INICIO Do 2012 ao 2018 Do 2018 ao 2023 A CIDADE VELLA *** SELO EUROPEO DE CALIDADE AO PROXECTO : THE WEATHER THAT WE WATCH*** MAQUETAS E RECICLAXE ★ DESPEDIDAS DE PROMOCIÓNS ★

miércoles, 24 de febrero de 2016

De Ciencias Naturais : Obradoiro de Física

A TRANSMISIÓN DA ENERXÍA SONORA

                                   Os   vasos do son : 
                      por    IVÁN ÁLVAREZ BRAÑA

Materiais:
Dous vasos de plástico.
Un fío longo.
Un imperdible.
Un chisqueiro.
Unha agulla

Elaboración:
1º-Colle os vasos de plástico e failles un burato na parte de abaixo, queimando co chisqueiro a punta do imperdible (pídelle axuda a un adulto).
2º-Coa agulla intenta pasar o fío polo burato, cando o consigas, anúdao e listo.

Que sucede?
A nosa voz produce un son que se propaga polo aire en forma de onda sonora. Cando esta onda sonora choca contra un material elástico , como o fondo do vaso, e lle transmite as súas vibracións, este, a súa vez, lla transmite á corda e a través dela alcanzan ao outro vaso, onde o proceso invírtese;é dicir, a corda transmite as vibracións ao fondo do vaso e este ao aire, que propaga o son ata o oído do noso interlocutor.

 E isto ten que ver cun teléfono normal ?
Naturalmente. Nun telefono normal pasa algo parecido. No micrófono (emisor) vibra unha membrana polas ondas sonoras que chegan. Esa vibración transfórmase en corrente eléctrica que vai polo cable, e vai dar ao auricular do receptor onde se transforma de novo esa corrente eléctrica en ondas sonoras que son as que chegan á membrana do noso oído (tímpano) para que oigamos. 


  Comprobamos experimentando o seguinte:

Que o son transmítese mellor se a corda está tensa e non frouxa.
-Explicación: porque se está tensa vibra mellor e se disipa menos a onda sonora
Que o son perde calidade e volume ata desaparecer , se pegamos a corda a un corpo sólido (o comprobamos co marco de madeira das portas da nosa clase).
-Explicación: porque as ondas sonoras detéñense no material sólido co que choca a corda. 
    O vídeo 
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario