INICIO   Do 2012 ao 2018    Do 2018 ao 2024    A CIDADE VELLA    *** SELO EUROPEO DE CALIDADE AO PROXECTO : THE WEATHER THAT WE WATCH***   MAQUETAS E RECICLAXE   ★ CIRCUÍTOS ELÉCTRICOS ★   ★ DESPEDIDAS DE PROMOCIÓNS ★
Mostrando entradas con la etiqueta larpeiradas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta larpeiradas. Mostrar todas las entradas

sábado, 21 de mayo de 2022

Kiosko dos de 6º. Fin da actividade

Rematou este venres  a actividade de Kiosko no tempo de lecer para axudar a recadar cartos de cara á excursion final de  etapa de  6º curso


Parabéns ao  sexto equipo de  vendedores do kiosko de 6º :  Santi, Tavita , Denis e Juan , responsables e moi eficaces no seu traballo.   Grazas  a todos  os implicados/as   neste  evento  durante todos estes venres pola súa colaboración e dedicación .

 Coma sempre , vendeuse todo o preparado e estaba  moi rico  . Houbo unha morea de  larpeiros/as  para mercar .

 Bo proveito a todos/as !!

 


viernes, 1 de marzo de 2019

Un Entroido con moito ambiente

           
Celebramos o Entroido no  colexio ambientado no 

noso proxecto escolar  "  ***  GALIZAR O MAR *** " 


 Houbo de todo un pouco : faros , percebes, pelucas 
, diademas , piratas ,pescantinas, caroutas...


Aquí están as nosas  caroutas 



Estes somos nós coas caroutas  dun faro milenario : A Torre de Hércules



           Algo de poesía e de música       
Ao compás da melodía
do Sancristán de Coimbra
cantamos unha copla
nunha  festa compartida


                                                               Esta foi a copla que cantamos


Todos os faros aluman
Todos os faros son bos
Os uns aluman dabondo
Nos outros a luz é menor

A nosa Torre é bonita
Aluma  moito na noite
Pero ainda é moito mellor
Cando a vemos dende o solpor

Estoutra    feitiña   copla
preparar…   a preparamos
mais por razóns de tempo
cantar…  non a  cantamos     

                              Échevos moi  bonita

Os faros que dan luz con xeito
 Son  os que dan luz ao limpo
Os faros que valen moi pouco
Son os que  encubren  o lixo
Un  mar  verdecente  ou  azul
Un mar  limpo e con vida
Un mar sen lixo ou petróleo
Ese é un mar con garantía


Cantamos ben dabondo. Bos cantantes e bo preparador.


Algo de larpeiradas e todas ben cociñadas  

 Aquí estamos gozando das delicias do Entroido . 



  Boas viandas e moito larpeiro/a



  Parece que había fame .Estaba todo moi rico. 
 

sábado, 17 de febrero de 2018

Entroido do venres :



 1.    Obradoiro de  carautas   e   ,  por suposto...
          RE - CI - CLAN - DO      CARTÓNS   . 





 2.   Grupo de  6º agrupados  onda a porta da clase  coas carautas postas


 3. Comida no corredor  . Nas fotos de abaixo  pódese observar   ao grupo   cun comportamento manifestamente larpeiro.




 
                              
                                   
        


            


 Ademais de comer larpeiradas típicas do entroido  e de fabricar carautas tamén cantamos unhas simpáticas coplas de entroido xunto cos compañeiros de todo o colexio.
   Foi un día bonito. 


martes, 13 de febrero de 2018

Festa do entroido do xoves pola tarde .

                       

        Águeda , Simón , Rocío , Lucía Silva e Marina   cóntannos  algunhas cousas da festa do xoves na que recadáronse cartos para a excursión de fin de curso  . 
 Na festa,  a moi boa organización ,  o bo traballo e  a  eficiencia  dos alí implicados   ( pais/nais e alumnos/as  de 6º ) redundaron  nunha festa  moi  entretida e cos obxectivos cumpridos.  Houbo de todo:  mercadillos ,  comida , bebida , música,  rifas , tómbola... 
    En breve pasaremos información sobre a festa do venres  ,  estoutra festa compartida cos compañeiros de todo o colexio.           -----------------------------------------------------------------------              
Águeda 
     Este ano organizamos nós a festa  .  Foi moi divertido.
Compráronnos moitas cousas porque todo estaba
riquísimo .
    Tamén tiñamos unha tómbola pero non tivo
moito éxito, aínda así compraron cousas.  Na comida tiñamos
unha cola interminable pero grazas aos nosos pais conseguimos
facer todos os pedidos e con éxito.
      A xente lle tivemos que gustar porque nos deixaban propina
e todo o mundo se divertía  .Pero houbo un momento ,ao principio,  que non tiñamos cambio e iso nós agobiou pero grazas aos pais
que nos deixaron cambio ,conseguímolo arreglar .
     Os pais foron os nosos salvadores. Tamén asistiron á festa o
director e o noso titor Carlos que nos sacou moitas fotos.
     Os alumnos que organizaron a festa o ano pasado viñeron
e os de hai dous tamén . 
      Case non sobrou comida .  Tamén había unha cesta de comida e para participar nos tiñan que comprar rifas. Vendimos case todas as rifas . E tres persoas gañaron esas magnificas cestas. Saímos de alí  moi tarde porque tiñamos que recoller e contar o diñeiro.
Pero todo ese esforzo valeu a pena porque o que importaba era que a xente o pasara ben.
   Foi un éxito rotundo
                             Simón

O meu posto da festa do entroido foi vender
comida no posto de comida.
Non era moi difícil . O único que era un pouco complicado foi facer os “perritos calentes.”
Nun momento tamén vendín rifas aínda que non vendín tanto como un compañeiro que vendeu as cen rifas.
Recadamos moito diñeiro e ademais nos desfixemos dalgúns xoguetes que xa non nos gustaban. Eu me comprei dous libros. Nun momento dado que eu estaba vendendo “perritos” un señor nos pediu cinco “perritos” e non nos daba tempo a facelos todos , pero máxicamente os maiores nos axudaron e o acabamos.



                              Rocío
Este jueves, como todos los años, hubo una fiesta de carnaval en el colegio en la que se venden cosas como churros,orejas,rosquillas, palomitas y este año hay una cosa nueva que es vender libros y juguetes.
Todo este dinero va para la excursión de fin de curso de los mayores del colegio que este año somos nosotros. Yo iba disfrazada de Caperucita y estuve vendiendo rifas,libros,juguetes y marcapáginas.
Otra curiosidad de la fiesta es que la mayoría de las cosas que se vendían eran hechas por nosotros o juguetes que teníamos. 
         
                               Lucía Silva             
A festa do entroido gustoume moito .

Eu repartín papeletas para o sorteo .

Despois lle din as papeletas a outra nena e fun para o posto de segunda man .

Alí vendimos moitos xoguetes para darlles un novo uso .

Ao final gañamos 1045 euros.

Nolo pasamos xenial !


                                                              Marina  

 
Onte foi a festa do antroido no noso colexio .Eu máis dous compañeiras atendimos o posto de comida:bocadillos ,palomitas,zumes,refrescos...Había un monton de persoas. Foi moi divertido atender á xente pero tamén un pouco cansino! Ao final recadamos moito diñeiro e pasámolo xenial.


            Aquí  estamos ...
 










              
                     Vellos  e  novos alumnos ,  xuntos  pero non revoltos 
   Os  distinguidos exlumnos/as  que  aquí  aparecen  viñeron a visitarnos , a rememorar os seus vellos tempos  e algunha "batalla" no noso colexio .

 
           Gloria , Ana , Iván e June   aquí están .   Moitos recordos e vivencias foron compartidos  
 con humor  nesta festa. 

viernes, 12 de febrero de 2016

Festa do Entroido do xoves pola tarde

   Nico. Martínez , Ana , June e Yeray cóntannos algunhas cousas sobre aquela festa onde a  participación organizada , moi correcta , xenerosa e entusiasta  ( como non podía ser menos ) dos alumnos/as  de 6º serviu  de estímulo e exemplo para que todo saíra ben.

  
  • Sobre a festa e os vendedores/as de aperitivos e bebidas por NICO. MARTÍNEZ
 O xoves da semana pasada tivo lugar a que, na miña opinión, foi a mellor festa de entroido do colexio. Batemos récord de recadacións!
Había tres postos: o meu, dedicado a chuches, aperitivos salgados e bebidas; o interior, utilizado para a venda de doces, bebidas quentes e “perritos calientes”; tamén tiñamos un posto con manualidades e rifas á venda.
No meu posto o traballo fora moi intenso, sempre tiñas a alguén que atender.
Ao final vimos que batemos récord de recadacións: 875 euros! A anterior marca estaba en 800. Foi todo un éxito. 
  • Sobre os vendedores/as de chocolate, orellas, tarta de queixo e outras lapeiradas  por     JUNE
Había moita xente que quería comprar doce e cinco persoas atendendo, tamén estaban algúns pais axudando. Acabáronse os pratos de plástico e, despois dun anaco, encontraron máis. Era un lío bastante grande, sobre todo o do diñeiro que había que cobrar, tiñas que mirar canto custaba cada cousa se non che acordabas.   Ademais axudounos Lola unha antiga compañeira de clase.  Moitas persoas compraban comida para levar á festa do colexio ao día seguinte. O que máis compraron foi o chocolate.
  • Sobre os vendedores/as de rifas por YERAY
   Foi moi divertido vender as rifas, sobre todo cando lle preguntábamos á xente se querían rifas e nos respondian que sí. Había xente que comprara moitas rifas e que non lle tocara nada e outras que compraran só unha rifa e lles tocou algo.
Ao remate da festa estabamos todos agotados de vender rifas porque había moita xente. Recadamos moito diñeiro vendendo rifas. Eu paseino moi ben.
  •  Sobre as vendedoras de manualidades por ANA

Na festa, Rebeca, Iria, Natalia, Sarah, a irmá de Yeray, Sandra e eu vendíamos manualidades de todo tipo: figuras de gomiñas, marca-páxinas, figuras de hama beads, pulseiras de gomiñas e broches. Todas estas manualidades fixeronas case todas as nenas que nomei eu. A venda foi bastante ben e vendimos case todo. Viñeron moitas nenas a comprar e algúns nenos. Recadamos arredor de 47 euros.Neste posto , todas nós  pasámolo moi ben vendendo. Foi moi divertido e entretido.



sábado, 14 de febrero de 2015

ENTROIDO 2015 


Con algo de xeito ,  bastante paciencia e moitos cartóns de   refugallo  ,  fixemos máscaras para o entroido . Dándolle impulso e continuidade , deste xeito,  ao proxecto escolar  "Comprometidos coa terra "  que ten como obxectivo básico  o de concienciar ao alumnado nas boas practicas   no uso do papel .   






 Aquí estamos   coas nosas máscaras.




  

Á festa do Entroido levamos   larpeiradas    das que dimos boa conta  ,   compartíndoas cos nosos compañeiros de 4º e 6º. 


 Na festa tamén cantamos


                                                                                                                       Ana


                                                                      Iria




UN ENTROIDO ALTERNATIVO : TOKIO 
   REBECA E GLORIA   DELEITANNOS  CUN CURIOSO RELATO SOBRE  TOKIO E O ANTROIDO

domingo, 9 de marzo de 2014

O ENTROIDO

       O xoves, día 27 pola tarde,tivemos unha festa de entroido organizada polos pais\nais de 6º para todo o colexio. Houbo moita festa e moito disfrace, alí vimos dende pequenos spidermans ata grupos de góticas. Tamén vimos disfraces de sevillanas, piratas, princesas ,Hulks , demos, mexicanos , e ata pequenos policías...
Houbo música,bocadillos de chourizo, queixo, nocilla , refrescos de cocacola, refrescos de laranxa e limón , zumes e augas . Sorteáronse unha cesta de comida e unha caixa de viño.
Tamén se fixeron para vender ricos postres caseiros. Mmmmm. Que ricos estaban!

Ao día seguinte, na festa do entroido do colexio, cantamos unha canción sobre os nosos disfraces.
(de allos e cebolas )

Esta é :

Nos somos as cebolas
redondas e con moitas capas
todo o día chorando
aínda que levemos gafas.

Nos tamén imos de allos
e na casa non cantamos
pero na festa do cole
o entroido festexamos.

                  Carmen   Fernández  e Carmen  Álvarez
                              
Nós con caras de allos e de cebolas



                   
ETIQUETAS DAS ENTRADAS .
alxibe (1) apalpador (2) Apolo 13 (1) arqueoloxía (2) astronomía (13) atletismo (1) auga (2) bacterias (2) baloncesto (4) balonmán (2) barómetro (1) biblioteca (7) biblioteca de Monte Alto (1) bodyboard (2) borrasca (1) boxeo (1) Brasil (1) buceo (2) buracos negros (1) buxaina (1) cálculo de superficies en inglés (1) cambio climático (1) cambios de estado (1) campionato de xadrez (1) Canarias (1) canción (1) canoas (1) cans (1) Carlos Casares (1) cartas (1) cartel de outono (1) Castelo de ´San Antón (1) castro (1) celebración (10) Chantada (1) ciclo da auga (1) Cidade Vella (17) ciencias (55) cine (6) circuitos eléctricos (4) clima (5) climogramas (1) coches eléctricos (1) comentamos libros (6) comentamos películas (7) Concello (3) Concello de A Coruña (4) concerto (4) condensación (1) conmemoración (15) constelacións (1) contadores de chistes (1) contaminación (4) COVID 19 (1) criba de Eratóstenes (1) cristais (1) culturas (2) damas (1) danza (2) debuxos (6) densidade (2) deportes (6) dereitos humanos (3) Día da Paz (5) Día do Libro (3) Digital Maths Notebook (2) diversidade cultural (8) eclipse (2) ecoloxía (12) ecosistema acuático (2) electroimán (1) Elviña (1) Emilia Pardo Bazán (1) encoro de Cecebre (1) entroido (14) escalada (3) escáncer (1) escritores/as (6) Estación espacial (1) estrelas fugaces (2) Etiopía (1) etwinning (3) excursión (19) experimento (11) facemos cinema (2) Fairy oak (1) festa (1) festa de despedida (1) fin de curso (2) flotabilidade (1) fontes de enerxía (1) Francisco Fernández del Riego (1) frauta traveseira (1) fungos (2) fútbol (4) Gandhi (1) gas (1) gatos (1) geogebra (1) historia (9) hobbys (4) hubble (1) incendio (2) inglés (1) instrumentos musicales (5) iogur (1) ISS (1) judo (3) kárate (1) kiosko (1) La isla del tesoro (1) larpeiradas (7) lectura (24) lenda (3) libraría (1) Luis Seoane (1) magosto (1) manualidades (11) Manuel María (1) maqueta (4) marea negra (1) María Pita (2) Marrocos (3) Marte (1) mascotas (1) matemáticas (41) matemáticas en inglés (1) maxia (1) medidas de lonxitude (1) mergullo (2) meteoroloxía (7) minerais (2) mitoloxía (1) mofos (1) monicreques (2) montaña (2) motor eléctrico (1) música (13) natación (2) natureza (7) números primos (1) obradoiro (7) ordenadores (1) outono (2) Oza dos ríos (1) pacifismo (3) pádel (1) pancartas (1) pandemia (2) papiroflexia (4) pardal (1) parque de Bens (1) Parque de Oza (1) patinaxe (2) paxaros (1) peixes (1) películas (8) penicilina (1) percusión (1) periquitos (1) perseidas (2) petroleo (2) pi (1) pinchacarneiro (1) Pinocho (1) piragüismo. (1) pirámide (1) planetas (1) plantas (5) pluviómetro (1) Poesía (8) poleas (1) policía (1) poliedros (2) poliedros en inglés (1) portas das murallas (1) Postal dixital (2) Praza de Azcárraga (1) precipitacións (3) prehistoria (1) prensa (1) presión atmosférica (1) problemas de matemáticas (27) problemas de matemáticas en inglés (1) Proxecto de ciencias en inglés (1) pulmóns (1) pulsómetro (2) rap (1) ras (3) reciclaxe (14) redacción (9) redes sociais (1) reloxo de sol (1) respiración (1) revista dixital (6) Ría do Burgo (1) río Mandeo (1) robots industriais (1) rocódromo (2) Romanía (1) Rosalía de Castro (1) rúas (1) scouts (1) seguridade en internet (2) Sir John Moore (1) solidariedade (1) Stephen Hawking (1) surf (2) taboleiro de xadrez (1) taboleiro de damas (1) tambores (1) tangram (1) teatro (13) tecnoloxía (23) telescopio espacial (1) temperaturas (1) tempo atmosférico (4) temporal (4) termómetro (1) termómetro construido na escola (1) The weather that we watch (1) Titanic (1) Torre de Hércules (4) transmisión de son (1) trens (1) urco (1) vacas (1) valores cívicos (8) vaporización (1) Victor y el monstruo (1) vídeo musical (1) videoconferencia (2) violín (1) viravolta (1) volcán (1) voleibol (1) xabaril (1) xadrez (2) xeo (1) xeografía (5) xeometría dixital (1) xerminación (1) ximnasia rítmica (1) xogos (4) xogos tradicionais (1) xordos (1)