O venres , 17 de decembro, fomos ao Forum Metropolitano a ver unha obra musical de monicreques baseada nun personaxe do camiño de Santiago :
“ Don Gaiferos “
Alumnos/as de 6º fan aquí de xeito resumido algunhas valoracións e aspectos salientables do visto.
"
A historia fala dun señor que fixo o camiño de Santiago . Ía coñecendo xente e tiña un amigo.
O que chamoume a atención foron os personaxes porque eran divertidos.
Tamén cando empezaron a bailar cuns bonecos cabezóns, e cando apareceu un lume da nada.
A obra estaba moi ben elaborada e chamoume a atención un burro que aparecía ao principio"
"... e cando a demo lle deu bicos a Gaiferos e Gaiferos desmaiouse.
Chamoume a atención os monicreques polo o seu deseño e os seus movementos.
Cando a mandrágora mentiu a don Gaifeiros. Por que foi unha mandrágora? "
"... E que houbera cambios de escenario.
Chamoume a atención que había uns bonecos con caras moi graciosas e eran moi grandes .
Tamén había un home que voaba nunha alfombra.
O que máis me gustou foi como tocaban os instrumentos.
Os
monicreques cando tocaban un instrumento o movían coa man."
" Chamoume a atención cando cambiaron o fondo para un campanario e había como dúas persoas voando.
Que o fondo do escenario cambiase de cor.
Pois a verdade é que me pareceu unha obra moi entretenida porque ten bos actores e un bo escenario .
Os monicreques estaban moi ben feitos e son moi orixinais."