INICIO   Do 2012 ao 2018    Do 2018 ao 2024    A CIDADE VELLA    *** SELO EUROPEO DE CALIDADE AO PROXECTO : THE WEATHER THAT WE WATCH***   MAQUETAS E RECICLAXE   ★ CIRCUÍTOS ELÉCTRICOS ★   ★ DESPEDIDAS DE PROMOCIÓNS ★
Mostrando entradas con la etiqueta valores cívicos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta valores cívicos. Mostrar todas las entradas

sábado, 29 de febrero de 2020

De valores cívicos: diversidade, respecto e linguaxes. A comunicación cos xordos.

   O venres tivemos un obradoiro-contacontos impartido por monitores da Federación de Xordos de Galicia.
Tivo lugar no salón de actos .
 

 Aprendimos moitas cousas sobre empatía , valores cívicos , respecto e algunhas técnicas de comunicación co linguaxe de signos para os xordos así como a expresar o seu abecedario . 


 
  A visita foi realmente interesante e compartida cos nosos compañeiros de 3º .  É dos obradoiros que sempre quedan gravados na memoria. 


         

    Este obradoiro  tróuxonos algo para recordar e que as veces o esquecemos  : a convivencia  na diversidade  dase  cando  hai respecto aos dereitos de todos .

jueves, 30 de mayo de 2019

DE DIVERSIDADE CULTURAL.

            Durante  este curso 4 alumnos espuxéronnos a toda a clase algúns aspectos    ( xeografía , cultura  , paisaxes  , vivencias , idioma ,comidas, sistemas de numeración , algunhas traducións...)  sobre  3 países cos que eles teñen  certos  vencellos .
  Disfrutamos todos da súa exposición e , obviamente, despois da mesma  recibiron un forte  e merecido aplauso dos seus compañeiros


Rayan e Badar    sobre  Marrocos.
Fasil  sobre  Etiopía.

Denis sobre Romanía
   

 **********   ROMANÍA  ***********



 **********   MARROCOS ***********



 



 **********   ETIOPÍA   ***********





jueves, 25 de abril de 2019

martes, 9 de abril de 2019

DE MATEMÁTICAS E VALORES CÍVICOS .

*** Xa temos a  8  alumnos/as que constestaron correctamente a todas as preguntas . Uns en formato dixital e outros en  formato manuscrito . 
  *** PARABÉNS A MANU , SOFÍA MALAGÓN  ,  LUCILA, HUGO , LOIS , EIZÁN , SOFÍA ÁLVAREZ  E  BRAYAN    !!! ***

Ao remate desta entrada reproducimos literalmente as correctas , precisas e matematicamente ben razoadas respostas que deron estes alumnos /as .



        UN PROBLEMA PARA AS VACACIÓNS


Estimados  alumnos/as  : vouvos plantexar eu , como voso titor, este problema que ten algo de real , un pouco de conto e , se cadra , de lenda máis ou menos urbana do vello barrio coruñés de Monte Alto  .

                                             O  conto


   Resulta que no lugar que hoxe ocupa o Polideportivo do Club do Mar de San Amaro había unha charca moi grande coñecida polo nome de A Ría , de cando en vez visitada polos que fomos veciños de Monte Alto e sobre todo dos que fomos moradores da Agra de San Amaro durante moitos anos. Parece ser que tempo antes fora un brazo de mar, o cal chegaba ata alí mesmo e de aí o nome .
 Disque preto da ría  houbo un vello e ruinoso castelo.

Pois ben, da marxe norte da Ría xurdía un carreiro empinado que ía dar a unhas fontiñas cun vello lavadoiro e outra charca máis pequena. Estoutra charca é o escenario para o noso problema.

A charca estaba habitada por unha tribo de ras e sapos que mandaba unha vella ra , tan vella como lista e testuda  , chamábase Frogha . O feito que a xefa fora unha ra non era ben visto por algúns sapos (unha minoría deles, o grupo opositor) e tamén por algunhas ras que andaban sempre moi  alporizadas e que opinaban que os sapos tiñan máis nivel e que por tanto tiñan que mandar porque si.



 A lenda conta que  unha noite de verán achegouse á charca un exército de bichos de dimensións enormes . Alí estaban:

1.      Lesmas baballando ao fronte

2.      Píntegas con debuxos de guerra na súa pel

3.      Escornabois remexendo o ar cun barullo infernal

4.      Vagalumes alumeando a noite e converténdoa nun dia de pavorosa  luz

5.      Saltóns movéndose en zigzag como chuvia de frechas.

Ameazaban con comer todo e expulsar a tribo de batracios alí existente. 

 
 

A xefa da tribo convocou unha xuntanza de urxencia  e explicoulles aos alí reunidos que para derrotar  a todo aquel exército  existía  un  determinado elixir de veleno. Pero que tiñan que saber a cantidade exacta de veleno a preparar  para cada bicho  senón non faría efecto. 


O xefe do grupo de sapos opositores,  chamábase NAPOLEÓN , aínda que el quixera que a súa nai lle puxera de nome AUGUSTO CÉSAR .  Era un sapo  bastante voluminoso,  torpe ,  de carácter faltón  ,  con fama inmerecida de chistoso , e fachendoso ata a náusea  ( había quen aseguraba que podía ser medio sapo e medio lesma dado as cantidades de baba que deixaba o seu paso). Pois ben, NAPOLEÓN  dixo que aquilo era unha parvada e que só a unha ra se lle podía ocorrer tal cousa. Os poucos seguidores sapos que tiña aplaudiron ese comentario “enxeñoso” axitando as engurras do pescozo e tamén o fixeron as ras da súa corda , moi alporizadas, e que asentiron mentres berraban e repetían “Ai si , que é un gran sapo e sempre ten razón !!


 O resto, a inmensa maioría da asemblea da tribo das  ras e sapos  , fixo un respectuoso silencio cando Frogha, a xefa, seguiu  describindo o  complicado escenario do conflito que se achegaba.  Falou con voz tranquila e firme. 


 -Se lles permitimos que entren na nosa charca non quedará nada útil, nada que pague  a pena  , nin comida para nós nin augas limpas para poder beber e nadar en liberdade .  
           

                               O PROBLEMA
 Aplica o que coñezas sobre dobre, triple,metade, hectolitros , centilitros e litros  para axudar a Frogha a derrotar ao  exército de bichos  e polo tanto contesta  a estas 

                              4  Preguntas



   Veñen un camión e unha furgoneta  cargados con todo o elixir de veleno  que van  utilizar. O camión trae 4 hl de elixir de  veleno  e  a  furgoneta trae 200 cl.   

 1.  Cantos litros  de elixir  traen en total entre o camión e a furgoneta  ?

 2. Para  acabar cos escornabois   precisan a metade  do total de litros  .  Cantos litros   precisan exactamente ?

 3. Para  acabar cos  saltóns  e as lesmas   precisan  o triple de 50 litros  .  Cantos litros   precisan exactamente ?

 4. Para  acabar cos   vagalumes  e as píntegas   precisan  o  resto de elixir de veleno que  lles quedou aínda sen usar despois de haber acabado cos outros bichos .   Cantos litros   precisan exactamente ?









Conta a lenda que esta batalla puido ser gañada, que Frogha 
confirmou o seu  poder e seguiu gobernando con xustiza a tribo durante moitos anos e que chegaron a un acordo de convivencia  pacífica  con toda a bichería de San Amaro e Monte Alto compartindo  espazos de charcas , lameiros e prados  . 

 

   A partir daquela batalla   sapos e ras sabían que  para os seus fillos e fillas , o mérito e o traballo  era o criterio fundamental para ser elixido xefe ou xefa da tribo  e que daba igual que foras  ra ou sapo , gordo/a ou fraco/a ,  novo/a ou vello/a, cos ollos vermellos , marróns ou laranxas metalizados, ter a pel  amárela , branca, negra  ou marrón silvestre ,  ser nado en Beirut , en Berlín ou en Coirós, ser fillo ou filla de Xan ou de Pericán , ser amigo ou amiga de  fulano ou de mengano...  

 Como afirmaba nalgunhas  ocasións Frogha  “Gobernar unha tribo de ras e sapos  é  máis  complicado que rexir unha granxa. As ras e os sapos son xente... xente moi intelixente , aquí as  cousas hai que facelas  con xeito” . 

 

      Tamén cóntase que  NAPOLEÓN  cambiou, cambiou e cambiou , e tanto cambiou no futuro,  que un día as ras e os sapos da súa corda , que en si non eran malos/as , máis que nada faltáballes un  fervor/ura ,  regaláronlle un trofeo  moi grande,  pero que  moi grande… E de ouro ! Para que puidera seguir facendo o que máis lle gustaba:  presumir  diante das  ras e os sapos .
 E disque  as ras ( as da súa corda , non as outras )  , mesmo  ás veces achegábanse a  el  croándoo  co poderoso , emblemático  e suxestivo nome  de AUGUSTO CESAR FILEMÓN .
   Cando se retirou da charca ninguén  o botou de menos  agás ... as  ras e sapos  da súa corda  .  
 Xa cerca do seu  retiro déronlle unha coroa de loureiro  cunhas floriñas  nun día  que orballaba de abondo  na Ría de San Amaro  .   Pero isto … xa é outra historia, tamén con enjundia , e excede, obviamente,  o contido do noso interesante  problema. 



  Respostas a este problema    ao correo do blog , como comentario  á entrada    ou á volta  ao colexio. 

  Pasade unhas boas vacacións  e recargade as baterías  .



                                                                   Carlos

 

                  ***  RESPOSTAS CORRECTAS  QUE NOS ENVIARON ***



 MANU ,  LOIS ,   HUGO  ,  EIZÁN , SOFÍA ÁLVAREZ E BRAYAN   ENVIARON  POR DIFERENTES MEDIOS  O PROBLEMA ASÍ CONTESTADO  PARA AXUDAR A FROGHA

1. 402 litros
4 hectolitros son 400 litros
200 centilitros son 2 litros
400+2=402 litros 

2. 201 litros 
402:2=201 litros 

3. 150 litros 
50×3 =150 litros 

4. 51 litros 
201+150=351 litros 
402-351=51 litros 

Para saber que está bien sumé :
201+150+51=402 litros. 

 LUCILA

SOFÍA  MALAGÓN



lunes, 21 de marzo de 2016

Sobre ras , sapos e lesmas…De matemáticas e valores cívicos


Como  o prometido é débeda  e dado que o último problema proposto no Blog por José, resolvémolo entre toda a clase, vouvos plantexar eu , como voso titor, este problemiña que ten algo de real , un pouco de conto e , se cadra , de lenda máis ou menos urbana .


            PROBLEMIÑA DE MATEMÁTICAS

Resulta que no lugar que hoxe ocupa o Polideportivo do Club do Mar de San Amaro había unha charca moi grande coñecida polo nome de A Ría , de cando en vez visitada polos que fomos veciños de Monte Alto e sobre todo dos que fomos moradores da Agra de San Amaro durante moitos anos. Parece ser que tempo antes fora un brazo de mar, o cal chegaba ata alí mesmo e de aí o nome.
Pois ben, da marxe norte da Ría xurdía un carreiro empinado que ía dar a unhas fontiñas cun vello lavadoiro e outra charca máis pequena. Estoutra charca é o escenario para o noso problema.
A charca estaba habitada por unha tribo de ras e sapos que mandaba unha vella ra , tan vella como lista e testuda  , chamábase Frogha . O feito que a xefa fora unha ra non era ben visto por algúns sapos (unha minoría deles, o grupo opositor) e tamén por algunhas ras que andaban sempre moi  alporizadas e que opinaban que os sapos tiñan máis nivel e que por tanto tiñan que mandar porque si.
 A lenda conta que  unha noite de verán achegouse á charca un exército de bichos de dimensións enormes . Alí estaban:
  1. Lesmas baballando ao fronte
  2. Píntegas con debuxos de guerra na súa pel
  3. Escornabois remexendo o ar cun barullo infernal
  4. Vagalumes alumeando a noite e converténdoa nun dia de pavorosa  luz
  5. Saltóns movéndose en zigzag como chuvia de frechas.
Ameazaban con comer todo e expulsar a tribo de batracios alí existente.
A xefa da tribo convocou unha xuntanza de urxencia  e explicoulles aos alí reunidos que para derrotar  a todo aquel exército  existían  uns  determinados velenos  . Pero que tiñan que saber o número exacto de cada bicho para preparar a cantidade exacta de veleno, senón non faría efecto. 
O xefe do grupo de sapos opositores,  chamábase Napoleón , aínda que el quixera que a súa nai lle puxera de nome Augusto Cesar Era un sapo  bastante grande,  torpe ,  de carácter faltón  con fama inmerecida de chistoso , e fachendoso ata a náusea  ( había quen aseguraba que podía ser medio sapo e medio lesma dado as cantidades de baba que deixaba o seu paso). Pois ben, Napoleón  dixo que aquilo era unha parvada e que só a unha ra se lle podía ocorrer tal cousa. Os poucos seguidores sapos que tiña aplaudiron ese comentario “enxeñoso” axitando as engurras do pescozo e tamén o fixeron as ras da súa corda , moi alporizadas, e que asentiron movendo as súas delicadas ancas mentres berraban e repetían “Ai si , que é un gran sapo e sempre ten razón !!
 O resto, a inmensa maioría da asemblea da tribo das  ras e sapos  , fixo un respectuoso silencio cando Frogha, a xefa, seguiu  describindo o  complicadao escenario do conflito que se achegaba.  Falou con voz tranquila e firme. 
 -Se lles permitimos que entren na nosa charca non quedará nada útil, nada que pague  a pena  , nin comida para nós nin augas limpas para poder beber e nadar con liberdade .
 
Sabemos que hai un total de 1290  bichos
A metade deles son lesmas , saltóns e  vagalumes
Deses,   2/5 son  lesmas
Deses,   2/5  son   saltóns
Deses,  1/5  son   vagalumes
A outra metade son píntegas e escornabois .
Deses, o 75 % son  píntegas
e o resto son  escornabois
     Sabemos tamén cal é a proporción de veleno a usar , así:
  • para matar  30 lesmas   necesítanse   5 litros de veleno .
  • para matar    24 saltóns  necesítanse  4 litros de veleno .
  • para matar  36  vagalumes necesítanse  3  litros de veleno .
  • para matar  5     píntegas necesítase 1 litro de veleno .
  • para matar  6     escornabois  necesítase  1 litro de veleno .
              
Aplica o que coñezas sobre fraccións, porcentaxes e regras de tres para axudar a Frogha a derrotar ao  exército de bichos . Así terás que coñecer:
·        O número concreto de bichos de cada unha das especies 
( Redondea o resultado ás unidades )
·        A cantidade exacta de litros  de  veleno para cada especie. ( Redondea o resultado ás unidades )

Conta a lenda que esta batalla puido ser gañada, que Frogha confirmou o seu  poder e seguiu gobernando con xustiza a tribo durante moitos anos e que chegaron a un acordo de convivencia  pacífica  con toda a bichería de San Amaro e Monte Alto
   A partir daquela batalla   sapos e ras sabían que  para os seus fillos e fillas , o mérito e o traballo  era o criterio fundamental para ser elixido xefe ou xefa da tribo  e que daba igual que foras  ra ou sapo , gordo ou fraco , grande ou pequeno , novo ou vello, cos ollos vermellos , marróns ou laranxas metalizados,  ser nado en Angola , en Berlín ou en Coirós de Abaixo , ser fillo ou filla de Xan ou de Pericán , ser amigo ou amiga de  fulano ou de mengano... 
      Tamén cóntase que  Napoleón  cambiou, cambiou e cambiou , e tanto cambiou no futuro,  que un día as ras e os sapos da súa corda , que en si non eran malos/as , máis que nada faltáballes un fervor , regaláronlle un trofeo  moi grande , moi grande , moi grande… E de ouro ! Para que puidera seguir facendo o que máis lle gustaba:  presumir  diante das  ras e os sapos . E as ras , as da súa corda , mesmo  as veces o chamaban  Augusto Cesar. 
     Tamén déronlle unha coroa de loureiro  cunhas floriñas , nun día  que orballaba de abondo , na Ría de San Amaro  .   Pero isto , xa é outra historia e excede, obviamente,  o contido do noso interesante  problemiña.


 Recargade as baterías que o martes …Volta á escola !

  Respostas a este problema  , en correo ao blog ou comentario á entrada    .
Xa temos un acertante de todas as preguntas !         

viernes, 18 de marzo de 2016

De diversidade cultural

                          OS NÚMEROS ÁRABES

      SABRINA  FAHMI  expuxo para os seus compañeiros  de  clase  a información que elaborou  sobre un aspecto da cultura árabe  co que  a cultura europea ten certa relación :  o sistema de numeración arábiga . 
     Mostrou tamén ós seus compañeiros  o xeito de pronunciar, coa fluidez que ela ten nese idioma ,  os primeiros números árabes.





viernes, 12 de febrero de 2016

Festa do Entroido do xoves pola tarde

   Nico. Martínez , Ana , June e Yeray cóntannos algunhas cousas sobre aquela festa onde a  participación organizada , moi correcta , xenerosa e entusiasta  ( como non podía ser menos ) dos alumnos/as  de 6º serviu  de estímulo e exemplo para que todo saíra ben.

  
  • Sobre a festa e os vendedores/as de aperitivos e bebidas por NICO. MARTÍNEZ
 O xoves da semana pasada tivo lugar a que, na miña opinión, foi a mellor festa de entroido do colexio. Batemos récord de recadacións!
Había tres postos: o meu, dedicado a chuches, aperitivos salgados e bebidas; o interior, utilizado para a venda de doces, bebidas quentes e “perritos calientes”; tamén tiñamos un posto con manualidades e rifas á venda.
No meu posto o traballo fora moi intenso, sempre tiñas a alguén que atender.
Ao final vimos que batemos récord de recadacións: 875 euros! A anterior marca estaba en 800. Foi todo un éxito. 
  • Sobre os vendedores/as de chocolate, orellas, tarta de queixo e outras lapeiradas  por     JUNE
Había moita xente que quería comprar doce e cinco persoas atendendo, tamén estaban algúns pais axudando. Acabáronse os pratos de plástico e, despois dun anaco, encontraron máis. Era un lío bastante grande, sobre todo o do diñeiro que había que cobrar, tiñas que mirar canto custaba cada cousa se non che acordabas.   Ademais axudounos Lola unha antiga compañeira de clase.  Moitas persoas compraban comida para levar á festa do colexio ao día seguinte. O que máis compraron foi o chocolate.
  • Sobre os vendedores/as de rifas por YERAY
   Foi moi divertido vender as rifas, sobre todo cando lle preguntábamos á xente se querían rifas e nos respondian que sí. Había xente que comprara moitas rifas e que non lle tocara nada e outras que compraran só unha rifa e lles tocou algo.
Ao remate da festa estabamos todos agotados de vender rifas porque había moita xente. Recadamos moito diñeiro vendendo rifas. Eu paseino moi ben.
  •  Sobre as vendedoras de manualidades por ANA

Na festa, Rebeca, Iria, Natalia, Sarah, a irmá de Yeray, Sandra e eu vendíamos manualidades de todo tipo: figuras de gomiñas, marca-páxinas, figuras de hama beads, pulseiras de gomiñas e broches. Todas estas manualidades fixeronas case todas as nenas que nomei eu. A venda foi bastante ben e vendimos case todo. Viñeron moitas nenas a comprar e algúns nenos. Recadamos arredor de 47 euros.Neste posto , todas nós  pasámolo moi ben vendendo. Foi moi divertido e entretido.



ETIQUETAS DAS ENTRADAS .
alxibe (1) apalpador (2) Apolo 13 (1) arqueoloxía (2) astronomía (13) atletismo (1) auga (2) bacterias (2) baloncesto (4) balonmán (2) barómetro (1) biblioteca (7) biblioteca de Monte Alto (1) bodyboard (2) borrasca (1) boxeo (1) Brasil (1) buceo (2) buracos negros (1) buxaina (1) cálculo de superficies en inglés (1) cambio climático (1) cambios de estado (1) campionato de xadrez (1) Canarias (1) canción (1) canoas (1) cans (1) Carlos Casares (1) cartas (1) cartel de outono (1) Castelo de ´San Antón (1) castro (1) celebración (10) Chantada (1) ciclo da auga (1) Cidade Vella (17) ciencias (55) cine (6) circuitos eléctricos (4) clima (5) climogramas (1) coches eléctricos (1) comentamos libros (6) comentamos películas (7) Concello (3) Concello de A Coruña (4) concerto (4) condensación (1) conmemoración (15) constelacións (1) contadores de chistes (1) contaminación (4) COVID 19 (1) criba de Eratóstenes (1) cristais (1) culturas (2) damas (1) danza (2) debuxos (6) densidade (2) deportes (6) dereitos humanos (3) Día da Paz (5) Día do Libro (3) Digital Maths Notebook (2) diversidade cultural (8) eclipse (2) ecoloxía (12) ecosistema acuático (2) electroimán (1) Elviña (1) Emilia Pardo Bazán (1) encoro de Cecebre (1) entroido (14) escalada (3) escáncer (1) escritores/as (6) Estación espacial (1) estrelas fugaces (2) Etiopía (1) etwinning (3) excursión (19) experimento (11) facemos cinema (2) Fairy oak (1) festa (1) festa de despedida (1) fin de curso (2) flotabilidade (1) fontes de enerxía (1) Francisco Fernández del Riego (1) frauta traveseira (1) fungos (2) fútbol (4) Gandhi (1) gas (1) gatos (1) geogebra (1) historia (9) hobbys (4) hubble (1) incendio (2) inglés (1) instrumentos musicales (5) iogur (1) ISS (1) judo (3) kárate (1) kiosko (1) La isla del tesoro (1) larpeiradas (7) lectura (24) lenda (3) libraría (1) Luis Seoane (1) magosto (1) manualidades (11) Manuel María (1) maqueta (4) marea negra (1) María Pita (2) Marrocos (3) Marte (1) mascotas (1) matemáticas (41) matemáticas en inglés (1) maxia (1) medidas de lonxitude (1) mergullo (2) meteoroloxía (7) minerais (2) mitoloxía (1) mofos (1) monicreques (2) montaña (2) motor eléctrico (1) música (13) natación (2) natureza (7) números primos (1) obradoiro (7) ordenadores (1) outono (2) Oza dos ríos (1) pacifismo (3) pádel (1) pancartas (1) pandemia (2) papiroflexia (4) pardal (1) parque de Bens (1) Parque de Oza (1) patinaxe (2) paxaros (1) peixes (1) películas (8) penicilina (1) percusión (1) periquitos (1) perseidas (2) petroleo (2) pi (1) pinchacarneiro (1) Pinocho (1) piragüismo. (1) pirámide (1) planetas (1) plantas (5) pluviómetro (1) Poesía (8) poleas (1) policía (1) poliedros (2) poliedros en inglés (1) portas das murallas (1) Postal dixital (2) Praza de Azcárraga (1) precipitacións (3) prehistoria (1) prensa (1) presión atmosférica (1) problemas de matemáticas (27) problemas de matemáticas en inglés (1) Proxecto de ciencias en inglés (1) pulmóns (1) pulsómetro (2) rap (1) ras (3) reciclaxe (14) redacción (9) redes sociais (1) reloxo de sol (1) respiración (1) revista dixital (6) Ría do Burgo (1) río Mandeo (1) robots industriais (1) rocódromo (2) Romanía (1) Rosalía de Castro (1) rúas (1) scouts (1) seguridade en internet (2) Sir John Moore (1) solidariedade (1) Stephen Hawking (1) surf (2) taboleiro de xadrez (1) taboleiro de damas (1) tambores (1) tangram (1) teatro (13) tecnoloxía (23) telescopio espacial (1) temperaturas (1) tempo atmosférico (4) temporal (4) termómetro (1) termómetro construido na escola (1) The weather that we watch (1) Titanic (1) Torre de Hércules (4) transmisión de son (1) trens (1) urco (1) vacas (1) valores cívicos (8) vaporización (1) Victor y el monstruo (1) vídeo musical (1) videoconferencia (2) violín (1) viravolta (1) volcán (1) voleibol (1) xabaril (1) xadrez (2) xeo (1) xeografía (5) xeometría dixital (1) xerminación (1) ximnasia rítmica (1) xogos (4) xogos tradicionais (1) xordos (1)