• TRABALLAMOS BEN . TRABALLAMOS CON XEITO . RECICLAMOS. COMPARTIMOS TRABALLOS DE METEOROLOXÍA . FINALMENTE O NOSO PROXECTO ETWINNING OBTIVO O *** SELO EUROPEO DE CALIDADE E O SELO NACIONAL DE CALIDADE***
  • Desde esta bitácora pretendemos compartir algunhas das actividades que realizamos ou trataremos de realizar . Ademais intenta ser unha ferramenta de axuda para todos aqueles alumnos/as, pais/nais e profesores/as que desexen acceder a temas de información ( libros ,revistas , enlaces , recursos dixitais ,software educativo ...) sobre o traballo e os proxectos que desenvolvemos

    lunes, 9 de enero de 2017

    Festival de Nadal . “ A moa “

                    

        O mércores ,  21 de decembro  , representamos para os nosos compañeiros  de 3º, 4º , 5º e  6º  a obriña de teatro titulada  “ A moa “ . Cremos que pasaron un anaco divertido, véndoa, ou polo menos  un tempo entretido  . Para nós tamén foi divertido preparala . Todos axudamos un pouco : uns actuando e outros preparando os 
    decorados .

    O argumento da  obriña é tan simple como interesante :  un paisano chega á vila cun dor de  moas importante e para ver un evento deportivo  ,  está  case sen  cartos  e dúas señoritas moi riseiras , algo cursis  e ás que lles falta, posiblemente,  un fervor , simulan querer axudalo .

        
      





    2 comentarios: