• TRABALLAMOS BEN . TRABALLAMOS CON XEITO . RECICLAMOS. COMPARTIMOS TRABALLOS DE METEOROLOXÍA . FINALMENTE O NOSO PROXECTO ETWINNING OBTIVO O *** SELO EUROPEO DE CALIDADE E O SELO NACIONAL DE CALIDADE***
  • Desde esta bitácora pretendemos compartir algunhas das actividades que realizamos ou trataremos de realizar . Ademais intenta ser unha ferramenta de axuda para todos aqueles alumnos/as, pais/nais e profesores/as que desexen acceder a temas de información ( libros ,revistas , enlaces , recursos dixitais ,software educativo ...) sobre o traballo e os proxectos que desenvolvemos

    miércoles, 22 de febrero de 2017

    De música: sobre a frauta traveseira

           


             por ÁGUEDA  e MENCÍA






                      FRAUTA TRAVESEIRA
    Levamos 5 anos traballando e estudando a frauta traveseira.
    Estudamos música na escola municipal da Torre. A parte de tocar
    só con frautas, tamén participamos con outros instrumentos. Esa clase de actividade chámase agrupación.
    Despois hai outras dúas actividades que se chaman:
    Linguaxe Musical e instrumento.
    Na frauta distínguense varias partes que son: cabeza, corpo e pé.
    Unha frauta na orquestra soe facer os sons máis agudos.
    Uns dos frautistas mais populares é Ian Anderson.
    A frauta traveseira orixinalmente era de madeira. A frauta antiga tiña
    buratos para facela soar. Hoxe en día, na frauta de metal substitúense os buratos por chaves.
    Por todo iso gústanos tanto a frauta, pola súa historia e o seu son!

    3 comentarios: