miércoles, 14 de junio de 2023
GEOGEBRA ..
sábado, 14 de mayo de 2022
De MATEMÁTICAS . O número PI 3,1416...
Nos últimos días de clase de matemáticas houbo algunhas preguntas e mesmo algo de debate sobre o número 𝞹 . Eu conteivos daquela algunhas cousas pero déixovos aquí un enlace a vídeos sobre aspectos curiosos deste enigmático e interesante número .
Premede na imaxe para acceder aos vídeos .
sábado, 20 de noviembre de 2021
domingo, 6 de junio de 2021
De Matemáticas e Plástica :TANGRAMS
Fixemos en Plástica TANGRAMS con cartóns de refugallo . A actividade cadrounos moi ben para a lección actual de Matemáticas: figuras planas, polígonos , triángulos de diferentes tipos, ángulos...
miércoles, 17 de marzo de 2021
DE MATEMÁTICAS : MERGULLO NO CASTELO DE SAN ANTÓN
POR HUGO
Ilustración feita por HUGO
Sete rapaces foron facer mergullo no Castelo de San Antón. Atoparon alí os restos dun antigo barco francés.
Entre os restos atoparon: coitelos, espadas, colares, coroas de ouro e aneis
En concreto :
-28 coitelos
-A metade do número de coitelos son espadas,
-A metade do número de espadas son colares,
-O triplo dos colares son aneis,
-Xuntando os coitelos máis os colares é igual ao número de coroas.
- Cantos elementos hai de cada resto?
- Cantos elementos de cada resto lle tocan a cada rapaz?
Tamén había unha rocha ao lado na que poñía:“Este barco naufragou no ano 1050”. Pero preto dela había unha táboa podrida que poñía:“Se multiplicas x 2 ese ano e lle restas 490 anos darache o ano no que naufragou o barco de verdade”.
- Cando naufragou o barco realmente? XA TEMOS UN ACERTANTE DO PROBLEMA
- Parabéns Rayan !!!
miércoles, 10 de marzo de 2021
De Matemáticas : o reloxo de sol
Lois, Badar , Gabriel , Fasil, Yasmín , Catalina , Alicia , Sabela , Hugo e Juan
elaboraron Reloxos de sol con motivo da lección de Matemáticas relacionada co sistema sesaxesimal .
Ademais Alicia , Catalina e Yasmín recabaron información sobre diversos aspectos relacionados con este tipo de dispositivo.
¿Qué es un reloj de sol? El reloj de sol es un instrumento que utiliza la sombra dada por el sol para indicar la hora. Se compone de un estilo, que da la sombra, y de una superficie que es la que recibe la sombra del estilo.
¿Cuándo fue creado el reloj de sol? El primer reloj creado por el hombre fue el solar. Se estima su uso en China 3000 años antes de Cristo, siendo encontrado ademas en Egipto un reloj de sol de aproximadamente 1500años antes de Cristo. El primer reloj de sol estaba basado en una estaca clavada en el suelo.
Alicia e Catalina
El reloj de sol
El reloj de sol o reloj solar es un instrumento usado desde tiempos muy remotos con el fin de medir el paso de las horas minutos y segundos. En castellano se denomina cuadrante solar. Se emplea la sombra arrojada por un gnomon o estilo sobre una superficie con una escala para indicar la posición del sol en el movimiento diurno . Según la posición del gnomon y la forma de la escala se puede medir diferentes tipos de tiempos . La más habitual es el tiempo solar aparente.
Yasmín
martes, 2 de marzo de 2021
DE MATEMÁTICAS . PROBLEMA ORIXINADO NUN INCENDIO.
POR FASIL
Ilustración feita por Fasil
No colexio máis grande do mundo e nas aulas do nivel de 5º houbo un gran incendio e se quedaron sen mesas.
Pediron axuda a coles como Cidade Vella, A Grande Obra e Zalaeta.
En Cidade Vella había 26 mesas para 23 alumnos. Na Grande Obra e Zalaeta sobraban 20 mesas en cada unha das aulas A, B e C . De Cidade Vella colleron as sobrantes , na Grande Obra e Zalaeta colleron a metade das sobrantes de A, B e C .
Finalmente xuntaron todas as mesas que puideron coller e as repartiron entre sete clases.
Cantas mesas tocaron a cada clase ?
A resolución desta pregunta a facedes como un comentario á entrada ao blog.
Xa temos un acertante do problema !
Parabéns Hugo !!!
miércoles, 3 de febrero de 2021
De Matemáticas. Cando imos ao supermercado …
POR MATEO
Mateo propón algúns problemas
asociados a ir de compras ao
supermercado.
a) No Mercadona hai 40 persoas , no Gadis 30 e no Froiz a metade dos que hai no Mercadona.
Cantas persoas hai en total nos tres supermercados ?
a) No Froiz compran todos 1Kg de tomates , no Gadis ninguén compra tomates nin laranxas e no Mercadona tres cuartas partes das persoas compran laranxas e o outro cuarto tomates.
O prezo dos produtos é:
o tomate 2€/Kg e a laranxa 1€/Kg
Canto diñeiro gastan en total?
Que coincidencia hai entre as dúas preguntas?
A resolución destas preguntas a facedes como unha entrada ao blog.
Xa temos un acertante do problema !
Parabéns Manu !!!
martes, 30 de abril de 2019
De Matemáticas : Formas geométricas -caleidociclos
El caleidociclo (cali; belleza, eidos; forma y ciclo; anillo, girar o volver al punto de origen), es un conjunto de piezas de origami, formada por anillos de tetraedros generalmente no regulares.
Están normalmente plegadas en papel y pueden girar sobre su centro actuando como bisagras las aristas que unen los tetraedros.
JUAN nos presenta un instructivo vídeo sobre como construir un caleidociclo .
HAZ CLIK AQUÍ PARA VER EL VÍDEO
martes, 9 de abril de 2019
DE MATEMÁTICAS E VALORES CÍVICOS .
Ao remate desta entrada reproducimos literalmente as correctas , precisas e matematicamente ben razoadas respostas que deron estes alumnos /as .
Estimados alumnos/as : vouvos plantexar eu , como voso titor, este problema que ten algo de real , un pouco de conto e , se cadra , de lenda máis ou menos urbana do vello barrio coruñés de Monte Alto .
O conto
O resto, a inmensa maioría da asemblea da tribo das ras e sapos , fixo un respectuoso silencio cando Frogha, a xefa, seguiu describindo o complicado escenario do conflito que se achegaba. Falou con voz tranquila e firme.
Aplica o que coñezas sobre dobre, triple,metade, hectolitros , centilitros e litros para axudar a Frogha a derrotar ao exército de bichos e polo tanto contesta a estas
E disque as ras ( as da súa corda , non as outras ) , mesmo ás veces achegábanse a el croándoo co poderoso , emblemático e suxestivo nome de AUGUSTO CESAR FILEMÓN .
Cando se retirou da charca ninguén o botou de menos agás ... as ras e sapos da súa corda .
Xa cerca do seu retiro déronlle unha coroa de loureiro cunhas floriñas nun día que orballaba de abondo na Ría de San Amaro . Pero isto … xa é outra historia, tamén con enjundia , e excede, obviamente, o contido do noso interesante problema.
*** RESPOSTAS CORRECTAS QUE NOS ENVIARON ***
MANU , LOIS , HUGO , EIZÁN , SOFÍA ÁLVAREZ E BRAYAN ENVIARON POR DIFERENTES MEDIOS O PROBLEMA ASÍ CONTESTADO PARA AXUDAR A FROGHA
1. 402 litros
LUCILA
SOFÍA MALAGÓN
jueves, 21 de marzo de 2019
DE MATEMÁTICAS :Medidas de lonxitude alternativas.
Nós sabemos que a metade do noso corredor mide 67 libros . Como ? Aquí o explicamos .
Traballo práctico de matemáticas de Rayan , Hugo , Manu , Claudia e Carmen
Manu midió o longo do libro .
Claudia e Carmen mediron a primeira parte do tramo
Rayan e Hugo miden a segunda parte do tramo
En resumo: transformamos de libros a centímetros e de centímetros a metros .
jueves, 21 de junio de 2018
DMN : unha autoavaliación compartida cos franceses.
Déixovos aquí unha avaliación que me acaba de chegar ao Portal etwinning que fan os vosos compañeiros franceses do proxecto etwinning deste ano DIGITAL MATH NOTEBOOK , para que a vexades xunto cun vídeoresumo ( está en francés subtitulado en inglés ) que fan eles da súa participación .
Se queredes engadir algún comentario nese cartel dixital (PADLET) mo enviades por correo e o inclúo eu aí. O comentario debe estar en inglés e castelán e/ou galego Como vos digo sempre á hora de avaliar e valorar algo : sede construtivos e positivos
O Caderno Dixital será actualizado dentro de pouco coas últimas aportacións de todas as escolas . Se xurde algúnha información máis sobre este proxecto, xa sabedes , vos manterei informados no
Blog de clase.
Tamén haberá en breve no blog algunha referencia aos magníficos traballos de maquetas e circuítos eléctricos.
Pasade un bo verán .
martes, 22 de mayo de 2018
DE MATEMÁTICAS : PAPIROFLEXIA E POLIEDROS
Destreza , maña , habilidade no manexo do papel ,sentido das simetrías , estratexias para deixar ben adheridas figuras problemáticas, procura de información en diferentes sitios sobre figuras volumétricas , en fin, diversas capacidades foron postas en exercicio.
Animación en formato .Gif elaborada por SIMÓN
Animación en formato .MP4 elaborada por XOEL
As a final work for the tasks of origami that we carried out in the etwinning project , we made a description of some important figures.
Como traballo final para as tarefas de papiroflexia que levamos a cabo no proxecto etwinning , fixemos unha descrpción dalgunhas figuras importantes .