A charla que tivemos na aula relacionada
coa seguridade e a privacidade en
internet foi vista polos alumnos/as , en xeral ,
como moi entretida e divertida e na
que se aprenderon moitas cousas sobre os
teléfonos móbiles e as redes sociais.
Ademais
algúns alumnos opinaron o seguinte sobre ela.
Adriana
Gustoume moito porque participamos todos.
Lola
Foi unha
actividade moi divertida para aprender a non compartir os teus datos. Ademais pareceume que estivo ben porque explicaron moi ben os dereitos de autor no
internet.
Carol
Pareceume
moi ben, sabía case todo o que explicou, pero ampliei algunhas cousas sobre os
teléfonos .
Valeria
Aprendín bastante cos vídeos que nos puxo, tamén eran
moi divertidos.
En concreto gustoume o vídeo que
puxo sobre una rapaza que ía nun autobús e lle contaba á xente (xente descoñecida ) a súa vida , aínda
que a xente se estrañaba . Iso é o que fan
nas redes sociais normalmente .
Jorge
Gustoume o taller moito, sobre todo como trataban o
tema
con vantaxes e desvantaxes.
Hugo
A min pareceume unha boa charla sobre que non debes publicar nin compartir en internet todo o
que fas.