O xoves día 16 veu un rapaz a facer un obradoiro de música RAP.
Presentouse, preguntounos se sabiamos que era a música RAP, dixémoslle varias cousas e comezamos o obradoiro. Despois puxo un ritmo e díxonos que o seguiramos con palmas. Divertímonos moito! A continuación todos fixemos o noso propio RAP. Finalmente dixo que deberíamos poñernos en parellas ou tríos e facer o noso propio RAP relacionado coa igualdade de xénero para ver que se nos ocorría. Para min foi moi divertido, sobre todo a última parte, e grazas a este proxecto coñecemos máis o xénero musical RAP.NAIA
Aquí estamos ..,
Grazas Risk ( De A Vella Escola-Obradoiro Urbano ) pola túa colaboración .




