O martes , 13 de abril, tivemos ás 10.00 da mañán unha VÍDEOCONFERENCIA sobre SEGURIDADE EN INTERNET coa Policía Nacional de A Coruña( Delegación de Participación Ciudadana )
A charla , seguida con moito interese , foi sobre medidas preventivas e de protección no uso de internet e algúns casos concretos de nenos de Coruña que non tiveron en conta esas prevencións con consecuencias negativas para eles e as súas familias .
Algunhas opinións -valoracións
Mateo
Gustoume moito e chamoume moito a atención, sobre todo , as historias das quedadas de nenos que crían coñecer a persoas en internet.
Badar
Gustoume bastante , ensináronme moitas cousas novas . O policía era moi simpático. Contounos dun neno dun colexio da Coruña que non lle deu para asinar as súas notas aos seus pais e falsificou a firma .
Outra persoa enganouno e o chantaxeou para ver a tarxeta de crédito dos seus pais e lle gastou moitos cartos comprando moitas cousas...
Aprendín moitas cousas novas
Fasil.
Sorprendeume bastante a historia da tarxeta de crédito sobre un alumno dun colexio da Coruña.
O policía que nos deu a explicación era bastante simpático.
Agora teño moito máis coidado nas redes sociais.