INICIO   Do 2012 ao 2018    Do 2018 ao 2024    A CIDADE VELLA    *** SELO EUROPEO DE CALIDADE AO PROXECTO : THE WEATHER THAT WE WATCH***   MAQUETAS E RECICLAXE   ★ CIRCUÍTOS ELÉCTRICOS ★   ★ DESPEDIDAS DE PROMOCIÓNS ★
Mostrando entradas con la etiqueta lectura. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta lectura. Mostrar todas las entradas

miércoles, 28 de febrero de 2024

LECTURA COMPARTIDA 2

    Unha vez máis ...

    Aquí estamos cos nosos amigos/as e compañeiros/as da clase de Educación Infantil de 5 anos .

   .


Veleiquí   algúns  comentarios

Martín

É moi bonito poder contar historias a nenos tan pequenos como  contáronas a nós tamén. Os nenos son moi simpáticos e algo tímidos pero nós pasámolo ben e eles tamén.

 Jorge

Hai uns días fomos ler aos nenos de 5 E.I. Paseino moi ben lendo. A nena á que lle lin  cáeme moi ben porque ás veces xogo con ela no recreo, espero que ela tamén o pasara ben (creo que si).

En definitiva o volvería a repetir.

Déborah

Foi moi  divertido  e os nenos  parecía que o pasaban ben  e á vez aprendían a ler.

 




miércoles, 31 de enero de 2024

LECTURA COMPARTIDA 1

Compartimos libros e lecturas cos nosos compañeiros/as e amigos/as  de E.INFANTIL 5 anos . 

 AÍ   ESTAMOS !!!

 









martes, 7 de noviembre de 2023

Lecturas compartidas de Samain

                         

   Con motivo da festa de Samain  e organizado pola Biblioteca do

 colexio  fixemos lecturas compartidas  con pais/nais  de alumnos /as  e , en concreto , dous pais de alumnos de 6º , Javier e  Carlos,  fixeron sendas lecturas  co noso grupo .   Moi interesantes, entretenidas e  cun punto de terror realmente  divertido. 

       Grazas , Carlos e Javier ,   pola vosa colaboración .

                         COLE  DE LOCOS

            





            
         
Algo que comentar sobre " El cole de los locos "

Martín

Fíxome moita graza cando o neno está enfadado por que lle fastidiaron o momento no que ía a declarase.

Deborah

Fíxome moita graza e foi moi entretenido, ademais deixáranos ler a nos .

E facíame moita graza un personaxe.

LOLA

Pareceume moi divertido e entretenido. E nos salvou dun exame! Grazas, de verdade.

VALERIA

A verdade é que foi bastante divertido xa que eles, coma nós , tamén temos que encargarnos da festa este ano e iso fixo que vivira moito máis a historia



ADRIANA

Gustoume moito e fíxome moita graza, encantoume  cando os nenos disfrazáronse de zombies.

ALMA

No cole de tolos había un grupo de compañeiros moi divertidos e bromistas e contaron unha lenda dun xeadeiro vello que estaba un pouco tolo.

AMANDA

Fíxome bastante graza e era entreenido. A miña parte favorita é cando tiran a bomba fétida estando todos encerrados na taquilla.

MAR

Pareceume bastante divertido e me chamou moito a atención que o libro se chamase  "O cole de tolos"



 MORDISCOS MONSTRUOSOS



Algo que comentar sobre " Mordiscos  monstruosos "

 Pablo González

Gustoume porque foi moi divertido aínda que non o

 acabamos pero rinme moito coa lista de insectos que lle

 morderan a un personaxe.


Naia

Gustoume porque, aínda que non o rematamos, o protagonista dicía que os outros lle daban dentadas e a súa irmá maior sempre lle facía bromas. Por iso me pareceu divertido e ás veces gracioso.

Rodrigo

O tempo que nos leu o conto foi moi divertido. A parte que máis  gustoume foi cando todos os bichos o mordían.

Á pregunta que se lles fixo de que si lles gustaría ser vampiros/as veleiquí algunhas respostas: 

RODRIGO

A min si que me gustaría ser un vampiro 

porque podería voar.

 LAURA

Gustaríame ser vampira porque podería voar e non ir ao colexio, podería ir a un montón de sitios gozando das vistas, tamén porque podería voar ata Hollywood e coñecer a un montón de famosos.

  PAULA

Gustaríame ser vampira porque podería voar e creo que tamén me podería transportar pero non me gustaría ser vampiro porque non podo sair durante o día e sería máis difícil para min interactuar con nenos.



                         





viernes, 26 de mayo de 2023

CERTAME DE CONTOS "A GALICIA MÁXICA "

O tema destes contos  é o tema que estamos a desenvolver no proxecto de centro deste curso   A GALICIA MÁXICA  .

 Aquí podedes ver  os vosos contos conxuntamente  cos dos vosos compañeiros/as  doutras aulas do colexio. Tamén podedes atopar este mesmo caderno en formato de papel na BIBLIOTECA escolar. 

                O LIBRO DIXITAL DOS RELATOS

Relatos Galicia Máxica

 

     A resposta do alumnado  a esta convocatoria  de contos foi certamente moi boa . Un grupo de alumnos da nosa aula  encargouse de  facer a motivación e presentación deste certame aos alumnos/as  das aulas implicadas ( 3º ,4º , 5º e 6º ) .

AQUÍ ESTÁN 

 



OS ALUMNOS PORTABAN ESTE MATERIAL


De cartón ???  ... Naturalmente .
Nós sempre a favor do noso medioambiente


5

miércoles, 15 de mayo de 2019

Visita do escritor Héctor Cajaraville

    O mércores, 8 de maio, veunos visitar o escritor Héctor Cajaraville , Premio Merlín de Literatura Infantil 2018 co libro Kusuma .  Recibímolo no noso colexio na Biblioteca   Escolar. 
Alí Héctor respostou todas as nosas preguntas , escoitou con interese algunhas das nosas propostas e contounos algunhas anécdotas sobre os seus comezos de escritor, sobre o xeito en que pensou , colleu ideas , documentouse e argallou a trama deste libro.

A xuntanza foi moi bonita e compartida cos nosos compañeiros de 4º. 






jueves, 25 de abril de 2019

Día do Libro



Dous grandes escritores da literatura universal: William Shakespeare e Miguel de Cervantes, morreron un 23 de abril de hai uns 400 anos. Con motivo desta dobre coincidencia celebramos o Día do Libro . No noso colexio  nós  celebrámolo compartindo a lectura cos nosos compañeiros de 1º  nun bonito espazo de convivencia que é o corredor .



lunes, 30 de abril de 2018

DÍA DO LIBRO

     Nun   23 de abril de hai 400 anos  aproximadamente  morreron dous escritores da literatura universal :  William  Shakespeare  e  Miguel de Cervantes . 
    Con motivo desta dobre coincidencia  celébrase  o Día do Libro  .  Nós  tamén   o celebramos .

    Así  ese día recibimos a visita na nosa clase dos compañeiros da aula de 5 anos  que nos recordaron  dun xeito moi bonito o motivo  desta celebración.  Posteriormente  compartimos   no patio ( afortunadamente acompañounos  o bo tempo)  a lectura de contos  cos nosos compañeiros de  E. Infantil de 3 anos 

 AQUÍ ESTAMOS

domingo, 4 de marzo de 2018

Unha visita importante.A escritora María Canosa.



  O venres, 2 de marzo , visitounos María Canosa, escritora que gañou o Premio Merlín 2017 co interesante libro " Muriel" que limos neste trimestre.

  Tivemos unha longa conversa con ela na que nos contou moitas cousas sobre a súa vida e traballo como escritora ,respondendo posteriormente ás nosas preguntas.

    O evento literario  tivo lugar  na  Biblioteca Escolar , sendo moi enriquecedor  para todos e todas os/as  alumnos/as e profesores/as presentes.

    Aquí estamos...






domingo, 7 de mayo de 2017

Unha interesante visita. A escritora Andrea Maceiras.

 O martes , 2 de maio, recibimos a visita da escritora Andrea Maceiras, autora do libro "Volverás golfiño" . O libro presenta un relato interesante que nos trouxo moitos recordos a nivel persoal e familiar de barcos e vivencias .
   Andrea respostou a todas as nosas preguntas , escoitou con interese algunhas das nosas propostas e contounos algunhas anécdotas sobre o libro e a Costa da Morte .Aínda que non puidemos gozar dunha presentación en imaxes que ela traía por falta de operatividade dun dispositivo,   a xuntanza  foi moi bonita e compartida cos nosos compañeiros de  6º

martes, 25 de abril de 2017

Unha bonita lectura compartida

     Nun   23 de abril de hai 400 anos  aproximadamente  morreron dous escritores da literatura universal :  William  Shakespeare  e  Miguel de Cervantes . 
    Con motivo desta dobre coincidencia  celébrase  o Día do Libro  .  Nós  tamén   o celebramos compartindo a lectura cos nosos compañeiros de  E. Infantil de 5 anos 
Aquí estamos 







sábado, 5 de noviembre de 2016

Outono.Lectura de contos de medo



O xoves , 3 de novembro , fixemos unha lectura de contos de   medo na biblioteca escolar  para entreter e, se cadra, asustar aos nosos compañeiros das clases de  3º e 4º . Contos feitos na escola e por nós .
 
ETIQUETAS DAS ENTRADAS .
alxibe (1) apalpador (2) Apolo 13 (1) arqueoloxía (2) astronomía (13) atletismo (1) auga (2) bacterias (2) baloncesto (4) balonmán (2) barómetro (1) biblioteca (7) biblioteca de Monte Alto (1) bodyboard (2) borrasca (1) boxeo (1) Brasil (1) buceo (2) buracos negros (1) buxaina (1) cálculo de superficies en inglés (1) cambio climático (1) cambios de estado (1) campionato de xadrez (1) Canarias (1) canción (1) canoas (1) cans (1) Carlos Casares (1) cartas (1) cartel de outono (1) Castelo de ´San Antón (1) castro (1) celebración (10) Chantada (1) ciclo da auga (1) Cidade Vella (17) ciencias (55) cine (6) circuitos eléctricos (4) clima (5) climogramas (1) coches eléctricos (1) comentamos libros (6) comentamos películas (7) Concello (3) Concello de A Coruña (4) concerto (4) condensación (1) conmemoración (15) constelacións (1) contadores de chistes (1) contaminación (4) COVID 19 (1) criba de Eratóstenes (1) cristais (1) culturas (2) damas (1) danza (2) debuxos (6) densidade (2) deportes (6) dereitos humanos (3) Día da Paz (5) Día do Libro (3) Digital Maths Notebook (2) diversidade cultural (8) eclipse (2) ecoloxía (12) ecosistema acuático (2) electroimán (1) Elviña (1) Emilia Pardo Bazán (1) encoro de Cecebre (1) entroido (14) escalada (3) escáncer (1) escritores/as (6) Estación espacial (1) estrelas fugaces (2) Etiopía (1) etwinning (3) excursión (19) experimento (11) facemos cinema (2) Fairy oak (1) festa (1) festa de despedida (1) fin de curso (2) flotabilidade (1) fontes de enerxía (1) Francisco Fernández del Riego (1) frauta traveseira (1) fungos (2) fútbol (4) Gandhi (1) gas (1) gatos (1) geogebra (1) historia (9) hobbys (4) hubble (1) incendio (2) inglés (1) instrumentos musicales (5) iogur (1) ISS (1) judo (3) kárate (1) kiosko (1) La isla del tesoro (1) larpeiradas (7) lectura (24) lenda (3) libraría (1) Luis Seoane (1) magosto (1) manualidades (11) Manuel María (1) maqueta (4) marea negra (1) María Pita (2) Marrocos (3) Marte (1) mascotas (1) matemáticas (41) matemáticas en inglés (1) maxia (1) medidas de lonxitude (1) mergullo (2) meteoroloxía (7) minerais (2) mitoloxía (1) mofos (1) monicreques (2) montaña (2) motor eléctrico (1) música (13) natación (2) natureza (7) números primos (1) obradoiro (7) ordenadores (1) outono (2) Oza dos ríos (1) pacifismo (3) pádel (1) pancartas (1) pandemia (2) papiroflexia (4) pardal (1) parque de Bens (1) Parque de Oza (1) patinaxe (2) paxaros (1) peixes (1) películas (8) penicilina (1) percusión (1) periquitos (1) perseidas (2) petroleo (2) pi (1) pinchacarneiro (1) Pinocho (1) piragüismo. (1) pirámide (1) planetas (1) plantas (5) pluviómetro (1) Poesía (8) poleas (1) policía (1) poliedros (2) poliedros en inglés (1) portas das murallas (1) Postal dixital (2) Praza de Azcárraga (1) precipitacións (3) prehistoria (1) prensa (1) presión atmosférica (1) problemas de matemáticas (27) problemas de matemáticas en inglés (1) Proxecto de ciencias en inglés (1) pulmóns (1) pulsómetro (2) rap (1) ras (3) reciclaxe (14) redacción (9) redes sociais (1) reloxo de sol (1) respiración (1) revista dixital (6) Ría do Burgo (1) río Mandeo (1) robots industriais (1) rocódromo (2) Romanía (1) Rosalía de Castro (1) rúas (1) scouts (1) seguridade en internet (2) Sir John Moore (1) solidariedade (1) Stephen Hawking (1) surf (2) taboleiro de xadrez (1) taboleiro de damas (1) tambores (1) tangram (1) teatro (13) tecnoloxía (23) telescopio espacial (1) temperaturas (1) tempo atmosférico (4) temporal (4) termómetro (1) termómetro construido na escola (1) The weather that we watch (1) Titanic (1) Torre de Hércules (4) transmisión de son (1) trens (1) urco (1) vacas (1) valores cívicos (8) vaporización (1) Victor y el monstruo (1) vídeo musical (1) videoconferencia (2) violín (1) viravolta (1) volcán (1) voleibol (1) xabaril (1) xadrez (2) xeo (1) xeografía (5) xeometría dixital (1) xerminación (1) ximnasia rítmica (1) xogos (4) xogos tradicionais (1) xordos (1)