INICIO   Do 2012 ao 2018    Do 2018 ao 2024    A CIDADE VELLA    *** SELO EUROPEO DE CALIDADE AO PROXECTO : THE WEATHER THAT WE WATCH***   MAQUETAS E RECICLAXE   ★ CIRCUÍTOS ELÉCTRICOS ★   ★ DESPEDIDAS DE PROMOCIÓNS ★
Mostrando entradas con la etiqueta ecoloxía. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ecoloxía. Mostrar todas las entradas

sábado, 15 de febrero de 2020

DE CIENCIAS :DISPOSITIVOS DE MEDICIÓN METEOROLÓXICA


 Estamos traballando en C.SOCIAIS  aspectos importantes   relacionados coa atmosfera  , en concreto  os elementos do clima .  Como actividade  alternativa e dentro da lección algúns alumnos elaboraron dispositivos de medición atmosférica:
    
 GABRIEL   fixo e expuxo un traballo sobre o pluviómetro



 PLUVIÓMETRO
¿Para qué sirve?
El pluviómetro sirve para medir la cantidad de agua que ha caído en un determinado periodo de tiempo.
¿Qué es un pluviómetro?
Un pluviómetro es un instrumento de medida de volumen de las precipitaciones caídas en un determinado período de tiempo.

¿Qué medida utiliza el pluviómetro?
El pluviómetro utiliza como unidad de medida el mililitro ( de altura ) por metro cuadrado .

 ¿Quién inventó el pluviómetro?
Jan Yeon Sin fue quien inventó el pluviómetro.

¿Cuándo se inventó el pluviómetro?
El pluviómetro se inventó en 1441.
 ---------------------------------------------------------------------------
LOIS E FASIL  construíron  un barómetro .


     Para facer a exposición   fixeron unha presentación  dixital:
  Fai clik aquí para  vela :   
O BARÓMETRO 
 -------------------------------------------------------------------------------
 SEBASTIÁN  fixo e expuxo un traballo sobre o anemómetro.

O anemómetro ou anemógrafo é un aparato meteorolóxico para medir a intensidade do vento. Componse dun sistema de pequenas aspas e nos seus extremos pequenas concas as cales se lles permite oscilar.
 Cando  o  vento sopra  o sistema  xira e os datos do seu xiro os verte nun dispositivo.

-------------------------------------------------------------------------------
BADAR   fixo e expuxo un traballo sobre o termómetro.



-------------------------------------------------------------------------------
JUAN     fixo e expuxo dous traballos sobre o  pluviómetro e o termómetro.


 ************************************************   
      Os dispositivos foron feitos con materiais usados e reutilizados.
      Parabéns a todos eles  polo seu traballo , constancia   e apoio aos valores medioambientais.


sábado, 28 de diciembre de 2019

FESTIVAL DE NADAL

    O venres, 20 de decembro , celebramos  o    Festival de Nadal   . Neste evento tivemos o honor de representar a obriña “A poza das ras” en dous pases : un para os alumnos de EI e 1º EP e o outro para o resto de primaria. Nese día disfrutamos moito das escenificacións musicais e humorísticas dos outros grupos de primaria.  
     Para nós a preparación e os ensaios  foron  entretidos  e  educativos dabondo  , contando  cuns  decoradores que fixeron o seu traballo de xeito  realmente  eficiente .

   “A poza das ras”  é unha obriña onde os animais e os seres humanos interactúan, traballan e debaten  en torno a unha poza que se seca e na que se transmite  a necesidade de non desperdiciar a auga   e  de darlle un uso correcto e eficaz  para todos .

    Neste festival tamén  recitamos un poema ,  “A noite do apalpador”  ,  que honra unha tradición galega moi antiga  nestas datas do ano.  Mediante o poema explicamos aos outros cursos a interesante e invernal historia  do Apalpador.
 Personaxe este , o Apalpador ou Pandigueiro,  cuias orixes están nas bisbarras montañosas do leste de  Galicia ( O Courel, Trives, Bierzo ...) , e no que xa levábamos traballando  semanas antes do Nadal 











             ***AQUÍ  ESTÁ O ATREZZO.  BO TRABALLO O DOS DECORADORES ! ***

A  poza  que se seca

Ferros , ferranchos, ferramentas e ... tuberías


O camión das obras


O pozo para suministrar auga

domingo, 20 de octubre de 2019

De Xeografía e C. Naturais: o río Mandeo

LOIS E FASIL   fixeron un traballo  sobre un  río galego onde  explican  varios aspectos  del :  O MANDEO
Fai clik  nesta foto 

jueves, 25 de abril de 2019

miércoles, 15 de noviembre de 2017

O PRESTIGE , A CONTAMINACIÓN E O PAPEL BENEFICIOSO DALGUNHAS BACTERIAS

        Con motivo de cumprirse os  15  anos da catástrofe  ecolóxica do Prestige    MARINA E LUCÍA  SILVA  elaboraron esta información .
    
 O Prestige foi un buque petroleiro monocasco construído no Xapón en 1976 que afundiu fronte ás costas galegas o 19 de novembro de 2002, producindo unha inmensa marea negra que afectou a unha ampla zona comprendida dende o norte de Portugal ata  as Landas ou Vendée en Francia , provocando a maior catástrofe ecolóxica na historia de Galicia e unha mobilización social e política. Desta mobilización xurdiu a plataforma Nunca Máis. 
Especulouse coa posibilidade, nunca demostrada, de que a greta no casco do Prestige fose provocada polo choque dun contedor ou un tronco á deriva. Sábese que horas antes, tres barcos que navegaban pola mesma zona transportando contedores, troncos de madeira e tubos de 1 metro de diámetro, perderon parte das súas cargas.
 Diferentes expertos predixeron que a vida mariña sufriría pola contaminación procedente do Prestige durante un mínimo de dez anos debido ao tipo de vertido, fundamentalmente polo seu contido en hidrocarburos aromáticos .
Estes compostos, de acción tóxica acumulativa, poden envelenar o plancton, os ovos dos peixes e os crustáceos, producindo efectos canceríxenos nos peixes e nos animais que se nutren deles na cadea trófica ...
     A fenda no costado de estribor produciuse por un golpe externo, a causa dun contedor ou dunha onda


   Bacterias comedoras de petróleo



    Hai bacterias que se alimentan do petróleo ,por exemplo a Lysinibacillus que  é unha comedora de petróleo moi coñecida,  aliméntase desa sustancia limpando os mares. Esta bacteria comezou a ser investigada no ano 1990 e leva tres anos sendo  utilizada nas industrias como organismo para eliminar a polución de crudo.
 Esta bacteria pode acumular hidrocarburos e metais pesados . Mediante  encimas especiais este microorganismo logra reducir a molécula do petróleo. De todos modos   os peixes que xa están contaminados non poden descontaminarse e polo tanto as persoas que os comen poden padecer  enfermidades moi perxudiciais como o cancro .

martes, 31 de enero de 2017

The weather that we watch (O TEMPO QUE OBSERVAMOS)

Proxecto de ciencias en inglés

Proxecto  eTwinning  : The weather that we watch  


In this project we share information about the weather in the areas where we live. We make some weather charts / maps of our territories. Students are encouraged to watch the weather , to get information of it in the papers ( forecasts) and to use some instruments to measure it (thermometer , barometer, hygrometer , anemometer, pluviometer… ) . They write down the results in some charts/maps to share them every period of time . They interchange photos/drawings and descriptions too . Different digital tools are used to share these works.





















                              GRÁFICOS  DIXITAIS
Baseándonos nos datos recollidos no termómetro de máximas e mínimas e no higrómetro - barómetro que temos no colexio , así como nunha páxina web especializada , fixemos estes gráficos .
   A recollida de datos é feita sempre entre as 11.45 e as 12.05. Faga  frío , calor,  chovendo (complicado),  nevando (aínda máis complicado )  ou lostregando ,   todos os días  medimos  temperaturas ( máxima, mínima e puntual ás 12.05)  , presión atmosférica  , humidade ,  velocidade e dirección do vento. 
   Anotamos nun cuadrante semanal e posteriormente etiquetamos un gran panel localizado na planta baixa do colexio. Tamén comprobamos e contrastamos o que os nosos compañeiros de escolas  francesas , polacas , turcas e ucranianas fan neste aspecto. 
    Con motivo desta actividade algúns alumnos teñen plantexado problemas de matemáticas  aos seus compañeiros relacionados con parámetros e medicións climáticas.


GRÁFICOS DO TEMPO ELABORADOS CON CARTÓNS RECICLADOS .

 Inés e Rocío trazan sobre a parte plastificada deste mapa de Europa  as liñas isotermas e isohietas .

domingo, 6 de diciembre de 2015

De Educación ambiental: o cambio climático

    As aulas de 5º e 6º do noso colexio  xunto cos nosos compañeiros do colexio Curros Enríquez colaboramos en concienciar á sociedade da importancia de evitar , na medida do posible, o cambio climático


PREME AQUÍ PARA VER AS FOTOS

sábado, 5 de diciembre de 2015

De educación ambiental : reciclamos cartóns.

    No noso colexio reciclamos cartóns.  Así  , na aula de 6º , e como un desenvolvemento máis do proxecto interdisciplinar de centro  "Comprometidos coa terra ", ademais de separar e clasificar o lixo,  elaboramos material didáctico ( cartas   de ortografía  do galego e do español) ) con cartóns de   refugallo.






 

 Tamén,  cun pouco de inxenio ,  paciencia de abondo e botándolle un par de cartóns,  fixemos dous taboleiros de xadrez  e un  xogo de fichas do mesmo.  Con eles desenvolvemos  un Campionato de xadrez a xeito de Champions League  , incluído turno  de  repescas . En breve  publicaremos  información deste torneo . 
  


                                 
                                  
                        

lunes, 9 de junio de 2014

      Os días  26, 27 e 28   de maio estivemos no Grove . Alí , aderezados  cun  relativo bo tempo e cunha razonable chuvia  , tivemos , entre outras   actividades : escoita de ras  na Lagoa de Bodeira  ,  bodyboard na praia , tirolina con remate en colchoneta  , rocódromo  , tiro con arco , camiñadas   nocturnas  polo monte   e ata  voamos papaventos  nun día de vento  algo  presentable .  O marco incomparable de todo isto foi  o  istmo da  Lanzada coa   súa  praia  e  sistema dunar  , montes cercanos ao Camping  , a Lagoa de Bodeira e  a praia  próxima a ela . 


domingo, 23 de junio de 2013

                Excursión de fin de curso
 
   Valoracións-vivencias -opinións  

Lúa
Costa de Dexo

Fomos a Costa de Dexo pola mañá. Primeiro pasamos por unha corredoira que era un camiño principal de Dexo hai moitos anos. Chegamos a un portiño onde se vía a illa de Marola e tomei moitas fotos. Sorprendeume que o eucalipto e a unlla de gato foran especies invasoras.Levoas vendo toda a vida e nunca pensei que fixeran algún mal. A herba de namorar é moi bonita pero todo o que hai que facer... Esa vinna tamén no monte de San Pedro. Gustoume moito esa parte da excursión. A comida foi divertida. Estábamos todos falando e tíñamos fame negra. Alí notáronse os cinco kilómetros que andiveramos.

Parque Aquaciencia

Logo, pola tarde, fomos ao parque AquaCiencia de Ferrol. O que mais me gustou foron os pavos reais e o transbordador. Foi divertido, movíase moito e hai quen case se cae. Foi interesante. Nunca vira pavos reais e son moi bonitos. Ao final gustoume moito toda a excursión.


Elena
Costa de Dexo
  É un  espacio protexido  do Concello . Polo bosque  que cruzamos hai esguíos  ainda que nós non pudimos velos. Si vimos piñas mordidas por esguíos .
   Tamén fomos  aos cantís  para ver as aves. Desde os cantís pódese ver   a Torre de Hércules.
O Parque de  Aquaciencia 
   Despois fumos  a Aquaciencia  que está cheo de auga  e vimos : un muiño de auga  , un transbordador , unha bola xiratoria .....  O máis estraño de todo  foi  que  ali estiveran os pavos reais  . O noso monitor  mostrounos  que ca auga tamén  se produce electricidade para a  luz.  O que máis me gustou foi o transbordador . 

Antía
Costa de Dexo
      Nesta excursión vimos o Porto de Dexo e nese porto vimos a Illa da Marola . Dexo non parecia un porto porque non había barcos  . Fomos a outro sitio para descansar e a monitora  ensinounos moitas clases de plantas e tamén moitas clases de gaivotas .Unha era a gaivota chorona que en castelán é a gaiviota reidora e a min non me gustou porque chovia moito e eu non tiña capucha entón caeume un chaparrón encima . Finalmente fomos correndo cara o autobús .
O Parque de  Aquaciencia
       Neste parque vimos un pavo real que non sacaba as ás porque non habia ningunha pava e había auga por todas as partes .Estivemos xogando a moitos xogos que trataban sobre a auga e vimos unha bóla que cando a xirabas e a tocabas mollabaste .  Habia pedais para para que se movera un muiño . Unha bomba de ferro na que habia unha panca por onde saia a auga e outra cousa que molaba moito era unha balsa  na que habia unha corda para chegar a o outro lado .

María
Costa de Dexo
A min gustoume moito porque é un sitio moi  fermoso onde podes ver  aves de diferentes especies  e tamén  moitas plantas . Tamén vimos a Illa da Marola que ten forma de tartaruga . Foi unha experiencia inolvidable . Outra parte que  gustoume moito  foi ver as gaivotas tan cerca.
O Parque de Aquaciencia
 O que máis  me  chamou a  atención foron os pavos reais  que facían ruidos raros  . Nun momento eu pensei que ían atacarnos.  Vimos moitos inventos divertidos e educativos como :  a clepsidra ou reloxo de auga , un transbordador   e moitísmas cousas máis . Tamén gustoume moito o parafuso  de Arquímides.
    Casi toda a excursión estivemos cos de 6º cos que nos levamos moi ben.

Carlos   
Costa de Dexo
   Fumos á Costa de Oleiros e nos choveu moito,pero conseguemos ver moitas plantas: a margarita silvestre, a flor de namorar... A que máis me chamou a atención foi a “unlla de gato”. Era unha especie invasora e máis verde escuro ca herba.  Fumos ó Seixo Branco, chamado así  por unha pedra branca que baixaba ata o mar.  O máis impresionante foi saber que se formou   a moitos metros baixo terra!   Paseamos por un bosque no que había moitos eucaliptos.   E vimos unha illa chamada Marola.  Foi divertidísimo!
Na praia:
Despois da visita á Costa de Oleiros, fumos a unha praia a comer a comida que levamos da casa. Despois xogamos ao fútbol. 
Parque Aquaciencia:
   Despois da visita á Costa de Oleiros, fumos ata Ferrol,para visitar o parque Aquaciencia.  Alí había moitos pavos reais,  pero alí tamén choveu. Estivemos vendo moitos experimentos coa  auga: o parafuso de Arquímedes ,unha bola que se deslizaba grazas á auga, unha balsa na que navegamos.  Estábamos os alumnos de 5º e 6º, e o que máis xente atraeu foi o martelo que funcionaba grazas á potencia da auga.  Se puñas unha pedra alí a trituraba!  Foi unha excursión impresionante.




jueves, 31 de enero de 2013


  Colaboración.  Artigo de información sobre  a   natureza


 A MONTAÑA DE OZA DOS RÍOS



O Concello de Oza dos Ríos, ocupa unha estreita franxa de terreo de 71,9, ó sur de Betanzos, entre os ríos Mendo e Mandeo. Limita ó norte con Betanzos e Coiros o leste faino con Aranga;o sur, con Curtis e Cesuras; e o oeste con Abegondo.
O Concello divídese en 12 parroquias.
No termo do Concello de Oza dos Ríos distínguese claramente dúas zonas. A mais setentrional pode encadrase dentro da comarca de Ás Mariñas. Cara ao sur, a paisaxe cambia e diminúe a poboación, con terras de montaña que superan os 500m.de altitude en varios puntos (Pena Moura, 554m.,Cruce da Queimada, 526m.,Brueiro,527m.)
O relevo é moi accidentado, pois os dous ríos citados surcan profundos vales.
O clima é de tipo atlántico húmido,sendo a temperatura media anual de 12ºC a precipitación de 850 a 1 .750mm/ano.
Mais o clima varía notablemente segundo nos desprazamos hacia o sur, onde se poden apreciar as características do clima continental




xa que a altura pode acadar os 554m de Pena Moura ou os 526 da Queimada.

FAUNA
Os animais que se poden atopar na montaña de Oza son as típicas desta zona, tales como o corzo, o xabaril, o lobo, o raposo, a perdiz, o paspallás, o faisán; réptiles coma a salamandra; anfibios coma a rá; aves rapaces como o cernícalo, aves como o paxaro carpinteiro e o cuco; o ourizo e o rato de campo.
Cernícalo
CodornizEsquío

OurizoCorzo
    
       Paxaro          carpinteiro                                                                                            Xabaril
                                                                     Rato de campo                        







Lobo
                 



                                                    Elena   González   Prado 










ETIQUETAS DAS ENTRADAS .
alxibe (1) apalpador (2) Apolo 13 (1) arqueoloxía (2) astronomía (13) atletismo (1) auga (2) bacterias (2) baloncesto (4) balonmán (2) barómetro (1) biblioteca (7) biblioteca de Monte Alto (1) bodyboard (2) borrasca (1) boxeo (1) Brasil (1) buceo (2) buracos negros (1) buxaina (1) cálculo de superficies en inglés (1) cambio climático (1) cambios de estado (1) campionato de xadrez (1) Canarias (1) canción (1) canoas (1) cans (1) Carlos Casares (1) cartas (1) cartel de outono (1) Castelo de ´San Antón (1) castro (1) celebración (10) Chantada (1) ciclo da auga (1) Cidade Vella (17) ciencias (55) cine (6) circuitos eléctricos (4) clima (5) climogramas (1) coches eléctricos (1) comentamos libros (6) comentamos películas (7) Concello (3) Concello de A Coruña (4) concerto (4) condensación (1) conmemoración (15) constelacións (1) contadores de chistes (1) contaminación (4) COVID 19 (1) criba de Eratóstenes (1) cristais (1) culturas (2) damas (1) danza (2) debuxos (6) densidade (2) deportes (6) dereitos humanos (3) Día da Paz (5) Día do Libro (3) Digital Maths Notebook (2) diversidade cultural (8) eclipse (2) ecoloxía (12) ecosistema acuático (2) electroimán (1) Elviña (1) Emilia Pardo Bazán (1) encoro de Cecebre (1) entroido (14) escalada (3) escáncer (1) escritores/as (6) Estación espacial (1) estrelas fugaces (2) Etiopía (1) etwinning (3) excursión (19) experimento (11) facemos cinema (2) Fairy oak (1) festa (1) festa de despedida (1) fin de curso (2) flotabilidade (1) fontes de enerxía (1) Francisco Fernández del Riego (1) frauta traveseira (1) fungos (2) fútbol (4) Gandhi (1) gas (1) gatos (1) geogebra (1) historia (9) hobbys (4) hubble (1) incendio (2) inglés (1) instrumentos musicales (5) iogur (1) ISS (1) judo (3) kárate (1) kiosko (1) La isla del tesoro (1) larpeiradas (7) lectura (24) lenda (3) libraría (1) Luis Seoane (1) magosto (1) manualidades (11) Manuel María (1) maqueta (4) marea negra (1) María Pita (2) Marrocos (3) Marte (1) mascotas (1) matemáticas (41) matemáticas en inglés (1) maxia (1) medidas de lonxitude (1) mergullo (2) meteoroloxía (7) minerais (2) mitoloxía (1) mofos (1) monicreques (2) montaña (2) motor eléctrico (1) música (13) natación (2) natureza (7) números primos (1) obradoiro (7) ordenadores (1) outono (2) Oza dos ríos (1) pacifismo (3) pádel (1) pancartas (1) pandemia (2) papiroflexia (4) pardal (1) parque de Bens (1) Parque de Oza (1) patinaxe (2) paxaros (1) peixes (1) películas (8) penicilina (1) percusión (1) periquitos (1) perseidas (2) petroleo (2) pi (1) pinchacarneiro (1) Pinocho (1) piragüismo. (1) pirámide (1) planetas (1) plantas (5) pluviómetro (1) Poesía (8) poleas (1) policía (1) poliedros (2) poliedros en inglés (1) portas das murallas (1) Postal dixital (2) Praza de Azcárraga (1) precipitacións (3) prehistoria (1) prensa (1) presión atmosférica (1) problemas de matemáticas (27) problemas de matemáticas en inglés (1) Proxecto de ciencias en inglés (1) pulmóns (1) pulsómetro (2) rap (1) ras (3) reciclaxe (14) redacción (9) redes sociais (1) reloxo de sol (1) respiración (1) revista dixital (6) Ría do Burgo (1) río Mandeo (1) robots industriais (1) rocódromo (2) Romanía (1) Rosalía de Castro (1) rúas (1) scouts (1) seguridade en internet (2) Sir John Moore (1) solidariedade (1) Stephen Hawking (1) surf (2) taboleiro de xadrez (1) taboleiro de damas (1) tambores (1) tangram (1) teatro (13) tecnoloxía (23) telescopio espacial (1) temperaturas (1) tempo atmosférico (4) temporal (4) termómetro (1) termómetro construido na escola (1) The weather that we watch (1) Titanic (1) Torre de Hércules (4) transmisión de son (1) trens (1) urco (1) vacas (1) valores cívicos (8) vaporización (1) Victor y el monstruo (1) vídeo musical (1) videoconferencia (2) violín (1) viravolta (1) volcán (1) voleibol (1) xabaril (1) xadrez (2) xeo (1) xeografía (5) xeometría dixital (1) xerminación (1) ximnasia rítmica (1) xogos (4) xogos tradicionais (1) xordos (1)