Pero, como se produce unha eclipse solar ? Unha eclipse solar só pode producirse durante a lúa nova, cando a Lúa se interpón entre a Terra e o Sol. Con todo, dado que a órbita lunar está inclinada uns 5 graos con respecto á órbita terrestre, a Lúa adoita pasar por encima ou por baixo do Sol. Só cando a lúa nova atópase preto dun dos dous puntos de intersección das órbitas (os chamados nodos) pode a súa sombra alcanzar a Terra.
A diferenza fundamental entre unha eclipse parcial e un total é a experiencia visual. Nunha eclipse parcial, a Lúa só cobre parcialmente o Sol. Nunha total o disco solar queda completamente oculto, revélase a verdadeira maxia. Que ocorre exactamente? Aínda que é de día, de súpeto todo escurécese. Aparecen as estrelas e os planetas máis brillantes do ceo. Os paxaros deixan de cantar e, súbitamente, todo queda en silencio. O vento cambia e a silueta negra da Lúa brilla fantasmalmente cunha brillante coroa solar. Unha experiencia interesante e … algo surrealista . Algúns consellos desde a NASA . Fai clik aquí En primeiro lugar cabe suliñar que desde Galicia imos poder observar o eclipse como un territorio privilexiado , dentro do que é Europa . Aquí vos quedan algúns puntos de observación desde diferentes puntos do estado. A Coruña : Duración da fase total 1m 15s . Hora da fase máxima 20:28 Burgos : Duración da fase total 1m 44s . Hora da fase máxima 20:29 Palma (Mallorca) : Duración da fase total 1m 36s . Hora da fase máxima 20:32 Por outra banda A NASA confirma a eclipse solar máis longo do século: o sur de España vivirá máis de 4 minutos de escuridade en plena mañá do 2 de agosto de 2027
Ese día o sur de España será testemuña dun fenómeno astronómico que a NASA cualifica como un das eclipses solares totais máis longos do século XXI. A franxa de totalidade percorrerá o estreito de Xibraltar e cubrirá Ceuta, Melilla, gran parte de Cádiz, Málaga e zonas de Granada e Almería, ofrecendo ata 4 minutos e 48 segundos de escuridade total en pleno día
|
miércoles, 12 de agosto de 2026
Eclipse solar total .
domingo, 17 de diciembre de 2023
VISITAMOS A DOMUS DE A CORUÑA
sábado, 14 de mayo de 2022
DE ASTRONOMÍA . ECLIPSE DE LÚA . Entre o 15 e o 16 de maio
Aínda que as horas ás que aparece son as propias de estar deitados se a alguén cádralle estar esa noite desperto e nun lugar do campo sen moita contaminación lumínica pode observar este bonito fenómeno natural .
A que hora é a eclipse de Lúa de maio de 2022?
A eclipse total de Lúa de maio comezará coa súa fase penumbral ao redor das 3.33 horas, hora peninsular. A eclipse parcial comezará ás 4:28 e non será ata as 5:30 da mañá cando comece a súa fase total.
Este evento permitiranos gozar dunha “lúa de sangue” adoptando unha cor avermellada pola dispersión da luz refractada pola atmosfera e que penetra na capa de ozono.
QUE É UNHA ECLIPSE LUNAR ?
Unha eclipse lunar prodúcese cando a Terra interponse entre o Sol e a Lúa xerando nesta última unha sombra. As eclipses lunares son moito máis frecuentes e menos espectaculares que as eclipses de sol.
Déixovos aquí pra descargar esta animación que nos amosa este tipo de eclipse.
Para maís información fai clik aquí
jueves, 15 de julio de 2021
CIENCIAS PARA O VERÁN
|
A S T R O N O M Í A
Ola a todos/as . Espero que esteades disfrutando dunhas boas e merecidas vacacións. Déixovos aquí varios enlaces para os que esteades interesados en asuntos de observar o ceo de noite, astronomía ,construír dispositivos … que creo que nesta clase sodes uns cantos . Actividade : Construir un planisferio celeste é dicir unha guía para observar e recoñecer as estrelas de noite . Non é doado pero é posible . Aí queda o reto. https://educa-ciencia.com/planisferio-colegio/ Información : Algunhas curiosidades sobre os planetas https://educa-ciencia.com/sistema-solar-primaria/ Información: Estrelas fugaces para observar entre o 17 de xullo e o 24 de agosto: As Perseidas Actividade: Guía para observar As Perseidas
Un saúdo cordial e estival Carlos
|
sábado, 12 de junio de 2021
De C.Naturais: Obradoiro de Xperimenta. Diseccionar unha flor
Participamos no Proxecto Xperimenta , unha proposta da DOMUS para poder diseccionar unha flor na aula , en concreto un lilium , e aprender ademais máis cousas sobre as plantas. Usamos a plataforma Google Meet como ferramenta de comunicación.
domingo, 21 de febrero de 2021
EXPLORACIÓN DO PLANETA MARTE : 0 18 de febreiro un paso adiante.
Hai uns días (18 de febreiro ) un vehículo, o Perseverance, tomou terra na superficie de Marte de cara a investigar os indicios de
vida neste planeta nun tempo pasado. Este vehículo partiu da Terra en xullo de 2020
Déixovos aquí unha animación da chegada e exploración dun vehículo moi parecido ao Perseverance pero que foi lanzado hai uns anos : o Curiosity .
"THE MARTIAN" O valor da empatía e da resilencia.
Deixo aquí tamén dous trailers da película "The martian" que trata sobre as peripecias dunha misión tripulada a Marte . O film ademais de ser moi bo no tratamento de imaxes dunha viaxe espacial e na recreación de paisaxes de Marte transmite a importancia de valores como a empatía e saber resisitir cando a adversidade é total buscando a complicidade dos compañeiros/as.
miércoles, 2 de diciembre de 2020
De ciencias sociais :Algúns experimentos relacionados co tempo atmosférico.
Experimentos feitos asociados a diferentes elementos do clima ou fenómenos atmosféricos e que xa foron expostos e explicados á clase ou están a piques de facelo polos alumnos mencionados .
Unha nube nunha botella ( xeración de vapor , neste caso de alcohol , dentro dunha botella ) presentado por FERNANDO
O vídeo do experimento. Preme aquí
O ciclo da auga ( líquido-evaporación-enfriamento- condensación e formación de pingas - líquido outra vez ) presentado paso a paso por CATALINA E ALICIA
O vídeo do experimento. Preme aquí
O ciclo da auga ( líquido-evaporación-enfriamento- condensación e formación de pingas - líquido outra vez ) presentado paso a paso por LOIS mediante dous vídeos.
A aurora boreal e emulación do efecto de gotas de choiva por HUGO
Emulación gotas de choiva. Preme aquí .
A aurora boreal . Foto
O vídeo da aurora boreal. Preme aquí
Un tornado explicado e recreado con dúas botellas de plástico por MANU
Vídeo do tornado . Preme aquísábado, 15 de febrero de 2020
DE CIENCIAS :DISPOSITIVOS DE MEDICIÓN METEOROLÓXICA
GABRIEL fixo e expuxo un traballo sobre o pluviómetro
PLUVIÓMETRO
¿Para qué sirve?
El pluviómetro sirve para medir la cantidad de agua que ha caído en un determinado periodo de tiempo.
¿Qué es un pluviómetro?
Un pluviómetro es un instrumento de medida de volumen de las precipitaciones caídas en un determinado período de tiempo.
¿Qué medida utiliza el pluviómetro?
El pluviómetro utiliza como unidad de medida el mililitro ( de altura ) por metro cuadrado .
¿Quién inventó el pluviómetro?
Jan Yeon Sin fue quien inventó el pluviómetro.
¿Cuándo se inventó el pluviómetro?
El pluviómetro se inventó en 1441.
---------------------------------------------------------------------------
LOIS E FASIL construíron un barómetro .
Para facer a exposición fixeron unha presentación dixital:
Fai clik aquí para vela :
O BARÓMETRO
-------------------------------------------------------------------------------
SEBASTIÁN fixo e expuxo un traballo sobre o anemómetro.
O anemómetro ou anemógrafo é un aparato meteorolóxico para medir a intensidade do vento. Componse dun sistema de pequenas aspas e nos seus extremos pequenas concas as cales se lles permite oscilar.
Cando o vento sopra o sistema xira e os datos do seu xiro os verte nun dispositivo.
-------------------------------------------------------------------------------
BADAR fixo e expuxo un traballo sobre o termómetro.
-------------------------------------------------------------------------------
JUAN fixo e expuxo dous traballos sobre o pluviómetro e o termómetro.
************************************************
Os dispositivos foron feitos con materiais usados e reutilizados.
Parabéns a todos eles polo seu traballo , constancia e apoio aos valores medioambientais.
sábado, 1 de febrero de 2020
DE CIENCIAS : A ATMOSFERA

martes, 19 de noviembre de 2019
DE C. NATURAIS : UN PARDAL NA AULA DE 4º
A partir deste feito LOIS , BADAR e MANU fixeron este traballo
BADAR elaborou a seguinte información
https://www.seo.org/ave/gorrion-comun/
MANU fixo a redacción.
UN PARDAL NA NOSA aula
Un pardal entrou na nosa clase cando viñamos de inglés. Ao principio revoloteaba moito e nós non parábamos de berrar e armar barullo, ata que pousouse na caixa da luz ou no cable do proxector. Foi cando nos tiraba a Juan e a min po na mesa e na cabeza, xa que estábamos debaixo do proxector. Despois o profesor díxonos que se non berrábamos e non montábamos barullo pousaríase nalgunha mesa.
Mentres que traballábamos mirábamos de cando en vez ao pardal que movíase ou revoloteaba pola clase, primeiro movíase e empezaba a voar, despois pousábase noutra esquina, algunhas veces pousábase no proxector. Cando estabamos no recreo o profesor Juan e a profesora de relixión colleron un pau e o botaron fora da nosa aula. Espero que o pardal poda reunirse coa súa familia.
DEBUXOS DE LOIS : O PARDAL EN DETALLE CO SEU NOME CIENTÍFICO E O PARDAL POUSADO NUN SEMÁFORO.
O vídeo da visita . A poder ser , sígase, ollo avizor , a traxectoria do paxaro.
lunes, 4 de noviembre de 2019
De C. Naturais : Sementamos plantas
O ciclo da auga :vídeo
domingo, 20 de octubre de 2019
De Xeografía e C. Naturais: o río Mandeo
miércoles, 16 de octubre de 2019
De Ciencias Naturais. Sobre plantas
ALICIA , CLAUDIA , BADAR E SEBASTIÁN trouxeron á clase plantas cercanas a eles , plantas da súa casa . Explicaron detalladamente as súas características e propiedades . Algunhas delas sorprendentes . Estivemos todos moi atentos .
CLAUDIA : As plantas crasas
ALICIA : Cactus e plantas carnívoras
BADAR : Verbena
SEBASTIÁN : Aloe vera .


viernes, 4 de octubre de 2019
DE CIENCIAS NATURAIS : SOBRE MINERAIS
CATALINA , ALICIA E LUCILA explicaron e ensinaron uns traballos sobre minerais aos seus compañeiros.
Os minerais que trouxeron a clase en forma de diferentes pedras e xemas foron os seguintes
- Cuarzo rosa
- Cuarzo blanco
- Fluorita verde
- Magnetita
- Carneola
- Rosa del desierto
- Agata violeta
- Jaspe rojo
- Acua Marina
- Esmeralda
- Galena
- Azurita
- Fuchsita
- Talco
- Pirita
- Ambar
- Lepido lila
- Calcita naranja
- Amazonita
- Amatista
- Cuarzo ahumado
- Rodonita
- Serpentina
- Ojo de tigre
- Calcedonia
- Plagioclasas
- Jaspe Negro
- Aventurina
- Obsidiana
Catalina explicoulles as característcas de cada pedra :brillo , textura , dureza e cor .
Alicia e Lucila propuxeron dous xogos para aprender a recoñecelos.
"En el trabajo hacíamos dos juegos para que todos aprendieran los nombres de los minerales. El primero consistía en que se memorizaran los nombres y luego poníamos unas tarjetitas con los nombres de los minerales. Después, ellos los cogían y tenían que poner los minerales con sus nombres.El segundo juego consistía en que nosotras quitábamos un mineral y ellos tenían que decir el nombre del que faltaba o también podían describirlo."Alicia Pousa y Lucila Poncela
domingo, 23 de junio de 2019
DE CIENCIAS NATURAIS : MÁQUINAS SIMPLES E COMPOSTAS
GABRIEL E BADAR explícannos detalladamente neste vídeo o funcionamento de diversas máquinas simples e compostas .
O VÍDEO
DE CIENCIAS NATURAIS : FABRICAMOS CRISTAIS
LOIS móstranos como a mestura de diferentes substancias químicas pode dar lugar a curiosos resultados en concreto a formación de cristais azuis.
DE CIENCIAS NATURAIS : INFLUENCIA DA TEMPERATURA NUN GAS
ABORA fixo un vídeo no que explica detalladamente cun claro exemplo práctico o efecto da temperatura quente nun gas ( osíxeno neste caso)
O VÍDEO
DE CIENCIAS NATURAIS : DOUS CIRCUITOS ELÉCTRICOS
Circuíto eléctrico con lámpada e motor elaborado e explicado á clase por JUAN







































