Desde esta bitácora pretendemos compartir algunhas das actividades que realizamos ou trataremos de realizar . Ademais intenta ser unha ferramenta de axuda para todos aqueles alumnos/as, pais/nais e profesores/as que desexen acceder a temas de información ( libros ,revistas , enlaces , recursos dixitais ,software educativo ...) sobre o traballo que desenvolvemos

martes, 31 de enero de 2017

The weather that we watch (O TEMPO QUE OBSERVAMOS)

Levamos 4 meses do proxecto eTwinning  " The weather that we watch " ( O tempo que observamos)  . Así como do proxecto  escolar "CLIMA" .

Veleiquí algúns trazos soltos das  cousas  feitas. 



















 Forman  parte das   pequenas pero interesantes aportacións da aula de 5º de primaria para dous bonitos proxectos do noso colexio .

                              GRÁFICOS  DIXITAIS
Baseándonos nos datos recollidos no termómetro de máximas e mínimas e no higrómetro - barómetro que temos no colexio , así como nunha páxina web especializada , fixemos estes gráficos .
   A recollida de datos é feita sempre entre as 11.45 e as 12.05. Faga  frío , calor,  chovendo (complicado),  nevando (aínda máis complicado )  ou lostregando ,   todos os días  medimos  temperaturas ( máxima, mínima e puntual ás 12.05)  , presión atmosférica  , humidade ,  velocidade e dirección do vento. 
   Anotamos nun cuadrante semanal e posteriormente etiquetamos un gran panel localizado na planta baixa do colexio. Tamén comprobamos e contrastamos o que os nosos compañeiros de escolas  francesas , polacas , turcas e ucranianas fan neste aspecto. 
    Con motivo desta actividade algúns alumnos teñen plantexado problemas de matemáticas  aos seus compañeiros relacionados con parámetros e medicións climáticas.

Contamos en breve con poder ampliar esta interesante actividade aos nosos compañeiros doutros cursos.

MAPA DO TEMPO ELABORADO CON CARTÓNS RECICLADOS .

No hay comentarios:

Publicar un comentario