de ter que pagar
dixo que era malvada
e que a ía roubar.
A dependenta asombrada
fixoa pagar
e a rata disgustada
non volveu roubar.


                       AUTOR:  JOSÉ
 José 
                    O   CAMPO        

Nun campo de flores,
apereceu unha bolboreta,
tiña as ás rotas
e non fixo piruetas.

Noutro campo máis,
unha abella na colmea
quixo facer mel ,
pero enganchou a antena.

No último campo vai,
unha xoaniña voando
pero sorprendeulle ver
unha formiga coxeando.

AUTORA : SARAH


O PEiXE MÁIS RARO DO MUNDO

Era unha vez,
no mar un peixe
que non sabía nadar
polo fondo do mar.

Pola mañá era verde,
da cor dun verme,
pola noite estaba ledo,
e acostábase cedo.

Que peixe máis raro,
debe de ser moi caro!
                      
                           AUTORA : REBECA


      VIDEOxogos

Vicio de frikis
coma avós con "artritis".
Mentres uns saltan ao poldro,
outros co GTA : "me empotro!"

Pásanse horas,
suspenden as cousas
e nen sequera
xogan á escoba.

Uns co Fifa
outros con Mario.
Uns  flípanse
e á vez  vicianse.

    AUTOR: C.NICOLÁS MARTÍNEZ.

Dando un paseo


Estaba dando un paseo
pero deume un bo mareo
fun a casa en coche
e perdín un broche

Púxenme a ver a televisión
e o que puñan era moi molón
púxenme a comer patacas
mentres mataba unhas cantas ratas.

                      AUTORA : ANA


A formiga

Unha formiga foi pasear
e encontrou unha semente no chan
levouna a casa para cociñar
comeuna pero lle soubo moi mal.

Ao día seguinte foina visitar
unha amiguiña moi especial,
¡que sorpresa!, era a tía Mar,
a pobre estaba fatal.

                       AUTORA : JUNE


  


               O oso gracioso


Unha vez nun bosque amoroso
había un oso moi gracioso
non a todos os animais lle gustaba
pois ao oso algo lle faltaba.
Era moi gracioso
pero non tan amoroso
e era un pouco gañán.

Tiña unha noiva teimosa
e non era unha osa
era unha raposa graciosa
igual que o oso gracioso.

AUTOR: IVÁN

O  meu día no colexio

Todas as mañás
cando me desperto
quero ir ao colexio
porque me divirto

Alí teño amigos
e podo xogar
e aprendo cancións
e moitas cousas máis

Todas as mañás
cando me desperto
dígolle a miña nai:
¡quero ir ao colexio
para traballar!

AUTORA: SANDRA

A bolboreta sen ás

Había unha vez unha bolboreta,
a ela a chamaban careta,
pero ela chámase Nasa,
e ela tiña unha casa.

Un día camiñando pola ría,
escoitou a alguén que ría,
foi mirar a aquela risa,
e sen dúbida non era Isa,

a súa veciña.
E encontrou unha casiña,
era da súa curmá,
e xa acabou a rima.

AUTORA:LOLA

O río
O río é fermoso
tan fermoso coma un raposo.

Ten moita auga
tanta coma unha sauna.

Tódalas tardes
arrodeado de árbores.

Con moitas ganas
de mollalas.


AUTOR: YERAY


Adormideiras
( Adaptación dunha cantiga popular)

Din que Adormideiras é feo
porque non ten balcóns;
pero ten unhas rapazas
que rouban os corazóns

Somos de Adormideiras
non o podedes negar
xa se nos nota na cara
polos ariños do mar.


AUTOR : MARTIÑO 


DORAEMON
É o gato
cósmico
tamén mapache
que lle gusta o chocolate
e os dorallaquis
e o   seu
mellor compañeiro
é Novita
que é un
choricas
Xigante e Suneo

non son compañeiros

AUTOR : HUGO


O NENO LADRÓN

A historia que vos vou contar,
non é nada fácil de explicar,
na tenda da esquina
rouba un neno pequecho
só para poder cear.
A señora enfadouse
e chamou ao seu irmán
seu irmán uns cartos deulle
non quere reñilo
ao seu irmán pequechiño
e ao final os nenos riron
por todo o que alí viviron.
                    
                         AUTORA:IRIA


O principe e a bruxa

Isto que vos vou contar,
nun país lonxe pasou,
unha bruxa singular,
ao principe encantou.
converteuno nunha ra.


Esta bruxa raptou
a unha princesa
que era moi bela
como as estrelas
mentres choraba
a bruxa se tomaba
unha tarta de fresa.


¡Ai que mala esta bruxa
sen darlle un trociño
de tarta de fresa!

            AUTOR : NICOLÁS   QUIROGA
                           

                       O mar

No medio do mar,
un peixe saiu cantar.
Un día á hora de xantar
o peixe foi buscar
a serea máis famosa do mar
esa era Marimar ,
a que lle ensinou a cantar.
Despois foron nadar,
ao fondo do mar
e este conto rematou,
o peixe foise cantar
e non vai regresar
nunca máis ao mar.
Gif Animados
                       AUTORA : GLORIA 


11 comentarios:

Rebeca dijo...

Me gustaron mucho las poesías de June, Gloria, Pablo, José, Iván y Sarah

Sarah dijo...

As poesías son moi boas como por exemplo a de Xosé e June e outras son moi graciosas como por exemplo a de Ana e Pablo.

Rebeca dijo...

También la de Sandra, Marcos y Yeray

Gloria dijo...

A mi me gustaron el de Sandra, Nicolás y Yeray.

June dijo...

Os poemas son todos moi bos e algún que outro gracioso.

PabloMadrid dijo...

A min gustoume o poema de Iván,o de Marcos e o de Gloria encantoume.

SANDRA dijo...

A min gustoume moito as de GLORIA.REBECA.ANA e SARAH

Sarah dijo...

A mi también me gustaron mucho los de Yeray y Marcos,parecen cortas pero son preciosas.

Rebe dijo...

Gracias, Sandra

Iria dijo...

A min gustoume moito o poema de Jose

Iria dijo...

Gústame o poema de Rebeca e o de Sarah

Publicar un comentario