INICIO Do 2012 ao 2018 Do 2018 ao 2023 A CIDADE VELLA *** SELO EUROPEO DE CALIDADE AO PROXECTO : THE WEATHER THAT WE WATCH*** MAQUETAS E RECICLAXE ★ DESPEDIDAS DE PROMOCIÓNS ★

viernes, 4 de marzo de 2016

Saída á Torre de Hércules

         O xoves, 3 de marzo,   fomos de visita á Torre de Hércules . Alí estivemos  aderezados cun vento do norte relativamente frío ,   pero sen chegar a  disfrutar  da chuvia regulamentariamente estipulada para esta zona,  que nos permitiría mollarnos  e  que,  de xeito habitual,   acompaña nestos paraxes . 


                            As nosas impresións da visita  

  -As vistas eran moi bonitas  . Dende alí arriba víase  toda  A Coruña  , a Ría de Ferrol  e  a Praia  das Lapas . Incluso víanse  tamén os campos de xogo de A Torre onde adestra  e  xoga moita xente  do fútbol base coruñés .

   - Algúns de nós contamos  o número de chanzos ao subirmos á Torre . Houbo certo debate sobre ese tema  : uns contamos  215,   para outros a cifra era de 234  e os monitores indicáronnos que eran 245 . Aí queda o asunto para a reflexión ...

  - Houbo  a quen lle pareceron demasiadas escaleiras  para subir ,  e  quen suxiriu que non estaría mal un aparello elevador alí, na Torre…

  - Os guías parecéronos moi ben informados e con moito sentido do humor. Parece ser  que era  o seu primeiro día .  A  nosa nota para eles  é  de  Sobresainte especialmente para Taichí ,  un xaponés que se esforzaba en comunicarnos todo no noso idioma e que o fixo moi ben  .

     Estivemos moi atentos ás explicacións  e, entre  outros  contidos  dos que  nos informaron ,  chamáronnos  a atención os seguintes:

  •        Que a Rosa dos Ventos tiña os símbolos das diferentes  tribos celtas.
  •        Que a espiral que arrodea a Torre é un  recordo da rampla externa que antes tiña para transportar  materiais .
  •        Que o enlousado leva pedras engarzadas en forma de doble T que lle dá máis consistencia.
  •        Que na zona das excavacións arqueolóxicas,  había un  pasadizo polo que o fareiro chegaba ata a súa casa que estaba alí.
  •        Que desde o alto da Torre estabamos a  120  metros sobre o nivel do mar .
  •        Que a Torre antiga era máis baixa e máis grosa que a actual.
  •        Que a lenda conta que  Hércules enterrou a cabeza do xigante co que estivo loitando tres días seguidos .
  •         Que...  Bueno, xa está  ben . O  resultado da visita en conxunto foi entre bo e moi bo. 

 
         
 As fotos



 Os debuxos

Rebeca
Gloria
Nicolás M.
José




Yeray
Iván
Natalia


      Por todo o dito recomendámovos que visitedes a Torre e que disfrutedes alí tanto coma nós.  ( Descontando a posible e case sempre imprevisible  malicia meteorolóxica)  

5 comentarios:

Rebeca dijo...

A visita pareceume entretida e chamoume moito a atención que cada un dos símbolos da Rosa dos Ventos significase unha rexión distinta.

Iria dijo...

Me encantó la visita y la vista era preciosa y no sabía que tenía tantos peldaños en las escaleras

Rebeca dijo...

A verdade é que eu pensei que habería máis escalóns porque os contei e había 215 cando eu pensaba que habería 300 ou por alí.

Sarah dijo...

Me pareció muy interesante la visita, la torre por dentro era muy chula y las vistas eran geniales.

Pablodepor dijo...

Me gustó mucho, sobre todo cuando subimos arriba de todo porque estábamos a 120 metros del mar. Y muy bien los dibujos de la torre.

Publicar un comentario