INICIO Do 2012 ao 2018 Do 2018 ao 2023 A CIDADE VELLA *** SELO EUROPEO DE CALIDADE AO PROXECTO : THE WEATHER THAT WE WATCH*** MAQUETAS E RECICLAXE ★ DESPEDIDAS DE PROMOCIÓNS ★

viernes, 15 de febrero de 2019

Visita á Casa-Museo de Emilia Pardo Bazán


    Aproveitando que está preto de nós  fomos andando a visitar  a Casa-Museo de Emilia Pardo Bazán  o martes , 12 de febreiro . Foi unha bonita visita  .  Varios alumnos ( Hugo, Alicia, Catalina, Lois, Fasil , Lucila ...) nos irán facendo o seu propio relato do que veron e aprenderon alí . 


       

 Así  relatamos nós a visita  
  Alicia    


Hoxe visitamos a casa museo de Emilia Pardo Bazán. A súa familia ten varios escudos. Vimos un sillón cunhas letras, P e B, de Pardo Bazán. Tivo un fillo e dúas fillas.
Visitamos tamén o seu despacho, alí era onde facía os seus libros, que estaban tapados cun cristal. Dentro dunha vitrina había un vestido que usou Emilia. Vimos unha foto dela á nosa idade. Tamén había uns cadros preciosísimos que pintou ela. Había dous tapices cuns reis.
Na sala de Manuel Murguía, a única muller que estaba alí era Rosalía de Castro e os demais eran todos homes. Na época de Emilia a xente era moi machista e só se veían fotos dela con vestido, nin unha soa foto dela en pantalóns. A ela encantáballe ler, o que era moi raro nunha nena porque daquela as rapazas non ían á escola. Era moi traballadora. Divorciouse do seu marido. Cando era cativa encantáballe recoller cunchas en Riazor, beber na fonte de Santa Margarida (etc.). Era moi boa e era filla única, non tiña a ninguén para xogar.


Así  relatamos nós a visita
Lois 

Fomos á casa de Emilia Pardo Bazán. Vimos un vestido seu, vimos tamén tapices que representaban unha  historia e que tamén servían para  secar  a humidade das paredes. 
 A historia que representaban era: Un rei que emborrachara ao fillo dunha raiña e da borracheira morrera. A raiña díxolle:
-Como te atreves???
 E para vengarse mandou que asediaran o seu castelo e cortoulle a cabeza e a meteu   nun caldeiro coa súa sangue



Así  relatamos nós a visita  
  Fasil   


A visita estivo moi interesante, ademais hai moito tempo a casa non era así, era diferente. Había un tapiz . O que mais lle gustaba a Emilia era coller cunchas da Praia de Riazor ,  tamén ir beber na fonte de Santa Margarita etc .  Vimos  tamén un vestido .

 Na planta de abaixo de todo había coma unha sala de cine pero antes había carrozas e  cando   necesitaban cabalos  para as carrozas  llos daban  os veciños  e  tamén os coidaban .

   Á cidade de A Coruña ela púxolle o nome  de MARINEDA



Así  relatamos nós a visita  
  Hugo   


   Hoxe 12 de Febreiro fomos a casa museo de Emilia Pardo Bazán.
Empezamos chegando á sala de acollida de visitantes na que limos un texto sobre a escritora Emilia Pardo Bazán.
     O máis importante foi que hai tempo as mulleres non podían ler. Despois fomos ao salón onde vimos moitos retratos familiares e un cadro igual ca sala.
Era impresionante!
   Posteriormente fomos nunha sala onde había un vestido moi bonito. A continuación,   fomos a un lugar onde Emilia escribía libros  , 15 follas ao día !
Ao final fomos abaixo,  onde só  a única muller que estaba retratada era Rosalía de Castro.  Que día máis interesante!

Así  relatamos nós a visita
Lucila


 
Así  relatamos nós a visita  
  Catalina  
 Hoxe fomos á Casa Museo de Emilia Pardo Bazán. Foi moi divertido!
Nos ensinaron a súa casa. Era preciosa!  Había tapices de historias moi interesantes e nos contaron que Emilia non tiña irmáns e que os seus país lle compraban moitos libros. Tamén nos contaron o que lle gustaba. Había un libro das normas de comportamento dos invitados. Vimos os seus vestidos e cartas que lle mandaran os seus amigos.
Ademais fomos á Real Academia Galega. Había moitos cadros de homes e un cadro de Rosalía de Castro.Tamén había un tapiz precioso.   Foi una excursión moi interesante!








No hay comentarios:

Publicar un comentario