INICIO Do 2012 ao 2018 Do 2018 ao 2023 A CIDADE VELLA *** SELO EUROPEO DE CALIDADE AO PROXECTO : THE WEATHER THAT WE WATCH*** MAQUETAS E RECICLAXE ★ DESPEDIDAS DE PROMOCIÓNS ★

viernes, 5 de febrero de 2016

Sobre ras e sapos : o Entroido de 6º

Baixo os acordes ledos, do Sancristán de Coimbra, cantamos na festa do colexio, con  máis vontade que  xeito,  a seguinte copla .   

        AS   RAS  E  OS SAPOS   SEMPRE NOS MOLLAMOS 

   Estoutra morna copla,   aínda  que non a cantamos,   tamén a preparamos   e quedou de sobra .


Ás ras  e máis ós sapos
gústanos moito a festa
mais  se convida unha lesma
rexeitamos  a  oferta


Gústanos xantar con  amigos
estar con xente decente
cantar , brincar e comer
e cando cadra , auga beber

  RE...CI...CLAN...DO
     Unha vez máis . E a partir de cartóns de refugallo  que reciclamos  obtivemos unhas  duras caretas de entroido.

Image01
 No  corredor da clase  dimos boa conta das larpeiradas do entroido xunto cos nosos compañeiros de 5º e 4º . As larpeiradas duraron pouco na nosa mesa .



Ah... E que non se nos esqueza . Á volta das vacacións  os nosos corresponsais informarán sobre a interesante,  acolledora ,  participativa e moi divertida festa do Entroido  do xoves pola tarde no colexio.

                                             A todos. Feliz Entroido !

1 comentario:

Anónimo dijo...

Estas ranas y sapos que dice la copla parecen familia de las que
aparecen en el Problemiña de matemáticas (Entrada de 21 de marzo)
del cual ya hice otro comentario.

Publicar un comentario