INICIO Do 2012 ao 2018 Do 2018 ao 2023 A CIDADE VELLA *** SELO EUROPEO DE CALIDADE AO PROXECTO : THE WEATHER THAT WE WATCH*** MAQUETAS E RECICLAXE ★ DESPEDIDAS DE PROMOCIÓNS ★

martes, 22 de mayo de 2018

DE MATEMÁTICAS : PAPIROFLEXIA E POLIEDROS

Durante o presente curso  desenvolvimos   diferentes traballos de   papiroflexia centrados en aspectos  matemáticos , básicamente poliedros  e figuras relacionadas ou derivadas  dos poliedros.  Traballos que  supuxeron    un soporte para  o ensino de  contidos  de tipo descriptivo  relativos  a  xeometría  , medidas de superficie , de lonxitude  e de volumen.
 Destreza , maña , habilidade no manexo do papel ,sentido das simetrías , estratexias para deixar ben adheridas  figuras problemáticas, procura de información en diferentes sitios sobre figuras volumétricas , en fin,  diversas  capacidades foron postas en  exercicio.

  Estas construcións de papel  foron  parte tamén  fundamental das actividades  compartidas dentro do proxecto  etwinning   deste ano:   DIGITAL MATHS NOTEBOOK .  Pódense ou poderanse ver  en breve   na sección 5 do DMN  conxuntamente cos traballos e propostas da escola francesa asociada. 

Animacións sobre os poliedros construídos en clase , e que elaboraron Simón e Xoel . 

Animación en formato .Gif  elaborada por SIMÓN 

Animación en formato .MP4   elaborada por  XOEL





















No hay comentarios:

Publicar un comentario