INICIO   Do 2012 ao 2018    Do 2018 ao 2024    A CIDADE VELLA    *** SELO EUROPEO DE CALIDADE AO PROXECTO : THE WEATHER THAT WE WATCH***   MAQUETAS E RECICLAXE   ★ CIRCUÍTOS ELÉCTRICOS ★   ★ DESPEDIDAS DE PROMOCIÓNS ★
Mostrando entradas con la etiqueta astronomía. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta astronomía. Mostrar todas las entradas

viernes, 2 de agosto de 2024

Eclipse solar total .


  
Eclipse  solar total. 12 de agosto 
     Pero, como se produce unha eclipse solar ? Unha eclipse solar só pode producirse durante a lúa nova, cando a Lúa se interpón entre a Terra e o Sol. Con todo, dado que a órbita lunar está inclinada uns 5 graos con respecto á órbita terrestre, a Lúa adoita pasar por encima ou por baixo do Sol. Só cando a lúa nova atópase preto dun dos dous puntos de intersección das órbitas (os chamados nodos) pode a súa sombra alcanzar a Terra.
A diferenza fundamental entre unha eclipse parcial e un total é a experiencia visual. Nunha eclipse parcial, a Lúa só cobre parcialmente o Sol. Nunha total o disco solar queda completamente oculto, revélase a verdadeira maxia.

Que ocorre exactamente?
Aínda que é de día, de súpeto todo escurécese. Aparecen as estrelas e os planetas máis brillantes do ceo. Os paxaros deixan de cantar e, súbitamente, todo queda en silencio. O vento cambia e a silueta negra da Lúa brilla fantasmalmente cunha brillante coroa solar.
Unha experiencia interesante e … algo surrealista .

COMO PROTEXERSE BEN PARA VELO ?

  Algúns consellos desde a NASA . Fai clik aquí

ONDE PODEMOS OBSERVAR ESTE ECLIPSE SOLAR.

En primeiro lugar cabe suliñar que desde Galicia imos ser un territorio privilexiado , dentro do que é Europa , para poder observar este eclipse .
Aquí vos quedan algúns puntos de observación desde diferentes puntos do estado.

    
A Coruña : Duración da fase total    1m 15s .    Hora da fase máxima 20:28

 Burgos : Duración da fase total 1m 44s .    Hora da fase máxima 20:29

 Palma (Mallorca) : Duración da fase total 1m 36s .    Hora da fase máxima 20:32




 


 Por outra banda A NASA confirma a eclipse solar máis longo do século: o sur de España vivirá máis de 4 minutos de escuridade en plena mañá do 2 de agosto de 2027 Ese día o sur de España será testemuña dun fenómeno astronómico que a NASA cualifica como un das eclipses solares totais máis longos do século XXI. A franxa de totalidade percorrerá o estreito de Xibraltar e cubrirá Ceuta, Melilla, gran parte de Cádiz, Málaga e zonas de Granada e Almería, ofrecendo ata 4 minutos e 48 segundos de escuridade total en pleno día
 



sábado, 14 de mayo de 2022

DE ASTRONOMÍA . ECLIPSE DE LÚA . Entre o 15 e o 16 de maio

    Aínda que as horas ás que aparece son as propias de estar deitados se a alguén cádralle estar esa noite desperto e nun lugar do campo sen moita contaminación lumínica pode observar este bonito fenómeno natural .

 A que hora é a eclipse de Lúa de maio de 2022? 

 A eclipse total de Lúa de maio comezará coa súa fase penumbral ao redor das 3.33 horas, hora peninsular. A eclipse parcial comezará ás 4:28 e non será ata as 5:30 da mañá cando comece a súa fase total. 

Este evento permitiranos gozar dunha “lúa de sangue” adoptando unha cor avermellada pola dispersión da luz refractada pola atmosfera e que penetra na capa de ozono.

 QUE É UNHA ECLIPSE LUNAR  ? 

 Unha eclipse lunar prodúcese cando a Terra interponse entre o Sol e a Lúa xerando nesta última unha sombra. As eclipses lunares son moito máis frecuentes e menos espectaculares que as eclipses de sol. 

Déixovos aquí pra descargar    esta animación que nos amosa este tipo de eclipse.

 Para maís información fai clik aquí 

https://moon.nasa.gov/ 

jueves, 15 de julio de 2021

CIENCIAS PARA O VERÁN

A S T R O N O M Í A

 Ola a todos/as .

 Espero que esteades disfrutando dunhas boas e merecidas vacacións.

    Déixovos aquí  varios  enlaces para os que esteades  interesados en asuntos de observar o ceo de noite, astronomía ,construír dispositivos … que creo que nesta clase sodes uns cantos .  

    Actividade :  Construir un planisferio celeste é dicir unha guía para observar e recoñecer as estrelas de noite  .  Non é doado pero é posible . Aí queda o reto.

https://educa-ciencia.com/planisferio-colegio/

   Información : Algunhas curiosidades sobre os planetas  

https://educa-ciencia.com/sistema-solar-primaria/

    Información: Estrelas fugaces para observar entre  o 17 de xullo e o 24 de agosto: As Perseidas

https://www.nationalgeographic.com.es/ciencia/actualidad/llegan-perseidas-2018-lluvia-estrellas-lagrimas-san-lorenzo_13029

   Actividade: Guía para observar As Perseidas

https://elgranobservatorio.com/perseidas-lagrimas-de-san-lorenzo/#Guia_de_observacion_2021_este_ano_la_Luna_te_lo_pondra_facil

 

                            Un  saúdo cordial e estival

                                                Carlos

 

domingo, 21 de febrero de 2021

EXPLORACIÓN DO PLANETA MARTE : 0 18 de febreiro un paso adiante.

   Hai uns días (18 de febreiro ) un vehículo, o Perseverance,  tomou terra na superficie de Marte de cara a investigar os indicios de vida neste planeta nun tempo pasado. Este vehículo partiu da Terra en xullo de 2020

 Déixovos aquí unha animación da chegada  e exploración dun vehículo moi parecido ao Perseverance  pero que foi lanzado hai uns anos :  o Curiosity
 



"THE MARTIAN" O valor da empatía e da resilencia.

Deixo aquí tamén dous trailers da película "The martian" que trata sobre as peripecias dunha misión tripulada a Marte . O film ademais de ser moi bo no tratamento de imaxes dunha viaxe espacial   e  na recreación de paisaxes de Marte transmite a importancia de valores como a empatía e saber resisitir cando a adversidade é total buscando a complicidade dos compañeiros/as.



martes, 14 de julio de 2020

Observar un ceo estrelado de cando en vez .


AS PERSEIDAS : unha chuvia de estrelas ( máis ben meteoritos ) no mes de agosto. Preme na imaxe de abaixo  e infórmate . Pode que teñas a oportunidade de disfrutar delas .

            

Se tes máis interese en temas de astronomía preme nestes tres enlaces


EXPERIMENTOS DE ASTRONOMÍA ***


Máis información sobre as perseidas fai clik aquí
LA OPINIÓN DE A CORUÑA



jueves, 15 de marzo de 2018

Sobre científicos : STEPHEN HAWKING . IN MEMORIAM





Finou un ilustre científico da nosa era , Stephen Hawking . Parte das ideas da astrofísica contemporánea teñen que ver co seu traballo . O mérito científico e o mérito persoal conxúganse nesta persoa .

  Déixovos aquí un vídeo. Se nos cadra ben comentámolo en clase
estes días.

 Stephen Hawking´s  big ideas ... made simple
As grandes ideas de Stephen Hawking ... convertidas en sencillas
 
   

 Todos  os que somos algo aficionados a ler temas de ciencias lle temos moito que agradecer a quen de asuntos tan complexos fixo unha divulgación sinxela  e ás  veces con sentido do humor para a 
comunidade universal.
 Descanse en paz . 

What Stephen Hawking thought about his Simpsons cameo ?  Que é o que pensaba Stephen Hawking sobre  o seu cameo dos Simson ?

How Stephen Hawking Transformed Our Understanding of Black Holes .Como Stephen Hawking transformou o nosa visión  dos buracos negros.

****************************************



What happens when a star enters a black hole ? 
Que ocurre cando unha estrela entra nun buraco negro ?

miércoles, 30 de septiembre de 2015

DE CIENCIAS NATURAIS /SOCIAIS


  Estrelas e constelacións.
                   por   IVÁN ÁLVAREZ BRAÑA

       Este verán fun ao cámping O Telleiro en Sada ( A Coruña ) onde estiven cos meus amigos e polas noites íamos  a un camiño ou á praia onde víamos estrelas e constelacións . As que sempre recoñezo son a Estrela Polar, a Osa Maior e a Osa Menor .
Tamén vin unha estrela fugaz que me sorprendeu moito porque nunca vira unha desas , foi moi bonita. 

 

Estrela Polar.
Denomínase  Estrela Polar á estrela visible a simple vista que se ubica na bóveda celeste de maneira máis próxima ao eixe de rotación da Terra no polo celeste; aínda que por convención, co térmo de Estrela Polar faise referencia á estrela máis próxima ao Polo Norte. De modo que permanece case fixa no ceo e sinala o Polo Norte xeográfico, polo que foi empregada polos navegantes como punto de referencia nas súas travesías oceánicas .

Osa Maior.
A Osa Maior ou Ursa Maior [abreviado UMa], tamén coñecida como  Carro Maior ,  é unha constelación visible durante todo o ano no hemisferio norte ( o noso) . Entre os aficionados se lle coñece co nome de “O carro”, pola forma que debuxan as súas sete estrelas principais.

Osa Menor.
A Osa Menor é unha das constelacións máis coñecidas do hemisferio norte. Consta de sete estrelas coa forma de carro; catro delas formarían o que é a parte fonda do carro e as outras tres serían o que é o mango do carro.
O elemento máis coñecido da Osa Menor é a Estrela Polar.
Dada a súa ubicacion ,  a Osa menor só se pode ver no hemisferio norte durante todo o ano.  Xunto coa súa compañeira a Osa Maior, é un dos elementos máis característicos do firmamento deste hemisferio .

Estrelas fugaces.
As estrelas fugaces son meteoros , concepto que fai referencia ao fenómeno luminoso que se produce cando un obxecto atravesa a nosa atmosfera. Estrela fugaz é un termino impropio  xa que non se trata propiamente de estrelas.
                                          Fonte de información : Wikipedia 

viernes, 1 de mayo de 2015

De CIENCIAS NATURAIS : sobre viaxes espaciais



De   CIENCIAS NATURAIS  :  sobre  viaxes  espaciais



 O  Apollo 13  unha misión errada   

por

Pablo Otón  Caridad

         O famoso foguete que non logrou conseguir o sono de pisar a Lúa  foi  o  Apollo 13 . O aparato despegou o 11 de abril de 1.989 . Ao cabo dun anaco os pilotos déronse conta de que o foguete tiña fallos , se estaban quedando sen osíxeno e foi  daquela  cando  o capitán dixera a famosa frase de “Houston temos un problema” . Ao remate  non conseguiron chegar á  Lúa  pero conseguiron chegar sans e salvos á Terra .  En realidade  caeron no océano Pacífico,  iso foi unha gran decepción para o ser humano pero máis adiante iso  foi conseguido. 



domingo, 26 de abril de 2015

A Terra de noite vista desde o espazo

.A  Terra de noite vista .desde o espazo . Imaxes da Estación  Internacional Espacial   ISS (  International  Space Station)  


       . 

                     
ETIQUETAS DAS ENTRADAS .
alxibe (1) Andrea Maceiras (1) anticiclón (1) apalpador (2) Apolo 13 (1) árbores (2) arqueoloxía (2) artistas e pintores na aula (1) astronomía (14) atletismo (1) auga (2) aurora boreal (1) avespa (1) bacterias (2) baloncesto (4) balonmán (2) bares (1) barómetro (2) biblioteca (7) biblioteca de Monte Alto (1) bodyboard (3) borrasca (2) boxeo (1) Brasil (1) buceo (3) buracos negros (1) buxaina (1) Caderno interactivo dixital (1) cálculo de superficies en inglés (1) cambio climático (1) cambios de estado (1) campionato de xadrez (1) Canarias (1) canción (2) canoas (3) cans (1) Capitanía Xeral (2) carballo (1) Carlos Casares (1) Carlos Maside (2) Carracedo Alvarez Angel (1) cartas (1) carteis (8) cartel de outono (3) Castelo de ´San Antón (2) castro (1) celebración (10) Cervantes (1) Chantada (1) China (1) ciclo da auga (1) Cidade Vella (19) ciencias (56) cine (7) circuitos eléctricos (4) clima (6) climogramas (1) coches eléctricos (1) comentamos libros (6) comentamos películas (7) cometa (1) Concello (3) Concello de A Coruña (4) concerto (4) condensación (1) conmemoración (16) constelacións (1) contadores de chistes (1) contaminación (4) Contos da Galicia Máxica (1) contos de Nadal (3) contos dos alumnos/as (1) Costa de Dexo (3) COVID 19 (1) crebacabezas (3) criba de Eratóstenes (1) Crisma dixital (7) cristais (1) culturas (2) curiosity (1) damas (1) danza (2) debuxos (7) densidade (2) deportes (7) Deportivo da Coruña (1) dereito á educación (1) dereitos humanos (3) Día da Paz (8) Día das Letras Galegas (4) Día do Libro (3) Diario de Greg (1) Digital Maths Notebook (2) dinosauros (1) diversidade cultural (9) domus (1) eclipse (3) ecoloxía (13) ecosistema acuático (4) ecosistemas protexidos de Galicia (1) educación ambiental (2) electroimán (2) Elviña (1) Emilia Pardo Bazán (1) empatía (7) encoro de Cecebre (1) entroido (14) Erica Esmorís (1) escalada (3) escáncer (1) escritores/as (10) Estación espacial (1) estrela polar (1) estrelas fugaces (3) Etiopía (1) etwinning (3) excursión (20) experimento (11) facemos cinema (2) Fairy oak (1) faros (1) festa (1) festa de despedida (1) Festival de Nadal (1) fin de curso (2) flotabilidade (2) Fonte do desexo (1) fontes de enerxía (1) fraccións (1) Francisco Fernández del Riego (2) frauta traveseira (1) fungos (2) fútbol (4) Gandhi (2) gas (1) gatos (1) geogebra (1) Héctor Cajaraville (1) historia (10) hobbys (4) hubble (1) incendio (2) inglés (5) instrumentos musicales (6) iogur (1) isobaras (3) isohietas (3) isotermas (3) ISS (1) judo (3) kárate (1) kiosko (1) La isla del tesoro (1) Lagoa de Bodeira (2) larpeiradas (7) lectura (26) Ledicia Costas (1) lenda (3) libraría (1) Librería Cascanueces (1) Luis Seoane (1) magosto (2) manualidades (14) Manuel María (1) mapas conceptuais (3) maqueta (4) marea negra (1) María Canosa (1) María Pita (2) Marrocos (3) Marte (1) mascotas (1) matemáticas (42) matemáticas dixitais (2) matemáticas en inglés (4) maxia (1) medidas de lonxitude (1) medioambiente (1) mergullo (4) meridiano de Greenwich (1) meteoroloxía (10) mexillóns (1) minerais (2) mitoloxía (1) mofos (1) monicreques (2) montaña (2) motor eléctrico (1) murallas (3) música (14) natación (2) natureza (7) noticias (4) nubes (1) nubes de palabras (1) números primos (1) O Grove (6) obradoiro (8) ondas sonoras (1) ordenadores (1) ortografía (1) outono (5) Oza dos ríos (1) pacifismo (3) pádel (1) pancartas (1) pandemia (2) papiroflexia (4) parchís (1) pardal (1) Parque de Aquaciencia (3) parque de Bens (1) Parque de Oza (1) patinaxe (2) paxaros (1) peixes (1) películas (8) penicilina (1) percusión (1) periquitos (1) perseidas (2) perseverance (1) petroleo (3) pi (1) pinchacarneiro (1) Pinocho (1) pintores galegos (3) piragüismo. (1) pirámide (1) planeta bermello (1) planetas (1) plantas (6) pluviómetro (2) Poesía (8) poleas (1) policía (1) poliedros (3) poliedros en inglés (2) porcentaxes (3) portas das murallas (3) Postais de Nadal (7) Praia de A Lanzada (3) Praza de Azcárraga (2) precipitacións (3) prehistoria (1) prensa (1) presión atmosférica (1) problemas de matemáticas (28) problemas de matemáticas en inglés (1) Proxecto de ciencias en inglés (1) Proxecto de matemáticas en inglés (1) pulmóns (1) pulsómetro (2) rap (1) ras (5) reciclaxe (20) recreacións artísticas (3) redacción (12) redes sociais (1) reloxo de sol (1) resilencia (1) respiración (1) revista dixital (11) Ría do Burgo (1) río Mandeo (1) robots industriais (1) rocha volcánica (1) rocódromo (4) Romanía (1) Rosalía de Castro (1) rúas (1) Samaín (4) scouts (1) seguridade en internet (2) Sir John Moore (1) snorkel (2) solidariedade (1) Stephen Hawking (1) surf (2) taboleiro de xadrez (3) taboleiro de damas (1) tambores (2) tangram (2) tartarugas (1) teatro (13) tecnoloxía (25) teléfono artesán (1) telescopio espacial (1) temperaturas (1) tempo atmosférico (5) temporal (4) termómetro (1) termómetro de alcohol e agua (2) The martian (1) The weather that we watch (2) Tiro con arco (1) tirolina (1) Titanic (1) tornado (1) Torre de Hércules (6) tramas (1) transmisión de son (1) trens (1) Trip to O Grove (1) un polbo na praia (1) urco (1) vacas (1) valores cívicos (8) vaporización (1) Victor y el monstruo (1) vídeo musical (1) videoconferencia (2) violín (1) viravolta (1) voar un papaventos (1) volcán (2) voleibol (1) xabaril (1) xadrez (2) xeo (1) xeografía (6) xeometría dixital (1) xerminación (1) ximnasia rítmica (1) xogos (5) xogos tradicionais (2) xordos (1)