Desde esta bitácora pretendemos compartir algunhas das actividades que realizamos ou trataremos de realizar . Ademais intenta ser unha ferramenta de axuda para todos aqueles alumnos/as, pais/nais e profesores/as que desexen acceder a temas de información ( libros ,revistas , enlaces , recursos dixitais ,software educativo ...) sobre o traballo que desenvolvemos

miércoles, 20 de enero de 2016

De matemáticas : uns barcos pesqueiros...

 Jose Francesh Valiño   proponnos un problema relacionado cunha actividade económica do sector primario moi típica de Galicia , a pesca .

 No antigo porto pesqueiro da Coruña (na cidade vella) desargaron uns barcos pesqueiros. Pescaron, pola mañá, 285,45 kg de pescada e 43 polbos. Pola tarde pescaron 341 kg de pescada. Se pensan recaudar por todos os kg de pescada 958 euros, e polos polbos, 541,80 euros.

1- Canto costa cada kg de pescada? Redondea aos céntimos.

2- Canto costa cada polbo? Redondea aos céntimos.
3- Se unha peixaría merca 36 kg de pescada e 4 polbos, canto lles costou todo?  Redondea aos céntimos.

Respostas en comentarios á entrada ou correo ao blog.

No hay comentarios:

Publicar un comentario