INICIO   Do 2012 ao 2018    Do 2018 ao 2024    A CIDADE VELLA    *** SELO EUROPEO DE CALIDADE AO PROXECTO : THE WEATHER THAT WE WATCH***   MAQUETAS E RECICLAXE   ★ CIRCUÍTOS ELÉCTRICOS ★   ★ DESPEDIDAS DE PROMOCIÓNS ★
Mostrando entradas con la etiqueta conmemoración. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta conmemoración. Mostrar todas las entradas

viernes, 1 de julio de 2022

Curso finalizado e nova etapa .

  Déixovos aquí dous enlaces :  un ás fotos e vídeos da excursión ao Grove xunto cun traballo en inglés sobre a mesma  e o outro é un enlace ao vídeo sobre esta promoción de 6º que vimos no acto de graduación.

 Moita  sorte e felices vacacións !! 

                                  Carlos

      EXCURSIÓN AO GROVE  .  FAI CLIK AQUÍ .  

      

      VÍDEO DA PROMOCIÓN  DE 6º    

   

sábado, 30 de enero de 2021

Día da Paz


  Na semana do 25  ao 29  elaboramos  en todas as aulas do colexio  carteis  relativos ao Día da Paz.

Este foi  o noso . Fai clik aquí e verás o dos demáis



sábado, 28 de diciembre de 2019

FESTIVAL DE NADAL

    O venres, 20 de decembro , celebramos  o    Festival de Nadal   . Neste evento tivemos o honor de representar a obriña “A poza das ras” en dous pases : un para os alumnos de EI e 1º EP e o outro para o resto de primaria. Nese día disfrutamos moito das escenificacións musicais e humorísticas dos outros grupos de primaria.  
     Para nós a preparación e os ensaios  foron  entretidos  e  educativos dabondo  , contando  cuns  decoradores que fixeron o seu traballo de xeito  realmente  eficiente .

   “A poza das ras”  é unha obriña onde os animais e os seres humanos interactúan, traballan e debaten  en torno a unha poza que se seca e na que se transmite  a necesidade de non desperdiciar a auga   e  de darlle un uso correcto e eficaz  para todos .

    Neste festival tamén  recitamos un poema ,  “A noite do apalpador”  ,  que honra unha tradición galega moi antiga  nestas datas do ano.  Mediante o poema explicamos aos outros cursos a interesante e invernal historia  do Apalpador.
 Personaxe este , o Apalpador ou Pandigueiro,  cuias orixes están nas bisbarras montañosas do leste de  Galicia ( O Courel, Trives, Bierzo ...) , e no que xa levábamos traballando  semanas antes do Nadal 











             ***AQUÍ  ESTÁ O ATREZZO.  BO TRABALLO O DOS DECORADORES ! ***

A  poza  que se seca

Ferros , ferranchos, ferramentas e ... tuberías


O camión das obras


O pozo para suministrar auga

jueves, 16 de mayo de 2019

Festival das Letras Galegas 2019



No Festival das Letras Galegas  participamos  coa canción “ Meu o 
mundo é “   e un recital  de  poemas de  diversos poetas galegos, 
dende Rosalía ata Xoán Babarro,  que representamos para os nosos 
compañeiros de 4º, 5º e 6º de Primaria , esperamos que fose de interese para todos e todas os que as visen

    Disfrutamos razoablemente   vendo as xeitosas  , amenas e  virtuosas actuacións artístico-musicais preparadas polos  grupos de 4º,5º e 6 º .  Cunha curiosa “interpretación-recreación” do Himno Galego, sen dúbida moi interesante .  Houbo  un ledo  final da velada coa canción "Manola" bailada e cantada  case ao unísono polos alí asistentes mentras seguían con certa fidelidade o simpático vídeo  de Youtube que aparecía na pantalla.
     Para nós, a aula de 3º, a  preparación e ensaios para  o festival  foi moi formativo , educativo dabondo e certamente divertido.
 
   Bo traballo o realizado polos nosos  cantantes , decoradores e recitadores  e sobre todo  estes últimos que souberon transmitir moi ben  os poemas a pesar dalgún contratempo técnico que tiveron nesa actuación ( de súpeto… o micrófono deixou de funcionar ).  Contratempo este, suplido e  superado polo  saber facer e saberse comportar  de todos estes alumnos  de 3º.
         Parabéns a todos eles  !


   Aquí temos aos nosos cantantes: algo psicodélicos  e un tanto 
ye-yés




    Por aquí andan os recitadores de poemas galegos   : con seriedade e virtuosismo . Como debe ser  .






martes, 5 de febrero de 2019

Celebramos o Día da paz


   O día  30 de  xaneiro celebramos o Día da Paz .
   Fotos , vídeos , carteis , lemas e textos sobre a paz. 
  




                                                A PAZ É MOI BONITA

                                              TEXTO  SOBRE A PAZ
       
 " En calquera ámbito ( entre estados , territorios, comunidades de veciños, seguidores de equipos de fútbol ou baloncesto , institucións educativas...) hai que animar e  estimular de  diferentes maneiras  a todos e a todas a que cumplan as normas de convivencia , as leis e os regulamentos ,  como auténticas garantes da paz .
     De todos é sabido que as sociedades e as institucións deben de rexirse por normas de convivencia , ademais das leis xerais ,  e non como se fosen cortijos , granxas  , leiras  privadas ou mesmo a barra dun  bar. 

Unha convivencia sana e democrática é a mellor garantía da paz  . Desde terceiro animamos a todos e a todas a facer un esforzo e a cumprir co dito no primeiro parágrafo. "




                              -NON Á GUERRA


                                                       A PAZ  IMPORTA





                                        A PAZ É O CAMIÑO 
 ( ás veces recto , ás veces con moitas curvas  e ás veces algo embarrado,  pero sempre hai que andalo ) 
 
Fixemos unha conmemoración do Día da Paz : moita algarabía, algo parecido a baile e sobre  todo  ledicia e bo humor.  

                                    OS   VÍDEOS 

VÍDEO 1
   

                                      VÍDEO 2

martes, 12 de junio de 2018

ACTO DE DESPEDIDA DA NOSA PROMOCIÓN NO PARANINFO



Este luns  , 11 de xuño , tivemos  o acto de despedida da nosa promoción  nun marco  espectacular como é o Paraninfo da Maestranza , compartimos o acto co festival dos nosos compañeiros de Educación Infantil .
  No acto de despedida , presentado por Paula e Jesús  , actuaron varios grupos de alumnos  da clase, ben cantando ou ben interpretando coa  frauta traveseira e o piano .Todas as  actuacións  foron preparadas nun tempo récord.
  PARABÉNS A TODOS ELES  !!!
Neste acto déuselle aos alumnos un diploma de recoñecemento do seu paso polo noso colexio  que estrenaba nome : CEIP CIDADE VELLA. 
    Déixovos aquí o vídeo de recordo da promoción que elaborei  e  que creo que foi  do agrado de todos , polo menos  esa foi a miña intención . O podedes descargar de aquí directamente  ou se tedes algún problema para elo pasádeme un pendrive e grabámolo  aí . 
  Moitas grazas a  todos polo agasallo  que recibín !
 

lunes, 30 de abril de 2018

DÍA DO LIBRO

     Nun   23 de abril de hai 400 anos  aproximadamente  morreron dous escritores da literatura universal :  William  Shakespeare  e  Miguel de Cervantes . 
    Con motivo desta dobre coincidencia  celébrase  o Día do Libro  .  Nós  tamén   o celebramos .

    Así  ese día recibimos a visita na nosa clase dos compañeiros da aula de 5 anos  que nos recordaron  dun xeito moi bonito o motivo  desta celebración.  Posteriormente  compartimos   no patio ( afortunadamente acompañounos  o bo tempo)  a lectura de contos  cos nosos compañeiros de  E. Infantil de 3 anos 

 AQUÍ ESTAMOS

miércoles, 17 de mayo de 2017

Celebración Día das L. Galegas

            Artistas  en xeral . Parabéns a todos !


Despois de gozar das amenas actuacións dos nosos compañeiros
de 6º, 4º e 3º,  nós representamos para eles unha recreación do 
conto  LOLO ANDA EN BICICLETA de Carlos Casares 
autor ao que se dedica este ano o Día das Letras Galegas 
e  no que, ao igual que noutras ocasións ( non en todas ),
a academia  honra a unha persoa   na que se unen unha
extraordinaria valía literaria e un compromiso real co país.
 
Para nós, a preparación da obra e ensaios na nosa aula e
corredores anexos  foi  moi  divertido , educativo dabondo e,
se cadra, algo formativo .  
Sentimos a ausencia dun compañeiro que tiña que actuar , Xoel, 
pero foi ben substituído por Lucas. 
Esperamos que aos/ás que lle cadrou véla tamén a atoparan
entretida. 
  
  Ciclistas con bici ( Lolo/Mikel e Suso/Jesús)

                    Decoradoras elaborando os diversos  fondos
                    de escenario.    

martes, 25 de abril de 2017

Unha bonita lectura compartida

     Nun   23 de abril de hai 400 anos  aproximadamente  morreron dous escritores da literatura universal :  William  Shakespeare  e  Miguel de Cervantes . 
    Con motivo desta dobre coincidencia  celébrase  o Día do Libro  .  Nós  tamén   o celebramos compartindo a lectura cos nosos compañeiros de  E. Infantil de 5 anos 
Aquí estamos 







jueves, 23 de junio de 2016

Despedida de sexto curso .

    Celebramos o festival e despedida de 6º no Paraninfo da Universidade de A Coruña , un lugar cunhas vistas espectaculares  á bahía.

Parabéns aos presentadores  Iván e Natalia.
        A partir dunhas extraordinarias  e meritorias   actuacións  dos músicos Pablo , Yeray , José  e Rebeca continuamos cunha     representación  musical de cine:   “Mix:dance and sing" dos temas Shake it off , Thriller e Sax  feita pola clase de sexto baixo  a  dirección artística das profesoras  Pili Ramos e  Asun.
    Seguidamente  houbo a presentación do vídeo sobre o grupo .  Celebro que o vídeo presentado  vos agradara a todos. Deume algo de chollo facelo pero a satisfación de velo feito fixo que pagara a pena.
    Posteriormente tivo lugar a entrega dos diplomas .


Grazas  á Universidade  da Coruña e  en particular  aos pais de alumnos que colaboraron máis directamente no evento .    Finalmente   moitas  grazas  a todos os pais/nais   dos  alumnos de 6º  pola  colaboración intensa e correcta   mantida durante  estes dous anos .    
ENLACE ÁS FOTOS DO EVENTO 

                               
                                 Un cordial saúdo de Carlos.  

 
     .   

sábado, 21 de mayo de 2016

CELEBRAMOS O DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Aínda que non foi sempre así , este ano o Día das Letras Galegas  combina na persoa de Manuel María unha extraordinaria valía literaria xunto cun compromiso vital de loita nun  escenario tan  complicado  como ao que  se  enfrontaba a cultura e lingua  galega no anterior réximen político .

******************************************************************
      Con algo de xeito,  bastantes ganas  e cun tempo récord de preparación  ( xusto  2 días antes)  fixemos unha   presentación das letras galegas para todos os  nenos e nenas   do colexio. No mesmo acto escoitamos uns bonitos poemas que nos dedicaron os nosos compañeiros de 5º .  

                                 
  Na presentación incluimos dous fondos musicais



  De   Luar Na Lubre : Gallaecia



  De  Gwendal  :  Irish Jig
  Tres  vídeos  : 
   - un vídeo animación  do  poema  O señor gato     musicado  por Uxía .
 
                            - - - un  vídeo co texto  do poema   O Carro  de   Fuxan os Ventos.

                            -  

UN VÍDEO-DOCUMENTAL SOBRE  MANUEL MARÍA NA PLANTACIÓN DUNHA ÁRBORE

   .

Un audio cun RAP sobre a vida de Manuel María elaborado con moito xeito por un docente .


                            
  Tamén incluimos algúns  gráficos-gifs de gatos e trapalladas equivalentes. 


 

******************************************************************

Parabéns para: 
  • os presentadores:  Marcos , Sandra, Iria  Iván e Rebeca  
  • os realizadores : Sabrina , José, Nico Martínez, Pablo  e Sarah  
  • outros colaboradores  : Natalia , Yeray , Gloria , Martiño e Hugo.
   ( Se cadra deixei a algún sen mencionar . O luns revisámolo  )
     












Finalmente quero recordar que  os ordenadores  utilizados foron  os que nos cederon  do seu traballo  os profesores Martiño e Asun  . Gracias aos dous .

lunes, 18 de mayo de 2015

lunes, 3 de febrero de 2014

GANDHI é lembrado no Día da Paz . Traballo de Carmen Álvarez Rodríguez.

Traballo elaborado co programa SCRIBUS (Ferramenta de edición de textos ).Trátase de software libre , disponible dentro da maqueta ABALAR e descargable no seguinte enlace http://wiki.scribus.net/canvas/Download/
ETIQUETAS DAS ENTRADAS .
alxibe (1) apalpador (2) Apolo 13 (1) arqueoloxía (2) astronomía (13) atletismo (1) auga (2) bacterias (2) baloncesto (4) balonmán (2) barómetro (1) biblioteca (7) biblioteca de Monte Alto (1) bodyboard (2) borrasca (1) boxeo (1) Brasil (1) buceo (2) buracos negros (1) buxaina (1) cálculo de superficies en inglés (1) cambio climático (1) cambios de estado (1) campionato de xadrez (1) Canarias (1) canción (1) canoas (1) cans (1) Carlos Casares (1) cartas (1) cartel de outono (1) Castelo de ´San Antón (1) castro (1) celebración (10) Chantada (1) ciclo da auga (1) Cidade Vella (17) ciencias (55) cine (6) circuitos eléctricos (4) clima (5) climogramas (1) coches eléctricos (1) comentamos libros (6) comentamos películas (7) Concello (3) Concello de A Coruña (4) concerto (4) condensación (1) conmemoración (15) constelacións (1) contadores de chistes (1) contaminación (4) COVID 19 (1) criba de Eratóstenes (1) cristais (1) culturas (2) damas (1) danza (2) debuxos (6) densidade (2) deportes (6) dereitos humanos (3) Día da Paz (5) Día do Libro (3) Digital Maths Notebook (2) diversidade cultural (8) eclipse (2) ecoloxía (12) ecosistema acuático (2) electroimán (1) Elviña (1) Emilia Pardo Bazán (1) encoro de Cecebre (1) entroido (14) escalada (3) escáncer (1) escritores/as (6) Estación espacial (1) estrelas fugaces (2) Etiopía (1) etwinning (3) excursión (19) experimento (11) facemos cinema (2) Fairy oak (1) festa (1) festa de despedida (1) fin de curso (2) flotabilidade (1) fontes de enerxía (1) Francisco Fernández del Riego (1) frauta traveseira (1) fungos (2) fútbol (4) Gandhi (1) gas (1) gatos (1) geogebra (1) historia (9) hobbys (4) hubble (1) incendio (2) inglés (1) instrumentos musicales (5) iogur (1) ISS (1) judo (3) kárate (1) kiosko (1) La isla del tesoro (1) larpeiradas (7) lectura (24) lenda (3) libraría (1) Luis Seoane (1) magosto (1) manualidades (11) Manuel María (1) maqueta (4) marea negra (1) María Pita (2) Marrocos (3) Marte (1) mascotas (1) matemáticas (41) matemáticas en inglés (1) maxia (1) medidas de lonxitude (1) mergullo (2) meteoroloxía (7) minerais (2) mitoloxía (1) mofos (1) monicreques (2) montaña (2) motor eléctrico (1) música (13) natación (2) natureza (7) números primos (1) obradoiro (7) ordenadores (1) outono (2) Oza dos ríos (1) pacifismo (3) pádel (1) pancartas (1) pandemia (2) papiroflexia (4) pardal (1) parque de Bens (1) Parque de Oza (1) patinaxe (2) paxaros (1) peixes (1) películas (8) penicilina (1) percusión (1) periquitos (1) perseidas (2) petroleo (2) pi (1) pinchacarneiro (1) Pinocho (1) piragüismo. (1) pirámide (1) planetas (1) plantas (5) pluviómetro (1) Poesía (8) poleas (1) policía (1) poliedros (2) poliedros en inglés (1) portas das murallas (1) Postal dixital (2) Praza de Azcárraga (1) precipitacións (3) prehistoria (1) prensa (1) presión atmosférica (1) problemas de matemáticas (27) problemas de matemáticas en inglés (1) Proxecto de ciencias en inglés (1) pulmóns (1) pulsómetro (2) rap (1) ras (3) reciclaxe (14) redacción (9) redes sociais (1) reloxo de sol (1) respiración (1) revista dixital (6) Ría do Burgo (1) río Mandeo (1) robots industriais (1) rocódromo (2) Romanía (1) Rosalía de Castro (1) rúas (1) scouts (1) seguridade en internet (2) Sir John Moore (1) solidariedade (1) Stephen Hawking (1) surf (2) taboleiro de xadrez (1) taboleiro de damas (1) tambores (1) tangram (1) teatro (13) tecnoloxía (23) telescopio espacial (1) temperaturas (1) tempo atmosférico (4) temporal (4) termómetro (1) termómetro construido na escola (1) The weather that we watch (1) Titanic (1) Torre de Hércules (4) transmisión de son (1) trens (1) urco (1) vacas (1) valores cívicos (8) vaporización (1) Victor y el monstruo (1) vídeo musical (1) videoconferencia (2) violín (1) viravolta (1) volcán (1) voleibol (1) xabaril (1) xadrez (2) xeo (1) xeografía (5) xeometría dixital (1) xerminación (1) ximnasia rítmica (1) xogos (4) xogos tradicionais (1) xordos (1)