• TRABALLAMOS BEN . TRABALLAMOS CON XEITO . RECICLAMOS. COMPARTIMOS TRABALLOS DE METEOROLOXÍA . FINALMENTE O NOSO PROXECTO ETWINNING OBTIVO O *** SELO EUROPEO DE CALIDADE E O SELO NACIONAL DE CALIDADE***
  • Desde esta bitácora pretendemos compartir algunhas das actividades que realizamos ou trataremos de realizar . Ademais intenta ser unha ferramenta de axuda para todos aqueles alumnos/as, pais/nais e profesores/as que desexen acceder a temas de información ( libros ,revistas , enlaces , recursos dixitais ,software educativo ...) sobre o traballo e os proxectos que desenvolvemos

    sábado, 1 de abril de 2017

    De meteoroloxía

    Sobre isotermas e isohietas e cun par de cartóns .

        Esta é a 2ª actividade   que  se realiza na aula de 5º de cartografía climática  ( “cartongrafía”  diríamos mellor ) . A 1ª versaba sobre  as borrascas , anticiclóns e liñas isóbaras nun mapa de Europa  . Estoutra  é sobre as liñas  isohietas e isotermas . Ambos traballos foron feitos en inglés  e en galego, e sempre sobre o mesmo  e común soporte  ,  que é , naturalmente ,  cartón reutilizado. Convén recordar aquí as tres erres ecolóxicas de educación medioambiental: REDUCIR , REUTILIZAR E  RECICLAR.  
     
     Inés e Rocío trazan sobre a parte plastificada deste mapa de Europa  as liñas isotermas e isohietas .

    No hay comentarios:

    Publicar un comentario