INICIO Do 2012 ao 2018 Do 2018 ao 2023 A CIDADE VELLA *** SELO EUROPEO DE CALIDADE AO PROXECTO : THE WEATHER THAT WE WATCH*** MAQUETAS E RECICLAXE ★ DESPEDIDAS DE PROMOCIÓNS ★

sábado, 21 de noviembre de 2015

PLENO NO CONCELLO DE A CORUÑA



      Co gallo do 26 aniversario da   Convención  sobre   os Dereitos  do  neno   ( 20 de Novembro  de 1989) fomos convidados  polo Concello da Coruña ,  xunto con  outros colexios da cidade , a  participar nun  Pleno Infantil Conmemorativo.
   Cada  colexio centrouse nun dereito para expoñer e ao MONTEL TOUZET se lle  asignou  EDUCACIÓN.  Así presentamos  un texto elaborado en base á reflexion feita por toda  a  clase de 6º . Isto foi , en síntese,  o que Iván , Iria, Ana, José , Pablo e Rebeca  espuxeron;   froito daquelas reflexións.

                  DEREITO Á EDUCACIÓN    

  Todos  procedemos de  diferentes familias  nas que o  xeito de observar o mundo que nos rodea e de reaccionar ante diferentes situacións non coincide exactamente,  pero Independentemente da familia que teñamos,  todos coincidimos no importante que é recibir educación . Recibimos educación na casa, cos nosos ,  coa xente  que desde que nos levantamos estannos botando unha man e  dándonos apoio. Recibimos  educación en familia  cando nos recordan o importante que é o respecto e a tolerancia, e o que é máis importante cando vemos  que na súa conduta diaria os nosos pais/nais/avós/avoas  se comportan  así. 
  Cando chegamos á escola  tamén   recibimos  educación.  Dannos  unhas normas de convivencia para cumprir . Pero o fundamental  é cando vemos aos nosos profesores/as no seu labor diario , axudándonos,  e sobre todo , dándonos  exemplo de respecto ás normas.   Botando  unha man aos que máis  o necesitan, insistindo e sendo firmes en non tolerar condutas agresivas.
     Na escola aprendemos sobre a cultura e a historia dun país e iso  fainos mellores cidadáns. Aprender a redactar e  a expresarnos en varios  idiomas  axúdanos a integrarnos no mundo . 
     Consideramos  moi importante o valor educativo da solidariedade   porque  no mundo no que vivimos é fundamental poder axudar  aos que , polas razones que foran , non están recibindo educación tanto  aquí  como fóra do noso país.  
  A televisión   debe botar unha man no eido da educación  porque ás veces non axuda.  Cando acendemos a tele nun  horario normal e escoitamos  unha  linguaxe  pouco apropiada ou vemos unhas condutas  non correctas para educarnos ,  non nos está axudando.
    Nalgúns lugares do mundo a educación está moi mal : nenos que se lles obriga a traballar en vez de ir á escola, nenos que se lles obriga a coller  un arma para ir á guerra , en fin,   moito que facer aínda.  Pero nós aquí tamén temos que mellorar : máis becas para quen as precise e máis cartos  para material escolar e material das escolas   
  Sabemos que  os que nos estamos educando agora somos os adultos do futuro  e  polo tanto ben paga a pena non racanear en esforzos para mellorar.

     Foto  de familia de todos os participantes .
  
  Estas foron as nosas propostas de mellora  
  1. Suministrar máis información e cursos para axudar a erradicar as situacións de acoso a nenos que se dan en diferentes ámbitos.

 2. Suministrar  máis  información  e
máis cursos ou obradoiros para axudar a erradicar  a violencia  no deporte e sobre todo á que  rodea ao mundo  do fútbol. 


Estas son as dúas preguntas que lle
prantexamos ao Concello 
1.Como actúa o Concello
  coa xente que hoxe vive na rúa?

  2.    Como actúa o Concello coa xente que ven de fóra e non ten recursos para organizar minimamente a súa vida ? 








O PLENO NOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN:



   

1 comentario:

rebe dijo...

Foi divertido participar, pero creo que todos estabamos un pouco nerviosos porque falamos diante do alcalde.

Publicar un comentario