INICIO Do 2012 ao 2018 Do 2018 ao 2023 A CIDADE VELLA *** SELO EUROPEO DE CALIDADE AO PROXECTO : THE WEATHER THAT WE WATCH*** MAQUETAS E RECICLAXE ★ DESPEDIDAS DE PROMOCIÓNS ★

DIGITAL MATHS NOTEBOOK



      DIGITAL MATHS NOTEBOOK 
            ( Caderno dixital de matemáticas) 





    Este proxecto ven de recibir o SELO DE CALIDADE NACIONAL que outorga a Axencia Nacional de eTwinning- Erasmus . Co selo nacional se premia e valora as” boas prácticas e a calidade educativa das actividades tal e como foron levadas na nosa escola".
 Cinco escolas compartiron inicialmente este proxecto sendo o CEIP CIDADE VELLA a  única que levou esta distinción .
 Sen a colaboración incondicional e moi activa de todos os que traballamos nel no noso colexio e a implicación do resto de centros educativos europeos asociados ao proxecto non podería ser conseguido este galardón para a nosa escola.



Parabéns a todos os implicados neste proxecto e en especial á Promoción de 6º de EP do curso 2017/2018 polo seu formidable traballo.


1  DE  XULLO .  FIN DO PROXECTO.

    Unha vez máis un proxecto chega ao seu fin .  DMN  foi ideado co obxectivo básico de compartir actividades asociadas ás   Matemáticas  con outras escolas europeas,   movéndonos dentro dos clásicos contidos e obxectivos   curriculares  pero chegando a eles a través de percorridos alternativos .  Foto  dixital , papiroflexia , elementos ordinarios do noso entorno … formaron parte, entre outras actividades , do noso traballo no proxecto . Resolver problemas de matemáticas que nos plantexaban alumnos de escolas situadas a miles de kmts  da nosa, tiña o  seu punto de enganche e de atractivo . Movímonos coas matemáticas en inglés como non podía ser doutra maneira xa que o  proxecto era de colaboración e proxección  intereuropea.(  eTwinning-Erasmus)  .
    Partindo dun  abano de escolas procedentes  de Bulgaria , Italia , Finlandia,  Francia e a nosa , cada unha aportou, nos tempos que puido,  os seus materiais de matemáticas  . Destacando  un curso máis a escola Francesa (Ecole  JB Bossard)  de Illas de Reunión  polas súas aportacións  ao proxecto.
      O  aproveitamento didáctico  xa quedou  constatado  e o caderno  dixital   é o produto final do traballo realizado ,  para velo  cando proceda.  Esperamos que sexa de  interés  para todos .
    En fin ,   me queda  agradecer as moi boas contribucións  das  aulas  de  4º e   EP do noso colexio  así como a colaboración especial de Sandra, a mestra de inglés ,  cun apoio permanente e eficaz a todas e cada unha das actividades que se lle solicitaron.  
        Carlos Sastre.  Autor e coordinador xeral do proxecto.
   
               ESTE É O CADERNO DIXITAL  QUE É   O  OBXECTO EDUCATIVO  FUNDAMENTAL  QUE   FOI  XENERANDO O PROXECTO NO SEU DESENVOLVEMENTO








Algunhas valoracións  sobre o noso proxecto de matemáticas feitas polos alumnos e da escola francesa JB BOSSARD feitas coa ferramenta dixista PADLET
Hecho con Padlet
Máis valoracións sobre  o proxecto




      


      1 DE OUTUBRO .  COMEZA  O PROXECTO  
 
     Participamos este ano nun novo proxecto eTwinning . Compartimos inicialmente este proxecto con escolas de Finlandia , Bulgaria  e  Francia ( Ecole JB Bossard , xa coñecida por nós  e  de   recoñecida e brillante  colaboración no proxecto do ano pasado)

   Céntrase  este curso o proxecto  en  Matemáticas  e vistas estas dun xeito moi específico : elaboramos  e  compartimos información sobre  diferentes aspectos do lugar onde vivimos  ( paisaxes , obxectos , situacións ) a través de fotografías  e debuxos  dixitalizados  que  van  comentados e analizados desde un punto de vista matemático . Con todo ese material farase un caderno  dixital de matemáticas.  Pero iso é o principio ,  o proxecto ten máis actividades.

   Esperemos que sexa de interés para todos. 

Etwinning DIGITAL MATHS NOTEBOOK . Examples to make some activities

 PRESENTACIÓN DAS ESCOLAS

A NOSA
A ESCOLA FRANCESA

A ESCOLA FINLANDESA


A ESCOLA ITALIANA




                  Información complementaria 

  Deixo aquí parte do material gráfico  que tamén está no CADERNO DIXITAL DE MATE. (DMN) por se alguén ten problemas  técnicos para acceder a el. 

CEIP CIDADE VELLA 

Problema de matemáticas en inglés sobre poliedros plantexado ás outras escolas  do proxecto Animacións sobre os poliedros construídos en clase , e que elaboraron Simón e Xoel . 

Animación en formato .Gif  elaborada por SIMÓN 


Animación en formato .MP4   elaborada por  XOEL

            
           ICS Dante . Gallarate  (Italia)  

Problema de matemáticas proposto pola escola ICS Dante . Gallarate (Italia)  

     
     Ecole J. Baptiste Bossard  (Francia ).

  Celebrouse a semana do 9 ao 13 de abril  nas Illas de Reunión (Francia) The European Languages Week (Semana das linguas europeas ) un evento tradicional francés das illas de cara ao ensino , e os nosos colegas compañeiros/as franceses presentaron este vídeo sobre o seu traballo no actual proxecto eTwinning . Bastante francés e algo de inglés.    



Ecole J. Baptiste Bossard  (Francia ). PAPIROFLEXIA  

 


 OUTRAS ACTIVIDADES CREADAS POLA ESCOLA FRANCESA PARA COMPARTIR NO PROXECTO

POLIEDROS 1  
 
POLIEDROS 1
   A Escola JB BOSSARD   elaborou  un  vídeo en francés subtitulado en inglés  explidndo de xeito resumido  a súa participación  e valoración no noso proxecto .

No hay comentarios:

Publicar un comentario