INICIO Do 2012 ao 2018 Do 2018 ao 2023 A CIDADE VELLA *** SELO EUROPEO DE CALIDADE AO PROXECTO : THE WEATHER THAT WE WATCH*** MAQUETAS E RECICLAXE ★ DESPEDIDAS DE PROMOCIÓNS ★

viernes, 13 de mayo de 2016

DE CIENCIAS NATURAIS: OS PULMÓNS

   Os pulmóns : O que  son e como funcionan  . Pulmóns artificiais . Construín  un dispositivo que  imita o seu funcionamento.

         Por   IVÁN ÁLVAREZ  BRAÑA

                      Funcionamento dun pulmón humano
Os pulmóns humanos son estruturas anatómicas de orixe embrionario , pertencentes ao aparato respiratorio, sitúanse na caixa torácica .  As súas dimensións varían. O pulmón dereito é máis grande que o seu homólogo esquerdo (debido ao espazo ocupado polo corazón). Posúen tres caras: mediastínica, costal e diafragmática, os irrigan as arteiras bronquiais  e as arteiras pulmonares que levan o sangue para a súa osixenación.

Os pulmóns son os órganos nos cales o sangue recibe osíxeno desde o aire . A súa vez o sangue se desprende do dióxido de carbono o cal pasa ao aire. Este intercambio, se produce mediante a difusión do osíxeno e o dióxido de carbono entre o sangue e os alvéolos que forman os pulmóns.

A función dos pulmóns é realizar o intercambio gasoso co sangue, para elo os alvéolos están en estreito contacto con capilares sanguíneos.

Nos alvéolos se produce o paso de osíxeno desde o aire ao sangue e o paso de dióxido de carbono desde o sangue ao aire. Este paso se produce pola diferenza de presións parciais do osíxeno e dióxido de carbono (difusión simple) entre o sangue e os alvéolos.


                              Pulmón artificial

Os pulmóns artificiais son dispositivos que reemplazan a función dos pulmóns. Estes dispositivos, chamados tamén membranas osixenadoras, realizan o intercambio de osíxeno e dióxido de carbono do sangue, e reemplazan total ou parcialmente o traballo dos pulmóns gravemente enfermos. 
                                  

            Construción dun dispositivo que imita o funcionamento dun pulmón artificial

                                   Necesitas:

 •  un vaso de plástico

•  unha palla

•  fixo

•  2 globos

•  un imperdible

•  un chisqueiro

•  tesoiras



                               Como facelo ?

1º-Coller o imperdible e queimalo co chisqueiro e facerlle un burato ( colaborando un adulto )

2º-Coller un globo e meter dentro a palla e suxeitalo con fixo.

3º-Meter a palla polo burato e suxeitala con máis fixo.


4º- Coas tesoiras cortar o rabo do globo e poñer o resto do globo pola boca do vaso de tal maneira que cando estires o globo o globo de dentro se infle.



   O vídeo do dispositivo construído por IVÁN:  

No hay comentarios:

Publicar un comentario