INICIOCOLABORACIÓNS SAÍDAS E EVENTOS ESCOLARES A CIDADE VELLA DE LIBROS E DE CINE LEMOS O XORNAL PROXECTO CLIMA E PROXECTO ETWINNING *** SELO EUROPEO DE CALIDADE AO PROXECTO : THE WEATHER THAT WE WATCH*** DIGITAL MATHS NOTEBOOK
Desde esta bitácora compartimos activamente moitas das actividades que realizamos ou que están en proceso de realizarse . Ademais intenta ser unha ferramenta de axuda eficaz e coherente para todos aqueles alumnos/as, pais/nais e profesores/as que desexen acceder a temas de información ( libros ,revistas , enlaces , recursos dixitais ,software educativo ...) sobre o traballo e os proxectos que desenvolvemos.>

sábado, 5 de mayo de 2018

Viaxe ao Grove. Crónica final

  Aínda que houbo algún amago de "naufraxio " nun kayak, algunhas paradas "técnicas" na ginkana Warrior  e na pendente do Rocódromo que fixeron algúns participantes e que a auga da Lanzada non estaba " excesivamente quente" , quédome cos mil e un aspectos positivos da viaxe. A salientar entre todos eles , a boa química na convivencia que tiveron os nosos alumnos con outros grupos de 2 colexios de Tui cos que compartiron actividades.
  Tratarei de engadir estes días algunhas fotos e vídeos da excursión que creo que teño por aí apalancados .
  Houbo máis actividades e xogos que as que vedes nas fotografías , algunhas delas moi curiosas como o xogo de " Montgomery e Rommel" , que foi  pola noite  con lanternas na mesma praia.
 En fin ,  foi unha moi bonita excursión , cunha meteoroloxía axeitada.
                Un saúdo.
                                          Carlos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario