INICIO Do 2012 ao 2018 Do 2018 ao 2023 A CIDADE VELLA *** SELO EUROPEO DE CALIDADE AO PROXECTO : THE WEATHER THAT WE WATCH*** MAQUETAS E RECICLAXE ★ DESPEDIDAS DE PROMOCIÓNS ★

sábado, 30 de mayo de 2015

DUN XOGO TRADICIONAL : A BUXAINA

A   BUXAINA

Marcos e Pablo, dous expertos lanzadores de buxaina, escriben sobre ela.

Buxainas  de hoxe e onte,   e algún truco
por
PABLO  OTÓN CARIDAD
     A buxaina é un xoguete tradicional e sobre todo moi entretido, aínda que agora xa hai moitos modelos novos. As buxainas de agora son de plástico duro e mesmo  hai algunhas que lles xira a punta e a podes coller entre os dedos e que che siga xirando,   aínda que se rompen antes cas de madeira, pero o que máis me gusta das antigas é que  podías  pintalas cun pincel da cor que quixeras.
  Un truco moi usado é o de poñer os dedos do medio separados , un con un e outro con outro e  cando os teñas postos   te  agachas e cun movemento  dos dedos, a pos rodando na man.
Debuxo:José Francesch Valiño



 Fundamentos técnicos do funcionamento da buxaina    
                                por
           MARCOS MARTÍNEZ   MALLO
Unha buxaina ou peón é un corpo que se fai xirar cun cordel sobre unha punta de metal sobre a que sitúa  o  seu  centro gravitatorio de forma perpendicular ao eixo de xiro,  equilibrándose sobre un punto grazas á velocidade angular,   que permite o desenvolvemento do efecto xiroscópico.    
       Os xiros  gradualmente diminuirán    debido   a  forza  de rozamento do aire,   conducindo a que o corpo se balancee trazando unha traxectoria circular  ao  seu punto de apoio ata que esta é  maior que o centro de gravidade   provocando finalmente a caída.
 Normalmente utilízase coma xoguete aínda que tamén foron usadas para xogos de azar e para realizar profecías e outros rituais.

           Fonte de información: Galipedia

  VÍDEO  SOBRE  A  BUXAINA

4 comentarios:

Sarah dijo...

Me gustan mucho las peonzas,yo tengo una y es bastante dificil hacer algunos trucos,pero si lo intentas muchas veces al final te sale.

Iván dijo...

Xa cánsame tanta buxaina.

Pablodepor dijo...

Yo creo que salió muy bien a todos . Les salió genial.

Iria dijo...

A mí me gustaron todas las formas de tirar la peonza , sobre todo las de Marcos y Sergio.

Publicar un comentario