INICIO   Do 2012 ao 2018    Do 2018 ao 2024    A CIDADE VELLA    *** SELO EUROPEO DE CALIDADE AO PROXECTO : THE WEATHER THAT WE WATCH***   MAQUETAS E RECICLAXE   ★ CIRCUÍTOS ELÉCTRICOS ★   ★ DESPEDIDAS DE PROMOCIÓNS ★
Mostrando entradas con la etiqueta María Pita. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta María Pita. Mostrar todas las entradas

miércoles, 28 de abril de 2021

UN INCENDIO INESPERADO EN MARÍA PITA

O xoves , 22 de abril, houbo un incendio en María Pita . O incendio saiu en dous xornais. 

O INCENDIO EN LA VOZ DE GALICIA 

  O INCENDIO EN LA OPINIÓN DE A CORUÑA

  O incendio tamén  tivo outros observadores . Os alumnos de  5º  do noso colexio . Aquí contan o seu relato do acontecido.

           Fotos  e vídeos  do incendio proporcionadas por  María e Hugo

 

  



  UN VÍDEO DO INCENDIO . PREME AQUÍ

OUTRO VÍDEO DO INCENDIO . PREME AQUÍ

  

               Rotulado de Sofía

     HUGO 

  O xoves , 22 de abril, moitos alumnos da clase de 5º de primaria fomos  a María Pita porque era o aniversario de María.             Eu empecei a ulir a queimado e pensei que era unha grellada  dos veciños. Pero de súpeto empezou a saír un montón de lume dunha casa e o pai de LOIS avisou á policía.Empezaron a chegar máis policías e pecharon a zona. Chegaron os bombeiros e unha ambulancia. Usaron a escaleira para subir e apagar o incendio coa mangueira. NON HOUBO NIN MORTOS NIN FERIDOS .


        LOIS 

O xoves , 22 de abril, en María Pita estabamos moitos amigos do Ceip Cidade Vella e de súpeto o meu pai foi correndo ao axuntamento e un policía foi correndo ao lado dunha casa cunha estada . Acto seguido cheirei a queimado e fun correndo, o 2º foi Juan e o 3º Hugo e chegaron moitos, moitos, moitos, moooitos policías e bombeiros, despois chegou a ambulancia.

 Uns nenos de Dominicos puxéronse a berrar: Que estes bombeiros nos tiren caramelos! E Juan  dixo:  Si , a ver se vos tiran auga!  Despois todos nos fomos a xogar.

  SOFÍA

O día 22 de abril houbo un incendio en María Pita. Estabamos xogando e de súpeto dun tellado empezou a saír lume, eu pensaba que era que estaban facendo un asado pero ... era que algo se estaba queimando! Uns minutos despois chegaron os bombeiros, a policía e a ambulancia, pero por sorte non había mortos. Ao final os bombeiros apagaron o lume.

MARÍA 

O día 22 de abril houbo un incendio en María Pita. Estaba toda a miña clase. Estabamos todos tranquilos cando de súpeto empezou a correr a policía .A nós , nos chamou atención e fomos ver que era o que pasaba . Cando saímos dos soportais vimos que se estaba incendiando unha casa! E eu asusteime moito . A miña nai buscounos e nos levou aos soportais para estar protexidos.O incendio foi  cesando  ata que parou . Cando pasou continuamos celebrando o meu aniversario.

BADAR

 Un día no aniversario de María estabamos en María Pita , despois houbo un incendio e o pai de Lois  chamou á policía . A policía chamou á ambulancia e a os bombeiros que intentaron ver se había algún corpo pero non había ningún corpo .Durou uns 45 minutos ou 1 hora. Algunhas persoas gravaron vídeos ,fixeron fotos , etc . 

YASMÍN E TAVITA  

Estabamos tranquilos en María Pita uns cantos nenos e nenas da clase celebrando o aniversario de María. De súpeto empezou a xuntarse un montón de xente hasta que nos dixo a policía que se estaba queimando unha casa e a policía afastounos do lugar.

 Despois de que a policía nos afastara chamaron aos bombeiros e viñeron máis policías. A xente estaba superasustada e illada. Despois dunha hora de drama veu unha ambulancia. Chegaron como 3 ou 4 coches máis de policías e de bombeiros. Despois de media hora un bombeiro logrou apagar o lume, e so si, había moito fume. En fin, un xoves moi tolo 

O incendio visto por YASMÍN  

 


O incendio visto por FASIL  



 

jueves, 14 de mayo de 2015

UNHA SAÍDA POLA CIDADE VELLA


             Información elaborada por   June Roca Sedano  , Ana Sánchez-Vieites Bueno  ,  José Francesch Valiño,  Carlos Nicolás Martínez  Elvar , Rebeca  Moreno Vázquez   e  Iván Alvarez Braña          

 O  día  17 de marzo  tivemos unha saída por diversas prazas  da  Cidade Vella . 
  A  Praza de Azcárraga:
  Antigamente chamábase Praza da fariña porque alí había un gran almacén de fariña.
  Dentro desta praza está  a  Fonte do desexo:
 As autoridades querían facer unha fonte dentro da praza así que pediron diversos modelos a obradoiros de Francia. Despois de moito pensar fixeron un combinado  deles   e saíu o deseño actual.
  A pesar do seu nome, non é unha fonte do desexo para tirar moedas e que se cumpra o teu desexo.
       Construírona en honra dunha  muller  que  namorouse dun campesiño e, pola noite, ían verse ás agachadas  e para iso quedaban citados dende dúas puntas opostas dun río que tiñan que cruzar.   A muller levaba un facho que iluminaba ao  home  para que puidera chegar nadando á beira onde estaba ela. Entón o facho da  muller  apagouse cunha racha de vento e el non vía nada. Ao non ver nada o probe morreu afogado. A rapaza , como non o vía, creu  que lle pasara  algo e decidiu tirarse ao auga para ir con el  . A estatua con ela suxeitando o facho é un recordo do feito. 








 Fonte do desexo : Debuxo de José Francesch  Valiño             
PRAZA DE MARÍA PITA:  Levou 100 anos construíla, actualmente alí está  casa do Concello . No  lugar onde está situada había un espazo enorme baleiro. Foi feita para unir a zona da Pescadaría e a parte nova da cidade.
              


     Fachada do Concello da Coruña. Debuxo de  José Francesch Valiño








PALACIO MUNICIPAL : SALÓN DE PLENOS
Alí reúnese o alcalde cos concelleiros para falar con eles sobre temas da cida de   (Tamén serve para facer vodas)Na vidreira do teito están escritos os nomes de 4 mulleres moi importantes da Coruña: María Pita, Emilia Pardo Bazán, Concepción Arenal e Juana de Vega. En cada asento hai representado na madeira un acto histórico da cidade.



                        
ETIQUETAS DAS ENTRADAS .
alxibe (1) apalpador (2) Apolo 13 (1) arqueoloxía (2) astronomía (13) atletismo (1) auga (2) bacterias (2) baloncesto (4) balonmán (2) barómetro (1) biblioteca (7) biblioteca de Monte Alto (1) bodyboard (2) borrasca (1) boxeo (1) Brasil (1) buceo (2) buracos negros (1) buxaina (1) cálculo de superficies en inglés (1) cambio climático (1) cambios de estado (1) campionato de xadrez (1) Canarias (1) canción (1) canoas (1) cans (1) Carlos Casares (1) cartas (1) cartel de outono (1) Castelo de ´San Antón (1) castro (1) celebración (10) Chantada (1) ciclo da auga (1) Cidade Vella (17) ciencias (55) cine (6) circuitos eléctricos (4) clima (5) climogramas (1) coches eléctricos (1) comentamos libros (6) comentamos películas (7) Concello (3) Concello de A Coruña (4) concerto (4) condensación (1) conmemoración (15) constelacións (1) contadores de chistes (1) contaminación (4) COVID 19 (1) criba de Eratóstenes (1) cristais (1) culturas (2) damas (1) danza (2) debuxos (6) densidade (2) deportes (6) dereitos humanos (3) Día da Paz (5) Día do Libro (3) Digital Maths Notebook (2) diversidade cultural (8) eclipse (2) ecoloxía (12) ecosistema acuático (2) electroimán (1) Elviña (1) Emilia Pardo Bazán (1) encoro de Cecebre (1) entroido (14) escalada (3) escáncer (1) escritores/as (6) Estación espacial (1) estrelas fugaces (2) Etiopía (1) etwinning (3) excursión (19) experimento (11) facemos cinema (2) Fairy oak (1) festa (1) festa de despedida (1) fin de curso (2) flotabilidade (1) fontes de enerxía (1) Francisco Fernández del Riego (1) frauta traveseira (1) fungos (2) fútbol (4) Gandhi (1) gas (1) gatos (1) geogebra (1) historia (9) hobbys (4) hubble (1) incendio (2) inglés (1) instrumentos musicales (5) iogur (1) ISS (1) judo (3) kárate (1) kiosko (1) La isla del tesoro (1) larpeiradas (7) lectura (24) lenda (3) libraría (1) Luis Seoane (1) magosto (1) manualidades (11) Manuel María (1) maqueta (4) marea negra (1) María Pita (2) Marrocos (3) Marte (1) mascotas (1) matemáticas (41) matemáticas en inglés (1) maxia (1) medidas de lonxitude (1) mergullo (2) meteoroloxía (7) minerais (2) mitoloxía (1) mofos (1) monicreques (2) montaña (2) motor eléctrico (1) música (13) natación (2) natureza (7) números primos (1) obradoiro (7) ordenadores (1) outono (2) Oza dos ríos (1) pacifismo (3) pádel (1) pancartas (1) pandemia (2) papiroflexia (4) pardal (1) parque de Bens (1) Parque de Oza (1) patinaxe (2) paxaros (1) peixes (1) películas (8) penicilina (1) percusión (1) periquitos (1) perseidas (2) petroleo (2) pi (1) pinchacarneiro (1) Pinocho (1) piragüismo. (1) pirámide (1) planetas (1) plantas (5) pluviómetro (1) Poesía (8) poleas (1) policía (1) poliedros (2) poliedros en inglés (1) portas das murallas (1) Postal dixital (2) Praza de Azcárraga (1) precipitacións (3) prehistoria (1) prensa (1) presión atmosférica (1) problemas de matemáticas (27) problemas de matemáticas en inglés (1) Proxecto de ciencias en inglés (1) pulmóns (1) pulsómetro (2) rap (1) ras (3) reciclaxe (14) redacción (9) redes sociais (1) reloxo de sol (1) respiración (1) revista dixital (6) Ría do Burgo (1) río Mandeo (1) robots industriais (1) rocódromo (2) Romanía (1) Rosalía de Castro (1) rúas (1) scouts (1) seguridade en internet (2) Sir John Moore (1) solidariedade (1) Stephen Hawking (1) surf (2) taboleiro de xadrez (1) taboleiro de damas (1) tambores (1) tangram (1) teatro (13) tecnoloxía (23) telescopio espacial (1) temperaturas (1) tempo atmosférico (4) temporal (4) termómetro (1) termómetro construido na escola (1) The weather that we watch (1) Titanic (1) Torre de Hércules (4) transmisión de son (1) trens (1) urco (1) vacas (1) valores cívicos (8) vaporización (1) Victor y el monstruo (1) vídeo musical (1) videoconferencia (2) violín (1) viravolta (1) volcán (1) voleibol (1) xabaril (1) xadrez (2) xeo (1) xeografía (5) xeometría dixital (1) xerminación (1) ximnasia rítmica (1) xogos (4) xogos tradicionais (1) xordos (1)