INICIO Do 2012 ao 2018 Do 2018 ao 2023 A CIDADE VELLA *** SELO EUROPEO DE CALIDADE AO PROXECTO : THE WEATHER THAT WE WATCH*** MAQUETAS E RECICLAXE ★ DESPEDIDAS DE PROMOCIÓNS ★

jueves, 21 de junio de 2018

DMN : unha autoavaliación compartida cos franceses.

  Estimados alumnos :
 Déixovos aquí unha avaliación que me acaba de chegar ao Portal etwinning que fan os vosos compañeiros  franceses do proxecto etwinning deste ano DIGITAL MATH NOTEBOOK , para que a vexades xunto cun vídeoresumo  ( está en francés subtitulado en inglés ) que fan eles da súa participación . 

  Se queredes engadir algún comentario nese cartel dixital (PADLET) mo enviades por correo e o inclúo eu aí. O comentario debe estar en inglés e castelán e/ou galego  Como vos digo sempre á hora de avaliar e valorar algo :  sede construtivos e positivos 
  O Caderno Dixital  será actualizado dentro de pouco coas últimas  aportacións de todas as escolas . Se xurde algúnha información máis sobre este proxecto, xa sabedes , vos manterei informados no  
Blog de  clase.
  Tamén haberá en breve no blog algunha referencia aos  magníficos traballos de maquetas e circuítos eléctricos.

            Pasade un bo verán .       

Hecho con Padlet

No hay comentarios:

Publicar un comentario