Hai uns días (18 de febreiro ) un vehículo, o Perseverance, tomou terra na superficie de Marte de cara a investigar os indicios de
vida neste planeta nun tempo pasado. Este vehículo partiu da Terra en xullo de 2020
Déixovos aquí unha animación da chegada e exploración dun vehículo moi parecido ao Perseverance pero que foi lanzado hai uns anos : o Curiosity .
"THE MARTIAN" O valor da empatía e da resilencia.
Deixo aquí tamén dous trailers da película "The martian" que trata sobre as peripecias dunha misión tripulada a Marte . O film ademais de ser moi bo no tratamento de imaxes dunha viaxe espacial e na recreación de paisaxes de Marte transmite a importancia de valores como a empatía e saber resisitir cando a adversidade é total buscando a complicidade dos compañeiros/as.