INICIO Do 2012 ao 2018 Do 2018 ao 2023 A CIDADE VELLA *** SELO EUROPEO DE CALIDADE AO PROXECTO : THE WEATHER THAT WE WATCH*** MAQUETAS E RECICLAXE ★ DESPEDIDAS DE PROMOCIÓNS ★

domingo, 21 de diciembre de 2014

Catro  pequenos contos de Nadal
Gif Animados


Os novos Reis
Magos

Érase unha vez en Europa o día de Reis Magos  .  Pasou unha cousa terrible,  que Baltasar rompeu un brazo porque caeu do camelo,  Gaspar rompeu o pé porque lle caeu un agasallo moi pesado encima e Melchor a perna porque caeu no deserto e un camelo  pisouno.
Tiveron que chamar aos substitutos: Xoán,Ramón e Yeray que eran novos no de repartir agasallos aínda que foran os fillos dos Reis Magos e tiñan maxia  ,   para eles era complicado.
Era o momento de saír a repartir agasallos .  Eles  confiaron en si mesmos e finalmente ... conseguírono.



                        
Pablo Otón  Caridad


 UN NADAL DESASTROSO

Xoán e a súa nai ían de vacacións de Nadal co seu irmán Rodrigo. Cando chegaron a Filadelfia, (o seu lugar de vacacións) Xoán viu a unha moza moi guapa chamada Xulia, que estaba patinando na pista de xeo.

-Nai, podo ir a pista de xeo?- preguntoulle Xoán a súa nai Susi.
- Claro, tes que coller os patíns naquel mostrador de alí.- contestoulle.
Xoán colleu os patíns, entrou na pista e intentou chegar ata Xulia, porque o seu irmán Rodrigo díxolle que cada 30 minutos soaba unha canción para bailar por parellas. Pero cando ía pedirllo o seu irmán entrou na pista, púxolle a cambadela e...¡¡PUUUM!! Caeu.
Él non puido bailar con Xulia, pero díxolle:
-Queres vir á cea de Nadal connosco?
-Vale, pero, onde é?- contestoulle Xulia.
-É no hotel Baía, no apartamento número 234.- contestoulle él.
-Vale, non faltarei.
A cea foi moi divertida e comeron moito turrón. E así foi como Xulia e Xoán fixéronse mellores amigos.

Rebeca  Moreno Vázquez

O DÍA A DÍA DE SANTA
Cando Santa recibe as cartas de todos os nenos e nenas do mundo, ten que lelas todas, e cando non ten algún xoguete chama aos Reis Magos para pedir ese xoguete.
-Ola, que tal? -di Santa.
-Ben, que queres? - responde Melchor.
-A Nancy aventura en Tokio - responde Santa.
-Vale, enviámoscha  ás 4 - di Melchor
-Vale, adeus.
As catro chaman a casa de Santa , era o xoguete que necesitaba. Despois de ter todos os xoguetes ten que clasificalos por orde alfabética ,e por idades. Xa pola noite Santa emprende o seu viaxe coa misión de repartir os agasallos a todos os nenos e nenas do 
mundo. 


  Gloria Romaní Saavedra






Os espíritos do Nadal

Hai moito tempo en Nadal , todos disfrutaban menos un señor  que odiaba o Nadal . Un día pola noite oíu un ruído , cando mirou veu un fantasma quen díxolle que virían os tres espíritos de  Nadal para que aprendese o seu significado.
  Tras unhas horas veu o espírito do Nadal pasado  e ensinoulle  que hai moito tempo  a el gustáballe moito esa festa , logo  veu o espírito   do presente  e ensinoulle  como se estaba comportando cos demais   . Finalmente chegou o espírito do Nadal do futuro  e comprobou que de seguir así sería horrible .
   Ao día seguinte  chegou o Nadal ,  pasouno ben , e así para sempre .




  Texto: Isabel  Lodeiro Ramos

  Debuxo: José  Francesh Valiño  

Gif Animados

1 comentario:

pablomadrid dijo...

A mi me gustaron mucho los cuentos de Isabel y de Gloria.

Publicar un comentario