INICIO Do 2012 ao 2018 Do 2018 ao 2023 A CIDADE VELLA *** SELO EUROPEO DE CALIDADE AO PROXECTO : THE WEATHER THAT WE WATCH*** MAQUETAS E RECICLAXE ★ DESPEDIDAS DE PROMOCIÓNS ★

jueves, 14 de mayo de 2015

UNHA SAÍDA POLA CIDADE VELLA


             Información elaborada por   June Roca Sedano  , Ana Sánchez-Vieites Bueno  ,  José Francesch Valiño,  Carlos Nicolás Martínez  Elvar , Rebeca  Moreno Vázquez   e  Iván Alvarez Braña          

 O  día  17 de marzo  tivemos unha saída por diversas prazas  da  Cidade Vella . 
  A  Praza de Azcárraga:
  Antigamente chamábase Praza da fariña porque alí había un gran almacén de fariña.
  Dentro desta praza está  a  Fonte do desexo:
 As autoridades querían facer unha fonte dentro da praza así que pediron diversos modelos a obradoiros de Francia. Despois de moito pensar fixeron un combinado  deles   e saíu o deseño actual.
  A pesar do seu nome, non é unha fonte do desexo para tirar moedas e que se cumpra o teu desexo.
       Construírona en honra dunha  muller  que  namorouse dun campesiño e, pola noite, ían verse ás agachadas  e para iso quedaban citados dende dúas puntas opostas dun río que tiñan que cruzar.   A muller levaba un facho que iluminaba ao  home  para que puidera chegar nadando á beira onde estaba ela. Entón o facho da  muller  apagouse cunha racha de vento e el non vía nada. Ao non ver nada o probe morreu afogado. A rapaza , como non o vía, creu  que lle pasara  algo e decidiu tirarse ao auga para ir con el  . A estatua con ela suxeitando o facho é un recordo do feito. 








 Fonte do desexo : Debuxo de José Francesch  Valiño             
PRAZA DE MARÍA PITA:  Levou 100 anos construíla, actualmente alí está  casa do Concello . No  lugar onde está situada había un espazo enorme baleiro. Foi feita para unir a zona da Pescadaría e a parte nova da cidade.
              


     Fachada do Concello da Coruña. Debuxo de  José Francesch Valiño








PALACIO MUNICIPAL : SALÓN DE PLENOS
Alí reúnese o alcalde cos concelleiros para falar con eles sobre temas da cida de   (Tamén serve para facer vodas)Na vidreira do teito están escritos os nomes de 4 mulleres moi importantes da Coruña: María Pita, Emilia Pardo Bazán, Concepción Arenal e Juana de Vega. En cada asento hai representado na madeira un acto histórico da cidade.



                        

1 comentario:

JOSÉ dijo...

Gustoume moito esta saída porque as prazas forman parte da historia da Coruña.

Publicar un comentario