INICIOCOLABORACIÓNS SAÍDAS E EVENTOS ESCOLARES A CIDADE VELLA DE LIBROS E DE CINE LEMOS O XORNAL PROXECTO CLIMA E PROXECTO ETWINNING *** SELO EUROPEO DE CALIDADE AO PROXECTO : THE WEATHER THAT WE WATCH*** DIGITAL MATHS NOTEBOOK
Desde esta bitácora compartimos activamente moitas das actividades que realizamos ou que están en proceso de realizarse . Ademais intenta ser unha ferramenta de axuda eficaz e coherente para todos aqueles alumnos/as, pais/nais e profesores/as que desexen acceder a temas de información ( libros ,revistas , enlaces , recursos dixitais ,software educativo ...) sobre o traballo e os proxectos que desenvolvemos.>

lunes, 23 de octubre de 2017

De matemáticas: as lousas das rúas


    
          Por Simón   Rodríguez Rodríguez


      SIMÓN  adoita   agasallarnos, de cando en vez, cando nos enfrontamos a     problemas  de matemáticas,   con  solucións alternativas , creativas ,   matematicamente  correctas e  impecablemente calculadas.
     Hoxe  nos propón  algo de cálculo sobre as lousas das rúas da Cidade Vella  



 


Na rúa do Rosario hai  175 lousas no chan. Na rúa Ferrarías hai o 84% de lousas que hai na rúa do Rosario.

   Si sumamos  as lousas da  rúa   Rosario , as da rúa Ferrarías e as da rúa Real  que son o triplo de lousas que na rúa Ferrarías,  o resultado dá un número primo ou composto ?

Si  dividimos o total de lousas  das tres rúas  entre as lousas da rúa Ferrarías .

Cal é o cociente  ?     E o resto ?

1 comentario:

  1. Lousas da Rúa do Rosario:175
    Lousas da Rúa Ferrarías:147
    Lousas da Rúa Real:441
    Número total de lousas:763
    763 e un número composto.
    se divido o número total de lousas polo número total de lousas da Rúa Ferrarías obtemos:
    De cociente :5
    De resto : 28

    ResponderEliminar