Desde esta bitácora pretendemos compartir algunhas das actividades que realizamos ou trataremos de realizar . Ademais intenta ser unha ferramenta de axuda para todos aqueles alumnos/as, pais/nais e profesores/as que desexen acceder a temas de información ( libros ,revistas , enlaces , recursos dixitais ,software educativo ...) sobre o traballo que desenvolvemos

martes, 27 de octubre de 2015

De Ciencias Naturais : bacterias boas para os seres humanos. O iogur.

Como se elabora o iogur ? 
Por José  Francesch Valiño   e
Rebeca  Moreno Vázquez

      O iogur é o primeiro alimento probiótico da historia, é un produto lácteo obtido mediante a fermentación bacteriana do leite.
Pódese empregar calquera tipo de leite, aínda que a produción de iogures actual emprega o leite de vaca. A fermentación da lactosa (o azucre do leite) en ácido láctico é o que dálle ao iogur textura e sabor distinto. Esta fermentación é realizada por bacterias que oxidan a lactosa nun ambiente anaerobio dando lugar ao ácido láctico.
   Existen probas que confirman que o iogur xa se consumía hai 4.500 anos
  



 
Un iogur feito na casa.
Por Sandra  Martínez Maldonado
Eu na miña casa fago o iogur co meu sobriño e a miña nai . 
Como o fago ?
1.Colles os fermento lácticos ( que levan as bacterias ) e os lavas moi ben con auga fría porque si  os lavas con auga quente é prexudicial para as bacterias, tamén debes ter coidado de non apretalos demasiado cando os lavas .
2.Tes que coller unha cunca de cristal e poñer alí os fermentos lácticos xa lavados .
3.Antes de botar o leite na cunca tes que comprobar que sexa leite fresco para que podan fermentar correctamente .
4.Colles o cartón de leite e enches un pouco a cunca cos fermentos.
Tes que deixalos na cunca 1 semana ou 2 para que se faga o iogur .
Cando o iogur xa vai feito o pos nunha xerra . Podes facer un batido de froita ou de chocolate con el . Está moi rico.
   Un dato máis : As bacterias necesarias para que o leite se converta en iogur son
STEPTOCOCOS THERMOPHILUS e a LACTOBACILUS BULGARIES

No hay comentarios:

Publicar un comentario