INICIO   Do 2012 ao 2018    Do 2018 ao 2024    A CIDADE VELLA    *** SELO EUROPEO DE CALIDADE AO PROXECTO : THE WEATHER THAT WE WATCH***   MAQUETAS E RECICLAXE   ★ CIRCUÍTOS ELÉCTRICOS ★   ★ DESPEDIDAS DE PROMOCIÓNS ★
Mostrando entradas con la etiqueta biblioteca. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta biblioteca. Mostrar todas las entradas

miércoles, 15 de mayo de 2019

Visita do escritor Héctor Cajaraville

    O mércores, 8 de maio, veunos visitar o escritor Héctor Cajaraville , Premio Merlín de Literatura Infantil 2018 co libro Kusuma .  Recibímolo no noso colexio na Biblioteca   Escolar. 
Alí Héctor respostou todas as nosas preguntas , escoitou con interese algunhas das nosas propostas e contounos algunhas anécdotas sobre os seus comezos de escritor, sobre o xeito en que pensou , colleu ideas , documentouse e argallou a trama deste libro.

A xuntanza foi moi bonita e compartida cos nosos compañeiros de 4º. 






domingo, 4 de marzo de 2018

Unha visita importante.A escritora María Canosa.



  O venres, 2 de marzo , visitounos María Canosa, escritora que gañou o Premio Merlín 2017 co interesante libro " Muriel" que limos neste trimestre.

  Tivemos unha longa conversa con ela na que nos contou moitas cousas sobre a súa vida e traballo como escritora ,respondendo posteriormente ás nosas preguntas.

    O evento literario  tivo lugar  na  Biblioteca Escolar , sendo moi enriquecedor  para todos e todas os/as  alumnos/as e profesores/as presentes.

    Aquí estamos...






jueves, 1 de marzo de 2018

Día de Rosalía


 Compartimos biblioteca e recital poético cos nosos compañeiros de 5º .

Nun lugar certamente  literario como é a nosa Biblioteca  Escolar limos  e recitamos unha serie de poemas  , uns inventados e outros da propia Rosalía de Castro .
          Aquí estamos  .  Foi un acto  de gran interés poético-emotivo para todos e todas os/as alumnos/as e profesores/as  presentes .








domingo, 7 de mayo de 2017

Unha interesante visita. A escritora Andrea Maceiras.

 O martes , 2 de maio, recibimos a visita da escritora Andrea Maceiras, autora do libro "Volverás golfiño" . O libro presenta un relato interesante que nos trouxo moitos recordos a nivel persoal e familiar de barcos e vivencias .
   Andrea respostou a todas as nosas preguntas , escoitou con interese algunhas das nosas propostas e contounos algunhas anécdotas sobre o libro e a Costa da Morte .Aínda que non puidemos gozar dunha presentación en imaxes que ela traía por falta de operatividade dun dispositivo,   a xuntanza  foi moi bonita e compartida cos nosos compañeiros de  6º

sábado, 5 de noviembre de 2016

Outono.Lectura de contos de medo



O xoves , 3 de novembro , fixemos unha lectura de contos de   medo na biblioteca escolar  para entreter e, se cadra, asustar aos nosos compañeiros das clases de  3º e 4º . Contos feitos na escola e por nós .
 

lunes, 9 de mayo de 2016

Visita da escritora ÉRICA ESMORÍS


           O   27 de abril  recibimos a visita da  escritora                           ÉRICA  ESMORÍS  autora do libro   NENA E O MAR   ,    PREMIO MERLÍN  DE  LITERATURA INFANTIL  2015  . Dentro dese marco incomparable que é  a nosa Biblioteca  Escolar,  Érica Esmorís  fíxo una exposición moi interesante   sobre o xeito en que pensou , colleu ideas ,  argallou a trama   e escribiu  este libro .  Un dato que nos chocou a todos foi o xeito de buscar os nomes dos persoaxes.   Eran  palíndromos .  É dicir , podíanse ler  igual  de esquerda a dereita e de dereita a  esquerda.
    Otto , Arora , Kilik , Itati , Hannah , Umu , Medem, Neuquen




  


lunes, 18 de mayo de 2015

Visítanos a escritora Ledicia Costas

     O  18  de   maio  veunos  visitar a escritora Ledicia CostasPremio Merlín de Literatura Infantil 2014 .  Contounos moitas anécdotas  sobre  as cousas  que aparecen no  seu  libro   Escarlatina , a cociñeira defunta  . Sorrimos e rimos dabondo  coas peripecias   que nos relatou da súa infancia , sobre  asuntos de gatos ,  de receitas francesas   e sobre o seu avó  .  Foi realmente un encontro moi bonito  cunha escritora  xenial .   





PARA SABER MÁIS  SOBRE  LEDICIA COSTAS 

ETIQUETAS DAS ENTRADAS .
alxibe (1) apalpador (2) Apolo 13 (1) arqueoloxía (2) astronomía (13) atletismo (1) auga (2) bacterias (2) baloncesto (4) balonmán (2) barómetro (1) biblioteca (7) biblioteca de Monte Alto (1) bodyboard (2) borrasca (1) boxeo (1) Brasil (1) buceo (2) buracos negros (1) buxaina (1) cálculo de superficies en inglés (1) cambio climático (1) cambios de estado (1) campionato de xadrez (1) Canarias (1) canción (1) canoas (1) cans (1) Carlos Casares (1) cartas (1) cartel de outono (1) Castelo de ´San Antón (1) castro (1) celebración (10) Chantada (1) ciclo da auga (1) Cidade Vella (17) ciencias (55) cine (6) circuitos eléctricos (4) clima (5) climogramas (1) coches eléctricos (1) comentamos libros (6) comentamos películas (7) Concello (3) Concello de A Coruña (4) concerto (4) condensación (1) conmemoración (15) constelacións (1) contadores de chistes (1) contaminación (4) COVID 19 (1) criba de Eratóstenes (1) cristais (1) culturas (2) damas (1) danza (2) debuxos (6) densidade (2) deportes (6) dereitos humanos (3) Día da Paz (5) Día do Libro (3) Digital Maths Notebook (2) diversidade cultural (8) eclipse (2) ecoloxía (12) ecosistema acuático (2) electroimán (1) Elviña (1) Emilia Pardo Bazán (1) encoro de Cecebre (1) entroido (14) escalada (3) escáncer (1) escritores/as (6) Estación espacial (1) estrelas fugaces (2) Etiopía (1) etwinning (3) excursión (19) experimento (11) facemos cinema (2) Fairy oak (1) festa (1) festa de despedida (1) fin de curso (2) flotabilidade (1) fontes de enerxía (1) Francisco Fernández del Riego (1) frauta traveseira (1) fungos (2) fútbol (4) Gandhi (1) gas (1) gatos (1) geogebra (1) historia (9) hobbys (4) hubble (1) incendio (2) inglés (1) instrumentos musicales (5) iogur (1) ISS (1) judo (3) kárate (1) kiosko (1) La isla del tesoro (1) larpeiradas (7) lectura (24) lenda (3) libraría (1) Luis Seoane (1) magosto (1) manualidades (11) Manuel María (1) maqueta (4) marea negra (1) María Pita (2) Marrocos (3) Marte (1) mascotas (1) matemáticas (41) matemáticas en inglés (1) maxia (1) medidas de lonxitude (1) mergullo (2) meteoroloxía (7) minerais (2) mitoloxía (1) mofos (1) monicreques (2) montaña (2) motor eléctrico (1) música (13) natación (2) natureza (7) números primos (1) obradoiro (7) ordenadores (1) outono (2) Oza dos ríos (1) pacifismo (3) pádel (1) pancartas (1) pandemia (2) papiroflexia (4) pardal (1) parque de Bens (1) Parque de Oza (1) patinaxe (2) paxaros (1) peixes (1) películas (8) penicilina (1) percusión (1) periquitos (1) perseidas (2) petroleo (2) pi (1) pinchacarneiro (1) Pinocho (1) piragüismo. (1) pirámide (1) planetas (1) plantas (5) pluviómetro (1) Poesía (8) poleas (1) policía (1) poliedros (2) poliedros en inglés (1) portas das murallas (1) Postal dixital (2) Praza de Azcárraga (1) precipitacións (3) prehistoria (1) prensa (1) presión atmosférica (1) problemas de matemáticas (27) problemas de matemáticas en inglés (1) Proxecto de ciencias en inglés (1) pulmóns (1) pulsómetro (2) rap (1) ras (3) reciclaxe (14) redacción (9) redes sociais (1) reloxo de sol (1) respiración (1) revista dixital (6) Ría do Burgo (1) río Mandeo (1) robots industriais (1) rocódromo (2) Romanía (1) Rosalía de Castro (1) rúas (1) scouts (1) seguridade en internet (2) Sir John Moore (1) solidariedade (1) Stephen Hawking (1) surf (2) taboleiro de xadrez (1) taboleiro de damas (1) tambores (1) tangram (1) teatro (13) tecnoloxía (23) telescopio espacial (1) temperaturas (1) tempo atmosférico (4) temporal (4) termómetro (1) termómetro construido na escola (1) The weather that we watch (1) Titanic (1) Torre de Hércules (4) transmisión de son (1) trens (1) urco (1) vacas (1) valores cívicos (8) vaporización (1) Victor y el monstruo (1) vídeo musical (1) videoconferencia (2) violín (1) viravolta (1) volcán (1) voleibol (1) xabaril (1) xadrez (2) xeo (1) xeografía (5) xeometría dixital (1) xerminación (1) ximnasia rítmica (1) xogos (4) xogos tradicionais (1) xordos (1)