INICIO   Do 2012 ao 2018    Do 2018 ao 2024    A CIDADE VELLA    *** SELO EUROPEO DE CALIDADE AO PROXECTO : THE WEATHER THAT WE WATCH***   MAQUETAS E RECICLAXE   ★ CIRCUÍTOS ELÉCTRICOS ★   ★ DESPEDIDAS DE PROMOCIÓNS ★
Mostrando entradas con la etiqueta celebración. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta celebración. Mostrar todas las entradas

viernes, 18 de febrero de 2022

Entroido 2022

A Rúa Cortaduría cuxo nome está asociado con cortadoría, que en galego é sinónimo de carnizaría , é o motivo para o que os/as alumnos/as de 5º e 6º foran disfrazados de carniceiras/os , actividade esta enmarcada no proxecto “ A Cidade Vella “

 



       Aquí estamos  de entroidos-carniceiros/as    no colexio 


      

 Aquí xa estamos en plena faena de  carniceiros-entroidos/as  desfilando ...un tanto entusiamados/as.

  



sábado, 13 de febrero de 2021

Entroido

Elaboramos carautas para a celebración do Entroido 

  

 Aquí estamos



     Fai clik nesta imaxe para ver os de todo o colexio



sábado, 28 de diciembre de 2019

FESTIVAL DE NADAL

    O venres, 20 de decembro , celebramos  o    Festival de Nadal   . Neste evento tivemos o honor de representar a obriña “A poza das ras” en dous pases : un para os alumnos de EI e 1º EP e o outro para o resto de primaria. Nese día disfrutamos moito das escenificacións musicais e humorísticas dos outros grupos de primaria.  
     Para nós a preparación e os ensaios  foron  entretidos  e  educativos dabondo  , contando  cuns  decoradores que fixeron o seu traballo de xeito  realmente  eficiente .

   “A poza das ras”  é unha obriña onde os animais e os seres humanos interactúan, traballan e debaten  en torno a unha poza que se seca e na que se transmite  a necesidade de non desperdiciar a auga   e  de darlle un uso correcto e eficaz  para todos .

    Neste festival tamén  recitamos un poema ,  “A noite do apalpador”  ,  que honra unha tradición galega moi antiga  nestas datas do ano.  Mediante o poema explicamos aos outros cursos a interesante e invernal historia  do Apalpador.
 Personaxe este , o Apalpador ou Pandigueiro,  cuias orixes están nas bisbarras montañosas do leste de  Galicia ( O Courel, Trives, Bierzo ...) , e no que xa levábamos traballando  semanas antes do Nadal 











             ***AQUÍ  ESTÁ O ATREZZO.  BO TRABALLO O DOS DECORADORES ! ***

A  poza  que se seca

Ferros , ferranchos, ferramentas e ... tuberías


O camión das obras


O pozo para suministrar auga

viernes, 1 de marzo de 2019

Un Entroido con moito ambiente

           
Celebramos o Entroido no  colexio ambientado no 

noso proxecto escolar  "  ***  GALIZAR O MAR *** " 


 Houbo de todo un pouco : faros , percebes, pelucas 
, diademas , piratas ,pescantinas, caroutas...


Aquí están as nosas  caroutas 



Estes somos nós coas caroutas  dun faro milenario : A Torre de Hércules



           Algo de poesía e de música       
Ao compás da melodía
do Sancristán de Coimbra
cantamos unha copla
nunha  festa compartida


                                                               Esta foi a copla que cantamos


Todos os faros aluman
Todos os faros son bos
Os uns aluman dabondo
Nos outros a luz é menor

A nosa Torre é bonita
Aluma  moito na noite
Pero ainda é moito mellor
Cando a vemos dende o solpor

Estoutra    feitiña   copla
preparar…   a preparamos
mais por razóns de tempo
cantar…  non a  cantamos     

                              Échevos moi  bonita

Os faros que dan luz con xeito
 Son  os que dan luz ao limpo
Os faros que valen moi pouco
Son os que  encubren  o lixo
Un  mar  verdecente  ou  azul
Un mar  limpo e con vida
Un mar sen lixo ou petróleo
Ese é un mar con garantía


Cantamos ben dabondo. Bos cantantes e bo preparador.


Algo de larpeiradas e todas ben cociñadas  

 Aquí estamos gozando das delicias do Entroido . 



  Boas viandas e moito larpeiro/a



  Parece que había fame .Estaba todo moi rico. 
 

viernes, 11 de enero de 2019

Festival de Nadal


      O venres , 21 de decembro  , tivemos o Festival de Nadal  e  fixemos unha representación para os nosos compañeiros de 3º, 4º , 5º e 6º titulada “ Rimas dos reis doentes".
 Esperamos que para os/as  que  a visen resultase entretido e de interese .
 Para nós , a aula de 3º, a súa preparación e ensaios foi moi formativo , educativo dabondo e certamente divertido.
  Todos axudamos un pouco : uns actuando e outros
 construíndo algúns decorados.
   Na  representación aparecen  e mencionamos con
simpatía e algo de sentido do  humor  a  diferentes
 personaxes do noso Nadal como Os Reis Magos, Papá
 Noel e o Apalpador.

          Parabéns a toda a clase polo traballo realizado !

                              ***  AQUÍ ESTAMOS    ***











lunes, 9 de enero de 2017

Festival de Nadal . “ A moa “

                

    O mércores ,  21 de decembro  , representamos para os nosos compañeiros  de 3º, 4º , 5º e  6º  a obriña de teatro titulada  “ A moa “ . Cremos que pasaron un anaco divertido, véndoa, ou polo menos  un tempo entretido  . Para nós tamén foi divertido preparala . Todos axudamos un pouco : uns actuando e outros preparando os 
decorados .

O argumento da  obriña é tan simple como interesante :  un paisano chega á vila cun dor de  moas importante e para ver un evento deportivo  ,  está  case sen  cartos  e dúas señoritas moi riseiras , algo cursis  e ás que lles falta, posiblemente,  un fervor , simulan querer axudalo .

    
  





ETIQUETAS DAS ENTRADAS .
alxibe (1) apalpador (2) Apolo 13 (1) arqueoloxía (2) astronomía (13) atletismo (1) auga (2) bacterias (2) baloncesto (4) balonmán (2) barómetro (1) biblioteca (7) biblioteca de Monte Alto (1) bodyboard (2) borrasca (1) boxeo (1) Brasil (1) buceo (2) buracos negros (1) buxaina (1) cálculo de superficies en inglés (1) cambio climático (1) cambios de estado (1) campionato de xadrez (1) Canarias (1) canción (1) canoas (1) cans (1) Carlos Casares (1) cartas (1) cartel de outono (1) Castelo de ´San Antón (1) castro (1) celebración (10) Chantada (1) ciclo da auga (1) Cidade Vella (17) ciencias (55) cine (6) circuitos eléctricos (4) clima (5) climogramas (1) coches eléctricos (1) comentamos libros (6) comentamos películas (7) Concello (3) Concello de A Coruña (4) concerto (4) condensación (1) conmemoración (15) constelacións (1) contadores de chistes (1) contaminación (4) COVID 19 (1) criba de Eratóstenes (1) cristais (1) culturas (2) damas (1) danza (2) debuxos (6) densidade (2) deportes (6) dereitos humanos (3) Día da Paz (5) Día do Libro (3) Digital Maths Notebook (2) diversidade cultural (8) eclipse (2) ecoloxía (12) ecosistema acuático (2) electroimán (1) Elviña (1) Emilia Pardo Bazán (1) encoro de Cecebre (1) entroido (14) escalada (3) escáncer (1) escritores/as (6) Estación espacial (1) estrelas fugaces (2) Etiopía (1) etwinning (3) excursión (19) experimento (11) facemos cinema (2) Fairy oak (1) festa (1) festa de despedida (1) fin de curso (2) flotabilidade (1) fontes de enerxía (1) Francisco Fernández del Riego (1) frauta traveseira (1) fungos (2) fútbol (4) Gandhi (1) gas (1) gatos (1) geogebra (1) historia (9) hobbys (4) hubble (1) incendio (2) inglés (1) instrumentos musicales (5) iogur (1) ISS (1) judo (3) kárate (1) kiosko (1) La isla del tesoro (1) larpeiradas (7) lectura (24) lenda (3) libraría (1) Luis Seoane (1) magosto (1) manualidades (11) Manuel María (1) maqueta (4) marea negra (1) María Pita (2) Marrocos (3) Marte (1) mascotas (1) matemáticas (41) matemáticas en inglés (1) maxia (1) medidas de lonxitude (1) mergullo (2) meteoroloxía (7) minerais (2) mitoloxía (1) mofos (1) monicreques (2) montaña (2) motor eléctrico (1) música (13) natación (2) natureza (7) números primos (1) obradoiro (7) ordenadores (1) outono (2) Oza dos ríos (1) pacifismo (3) pádel (1) pancartas (1) pandemia (2) papiroflexia (4) pardal (1) parque de Bens (1) Parque de Oza (1) patinaxe (2) paxaros (1) peixes (1) películas (8) penicilina (1) percusión (1) periquitos (1) perseidas (2) petroleo (2) pi (1) pinchacarneiro (1) Pinocho (1) piragüismo. (1) pirámide (1) planetas (1) plantas (5) pluviómetro (1) Poesía (8) poleas (1) policía (1) poliedros (2) poliedros en inglés (1) portas das murallas (1) Postal dixital (2) Praza de Azcárraga (1) precipitacións (3) prehistoria (1) prensa (1) presión atmosférica (1) problemas de matemáticas (27) problemas de matemáticas en inglés (1) Proxecto de ciencias en inglés (1) pulmóns (1) pulsómetro (2) rap (1) ras (3) reciclaxe (14) redacción (9) redes sociais (1) reloxo de sol (1) respiración (1) revista dixital (6) Ría do Burgo (1) río Mandeo (1) robots industriais (1) rocódromo (2) Romanía (1) Rosalía de Castro (1) rúas (1) scouts (1) seguridade en internet (2) Sir John Moore (1) solidariedade (1) Stephen Hawking (1) surf (2) taboleiro de xadrez (1) taboleiro de damas (1) tambores (1) tangram (1) teatro (13) tecnoloxía (23) telescopio espacial (1) temperaturas (1) tempo atmosférico (4) temporal (4) termómetro (1) termómetro construido na escola (1) The weather that we watch (1) Titanic (1) Torre de Hércules (4) transmisión de son (1) trens (1) urco (1) vacas (1) valores cívicos (8) vaporización (1) Victor y el monstruo (1) vídeo musical (1) videoconferencia (2) violín (1) viravolta (1) volcán (1) voleibol (1) xabaril (1) xadrez (2) xeo (1) xeografía (5) xeometría dixital (1) xerminación (1) ximnasia rítmica (1) xogos (4) xogos tradicionais (1) xordos (1)