Mostrando entradas con la etiqueta Cidade Vella. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Cidade Vella. Mostrar todas las entradas
martes, 5 de julio de 2022
miércoles, 15 de junio de 2022
Cidade vella : Sir John Moore e unha maqueta
DE LERIA CUN TAL SIR JOHN MOORE
IMPORTANTE : Recordounos que había que lle chiscar un ollo cada vez que vaiamos ao xardín de San Carlos coas nosas familias e pasemos diante da súa tumba.

Como unha actividade que é parte do proxecto A Cidade Vella saímos pola Cidade Vella cara a María Pita e atopamos a Sir John Moore ... quen nos contou cousas moi interesantes sobre este antigo barrio ( escudos , pedras, símbolos antigos , significado de prazas e rúas , pantasmas existentes ...) .Rematou a conversa connosco no xardín de San Carlos convertido en estatua ...
Foi unha roita tan divertida como informativa na que John Moore empregou unha curiosa mestura de linguas : galego, castelán, inglés , francés e portugués.
IMPORTANTE : Recordounos que había que lle chiscar un ollo cada vez que vaiamos ao xardín de San Carlos coas nosas familias e pasemos diante da súa tumba.
Con cartóns de refugallo elaboramos unha maqueta da Cidade Vella a partir dun vello plano de 1774. Este traballo sirviunos de soporte ás clases de C. Sociais relacionadas con Historia e que estamos a tratar ao longo do terceiro trimestre do Curso 21/22 .

viernes, 18 de febrero de 2022
Entroido 2022
A Rúa Cortaduría cuxo nome está asociado con cortadoría, que en galego é sinónimo de carnizaría , é o motivo para o que os/as alumnos/as de 5º e 6º foran disfrazados de carniceiras/os , actividade esta enmarcada no proxecto “ A Cidade Vella “
Aquí xa estamos en plena faena de carniceiros-entroidos/as desfilando ...un tanto entusiamados/as.
Aquí estamos de entroidos-carniceiros/as no colexio
Aquí xa estamos en plena faena de carniceiros-entroidos/as desfilando ...un tanto entusiamados/as.
lunes, 30 de abril de 2018
Visita á Cidade Vella e ao Concello
O mércores, 25 de abril , fixemos unha visita a algunhas prazas e institucións da Cidade Vella. Tamén estivemos no Concello da Coruña . ( En canto sexa posible poñeremos algúns comentarios á mesma)
O CONCELLO
PRAZA DE AZCÁRRAGA
CAPITANÍA XERAL
O CONCELLO
O CONCELLO
PRAZA DE AZCÁRRAGA
CAPITANÍA XERAL
lunes, 23 de octubre de 2017
De matemáticas: as lousas das rúas
Por Simón Rodríguez Rodríguez
SIMÓN adoita agasallarnos, de cando en vez, cando nos enfrontamos
a problemas
de matemáticas, con solucións alternativas , creativas , matematicamente correctas e impecablemente calculadas.
Na rúa do Rosario hai 175 lousas no chan. Na rúa Ferrarías hai o 84%
de lousas que hai na rúa do Rosario.
Si sumamos
as lousas da rúa Rosario , as da rúa Ferrarías e as da rúa Real que son o triplo de lousas que na rúa
Ferrarías, o resultado dá un número primo
ou composto ?
Si dividimos o total de lousas das tres rúas entre as lousas da rúa Ferrarías .
Cal é o cociente ? E
o resto ?
martes, 4 de julio de 2017
UNHA VISITA ÁS MURALLAS DA CIDADE VELLA
por
INÉS HERNÁNDEZ FERNÁNDEZ
O pasado 5 de xuño, os alumnos de 5º e 6º fixemos
unha visita guiada polas murallas da Cidade Vella. Faláronos das tres portas máis
importantes da Coruña: A porta do Parrote, a porta do Cravo e a porta de San Miguel.
Todas as portas tiñan dous escudos, o do rei e o do Capitán Xeral de Galicia. A
porta o Parrote foi a última en reformarse, foi construída en 1676, durante o
goberno do rei Carlos II .A porta do Cravo é moi parecida á do Parrote, pero a
parte de arriba quedou desfeita e xa non poden verse os escudos, a porta de San
Miguel construíuse en 1595 polo Capitán Xeral, esta fronte ao castelo de San
Antón.
O
castelo de San Antón era un illote. Tamén
foi unha prisión, entre os seus presos con sona estivo Gomez
Catoira, o fareiro da torre de Hércules,
que foi a prisión por traficar coa aceite que lle daban para manter a luz do faro . O castelo foi un lazareto onde os viaxeiros dos barcos
que viñan Á Coruña e tiñan una
enfermidade contaxiosa pasaban a corentena dentro do castelo e así evitar o contaxio da cidade despois reformouse e construíuse unha
fortaleza.
Tamén
visitamos o xardín de San Carlos, e dixéronnos que antes era un polvorin que
estalou e tiveron que reconstruír gran parte da súa muralla.
jueves, 13 de octubre de 2016
De matemáticas y con piedras
LUCAS CANABAL SAYAGO nos propone un problema matemático "empedrado" en la Ciudad Vieja.
La
calle Herrerías tiene CCCLXXXIX piedras en el suelo. La plaza de María Pita
tiene el cuadruple.
¿Cuántas
piedras hay en total entre las dos ? ¿Cuántas piedras tiene más
María Pita que la calle Herrerías?
As respostas poden vir como comentario á entrada ou correo ao blog .Publicarase a primeira resposta correcta que chegue antes.
jueves, 14 de mayo de 2015
UNHA SAÍDA POLA CIDADE VELLA
O día 17 de marzo tivemos unha saída por diversas prazas da
Cidade Vella .
A Praza de Azcárraga:
Antigamente chamábase Praza da fariña porque
alí había un gran almacén de fariña.
Dentro desta praza está a Fonte do desexo:
As autoridades querían facer unha
fonte dentro da praza así que pediron diversos modelos a obradoiros de Francia.
Despois de moito pensar fixeron un combinado
deles e saíu o deseño actual.
A pesar do seu nome, non é unha fonte do desexo para
tirar moedas e que se cumpra o teu desexo.
Construírona en
honra dunha muller que namorouse
dun campesiño e, pola noite, ían verse ás agachadas e para iso quedaban citados dende dúas
puntas opostas dun río que tiñan que cruzar. A muller levaba un facho que
iluminaba ao home para que puidera chegar nadando á beira onde
estaba ela. Entón o facho da muller apagouse cunha racha de vento e el non vía
nada. Ao non ver nada o probe morreu afogado. A rapaza , como non o vía, creu que lle pasara algo e decidiu tirarse ao auga para ir con el . A estatua con ela suxeitando o facho é un recordo
do feito.
Fonte do desexo : Debuxo de José Francesch Valiño
Fachada do Concello da Coruña. Debuxo de José Francesch Valiño
PALACIO MUNICIPAL : SALÓN DE PLENOS
Alí reúnese o alcalde cos concelleiros para falar con eles sobre temas
da cida de (Tamén serve para facer vodas)Na
vidreira do teito están escritos os nomes de 4 mulleres moi importantes da
Coruña: María Pita, Emilia Pardo Bazán, Concepción Arenal e Juana de Vega. En
cada asento hai representado na madeira un acto histórico da cidade.
martes, 27 de enero de 2015
De matemáticas: as festas do Rosario

Aínda
que non é a época Henrique Saínza Lema métenos nas
festas do Rosario e rétanos a descubrir o número de usuarios dunha atracción.
Nas
festas do Rosario da Cidade Vella houbo 1700 persoas , delas o
35% eran nenos , o
47% adolescentes e o resto
adultos . Cantas persoas houbo de cada tipo?
Se os nenos e a metade dos adultos montaron no Dragón Rei , cantas persoas montaron en total ?
Solucións poden vir como comentarios a esta entrada ou nun correo ao Blog.
Se os nenos e a metade dos adultos montaron no Dragón Rei , cantas persoas montaron en total ?
Solucións poden vir como comentarios a esta entrada ou nun correo ao Blog.
martes, 20 de enero de 2015
De matemáticas : os bares da Rúa Troncoso
DE MATEMÁTICAS
Gloría Romaní Saavedra achéganos
un problema que está asociado á
actividade tradicional da vella rúa
Troncoso dende hai moitos anos , é dicir a bares
, tabernas e restaurantes.

Na rúa Capitán Troncoso hai 2 restaurantes . A Casa Vasca e Pablo Gallego.Onte a Casa Vasca tivo cheas 5 mesas de 4 cadeiras e 2 de 2 cadeiras. Nunha
das mesas restantes só había 3 persoas. En Pablo Gallego tivo cheas 2 mesas de 2 cadeiras cada unha, pero ás 6 e media da tarde chegaron o dobre de persoas
que xa había.
Canta xente hai en total
nos dous restaurantes? . E en cada un ?
Solucións poden vir como comentarios a esta entrada ou nun correo ao Blog
Solucións poden vir como comentarios a esta entrada ou nun correo ao Blog
domingo, 23 de noviembre de 2014
De matemáticas : os cruceiros que chegan ao porto.
DE MATEMÁTICAS
Aproveitando
que o océano Atlántico baña as costas galegas e que , ultimamente , hai moito cruceiro por aquí. IVÁN ÁLVAREZ BRAÑA proponnos o seguinte problema de matemáticas .

Nun
barco que chega a A CORUÑA veñen 5.031 pasaxeiros : un terzo
deles son alemáns , outro terzo son franceses e o resto italianos.
Cantos
pasaxeiros son italianos?
Solucións
poden vir como comentarios a esta entrada ou nun correo ao Blog.
miércoles, 26 de marzo de 2014
SAÍDA POLA CIDADE VELLA : MURALLAS E CASTELO DE SAN ANTÓN
O día 13 de marzo
fixemos unha saída cara as antigas murallas da Coruña. Alí explicáronnos
diferentes aspectos das vellas portas que están naquel muro de pedra.
PORTA DO
PARROTE
Esta porta
foi unha das últimas portas da fortificación da cidade. A súa construción e de
1676. Foi construída sendo rei Carlos II. É a porta mellor conservada e nela
podemos ver tres escudos. O do medio e o escudo real e os dos lados son o
escudo do Conde de Aranda, o Capitán Xeneral de Galicia.
PORTA DO CRAVO Esta porta debeu ser moi parecida a do Parrote, só que non chegou os nosos días a parte de arriba onde debían estar os escudos.
CASTELO DE SAN ANTÓN
Inicialmente foi un lazareto é dicir un hospital onde se atopaba xente
con enfermidades contaxiosas como a lepra. Máis tarde foi unha fortaleza capaz
de defender a cidade dos numerosos ataques que sufriu durante anos.
Posteriormente converteuse nunha prisión. Un dos presos máis celebres que
tivo foi Gómez Catoira, quen era o fareiro da Torre de Hércules. Ao parecer dedicábase
a comerciar e facer cartos co
aceite que a el lle daban para manter a luz do faro.
Como só se chegaba alí por mar nunha pequena barca ou bote, a persoa que
levaba o bote, o boteiro, tiña alí a súa casa.
O castelo hoxe é un museo
arqueolóxico.
Elena , Lúa , Carmen Fernández e Carmen Álvarez
PORTA DE SAN MIGUEL
Foi construída en 1595 polo Capitán Xeneral Diego das Mariñas.Ten tres
escudos entre os que destaca o central
co colar exterior da Orde de Toisón de Ouro,un dos atributos da realeza
Española .Desemboca nun pequeno
embarcadoiro do que partía a barca que comunicaba o Castelo de San Antón.
XARDÍN DE SAN CARLOS
Primeiro foi
unha fortaleza medieval que protexía a cidade, anos mais tarde converteuse nun polvorin ata que no século XVII
estoupou , e onde morreron 200 persoas. Posteriormente foi
un lugar onde somente había cascallos . Despois foi o lugar escollido para
enterrar a Sir John Moore (Xeneral británico que participou na batalla de
Elviña) . Hai unha lenda que di que a partir daquel momento converteuse nun xardín
cunha pantasma e así cada 16 de Xaneiro ten lugar o reencontro de Lady Sthanhope e Sir
John Moore. Lady Sthanhope volve da súa tumba para deixarlle flores a Sir Jhon
More.
Os monitores
da ruta retáronnos a estar aquel dia alí pola noite,a algúns
de nós pareceulles unha boa e
divertida idea , e ver
se existía a pantasma e a lenda era real. A outros pareceulle que non era tan boa idea e
que terían medo .
Fernando,
Andrés , Mateo , Antía e Paula
Nesta fotografía
obsérvase como as pedras máis novas foron o recambio das antigas pedras que se
perderon na explosión do polvorín de San Carlos. As antigas vense que son máis pequenas , non tan cuadrangulares.
Mateo
miércoles, 19 de junio de 2013
Unha maqueta sobre a Cidade Vella
Con cartóns de refugallo elaboramos unha maqueta da Cidade Vella a partir dun vello plano de 1774. Este traballo sirviunos de soporte ás clases de C. Sociais relacionadas con Historia e que estamos a tratar nestes días.
ETIQUETAS DAS ENTRADAS
.
alxibe
(1)
Andrea Maceiras
(1)
apalpador
(2)
Apolo 13
(1)
arqueoloxía
(2)
astronomía
(13)
atletismo
(1)
auga
(2)
avespa
(1)
bacterias
(2)
baloncesto
(4)
balonmán
(2)
barómetro
(1)
biblioteca
(7)
biblioteca de Monte Alto
(1)
bodyboard
(2)
borrasca
(1)
boxeo
(1)
Brasil
(1)
buceo
(3)
buracos negros
(1)
buxaina
(1)
cálculo de superficies en inglés
(1)
cambio climático
(1)
cambios de estado
(1)
campionato de xadrez
(1)
Canarias
(1)
canción
(1)
canoas
(1)
cans
(1)
Carlos Casares
(1)
cartas
(1)
cartel de outono
(1)
Castelo de ´San Antón
(1)
castro
(1)
celebración
(10)
Chantada
(1)
ciclo da auga
(1)
Cidade Vella
(16)
ciencias
(55)
cine
(7)
circuitos eléctricos
(4)
clima
(5)
climogramas
(1)
coches eléctricos
(1)
comentamos libros
(6)
comentamos películas
(7)
cometa
(1)
Concello
(3)
Concello de A Coruña
(4)
concerto
(4)
condensación
(1)
conmemoración
(15)
constelacións
(1)
contadores de chistes
(1)
contaminación
(4)
Costa de Dexo
(1)
COVID 19
(1)
criba de Eratóstenes
(1)
cristais
(1)
culturas
(2)
curiosity
(1)
damas
(1)
danza
(2)
debuxos
(6)
densidade
(2)
deportes
(6)
dereitos humanos
(3)
Día da Paz
(5)
Día do Libro
(3)
Digital Maths Notebook
(2)
dinosauros
(1)
diversidade cultural
(8)
domus
(1)
eclipse
(2)
ecoloxía
(12)
ecosistema acuático
(3)
electroimán
(2)
Elviña
(1)
Emilia Pardo Bazán
(1)
empatía
(2)
encoro de Cecebre
(1)
entroido
(14)
Erica Esmorís
(1)
escalada
(3)
escáncer
(1)
escritores/as
(6)
Estación espacial
(1)
estrela polar
(1)
estrelas fugaces
(2)
Etiopía
(1)
etwinning
(3)
excursión
(19)
experimento
(11)
facemos cinema
(2)
Fairy oak
(1)
festa
(1)
festa de despedida
(1)
fin de curso
(2)
flotabilidade
(1)
fontes de enerxía
(1)
fraccións
(1)
Francisco Fernández del Riego
(1)
frauta traveseira
(1)
fungos
(2)
fútbol
(4)
Gandhi
(1)
gas
(1)
gatos
(1)
geogebra
(1)
historia
(9)
hobbys
(4)
hubble
(1)
incendio
(2)
inglés
(1)
instrumentos musicales
(5)
iogur
(1)
ISS
(1)
judo
(3)
kárate
(1)
kiosko
(1)
La isla del tesoro
(1)
larpeiradas
(7)
lectura
(24)
lenda
(3)
libraría
(1)
Luis Seoane
(1)
magosto
(1)
manualidades
(10)
Manuel María
(1)
maqueta
(4)
marea negra
(1)
María Canosa
(1)
María Pita
(2)
Marrocos
(3)
Marte
(1)
mascotas
(1)
matemáticas
(42)
matemáticas dixitais
(1)
matemáticas en inglés
(1)
maxia
(1)
medidas de lonxitude
(1)
mergullo
(3)
meridiano de Greenwich
(1)
meteoroloxía
(7)
minerais
(2)
mitoloxía
(1)
mofos
(1)
monicreques
(2)
montaña
(2)
motor eléctrico
(1)
murallas
(1)
música
(13)
natación
(2)
natureza
(7)
noticias
(2)
números primos
(1)
obradoiro
(7)
ordenadores
(1)
ortografía
(1)
outono
(2)
Oza dos ríos
(1)
pacifismo
(3)
pádel
(1)
pancartas
(1)
pandemia
(2)
papiroflexia
(4)
parchís
(1)
pardal
(1)
parque de Bens
(1)
Parque de Oza
(1)
patinaxe
(2)
paxaros
(1)
peixes
(1)
películas
(8)
penicilina
(1)
percusión
(1)
periquitos
(1)
perseidas
(2)
petroleo
(2)
pi
(1)
pinchacarneiro
(1)
Pinocho
(1)
piragüismo.
(1)
pirámide
(1)
planeta bermello
(1)
planetas
(1)
plantas
(5)
pluviómetro
(1)
Poesía
(8)
poleas
(1)
policía
(1)
poliedros
(3)
poliedros en inglés
(2)
porcentaxes
(1)
portas das murallas
(1)
Postais de Nadal
(1)
Praza de Azcárraga
(1)
precipitacións
(3)
prehistoria
(1)
prensa
(1)
presión atmosférica
(1)
problemas de matemáticas
(27)
problemas de matemáticas en inglés
(1)
Proxecto de ciencias en inglés
(1)
pulmóns
(1)
pulsómetro
(2)
rap
(1)
ras
(3)
reciclaxe
(15)
redacción
(9)
redes sociais
(1)
reloxo de sol
(1)
resilencia
(1)
respiración
(1)
revista dixital
(6)
Ría do Burgo
(1)
río Mandeo
(1)
robots industriais
(1)
rocha volcánica
(1)
rocódromo
(2)
Romanía
(1)
Rosalía de Castro
(1)
rúas
(1)
scouts
(1)
seguridade en internet
(2)
Sir John Moore
(1)
solidariedade
(1)
Stephen Hawking
(1)
surf
(2)
taboleiro de xadrez
(3)
taboleiro de damas
(1)
tambores
(2)
tangram
(1)
teatro
(13)
tecnoloxía
(24)
telescopio espacial
(1)
temperaturas
(1)
tempo atmosférico
(4)
temporal
(4)
termómetro
(1)
termómetro construido na escola
(1)
The martian
(1)
The weather that we watch
(1)
Titanic
(1)
Torre de Hércules
(4)
tramas
(1)
transmisión de son
(1)
trens
(1)
urco
(1)
vacas
(1)
valores cívicos
(8)
vaporización
(1)
Victor y el monstruo
(1)
vídeo musical
(1)
videoconferencia
(2)
violín
(1)
viravolta
(1)
volcán
(2)
voleibol
(1)
xabaril
(1)
xadrez
(2)
xeo
(1)
xeografía
(5)
xeometría dixital
(1)
xerminación
(1)
ximnasia rítmica
(1)
xogos
(5)
xogos tradicionais
(2)
xordos
(1)