INICIO Do 2012 ao 2018 Do 2018 ao 2023 A CIDADE VELLA *** SELO EUROPEO DE CALIDADE AO PROXECTO : THE WEATHER THAT WE WATCH*** MAQUETAS E RECICLAXE ★ DESPEDIDAS DE PROMOCIÓNS ★

miércoles, 28 de febrero de 2024

LECTURA COMPARTIDA 2

    Unha vez máis ...

    Aquí estamos cos nosos amigos/as e compañeiros/as da clase de Educación Infantil de 5 anos .

   .


Veleiquí   algúns  comentarios

Martín

É moi bonito poder contar historias a nenos tan pequenos como  contáronas a nós tamén. Os nenos son moi simpáticos e algo tímidos pero nós pasámolo ben e eles tamén.

 Jorge

Hai uns días fomos ler aos nenos de 5 E.I. Paseino moi ben lendo. A nena á que lle lin  cáeme moi ben porque ás veces xogo con ela no recreo, espero que ela tamén o pasara ben (creo que si).

En definitiva o volvería a repetir.

Déborah

Foi moi  divertido  e os nenos  parecía que o pasaban ben  e á vez aprendían a ler.

 




miércoles, 31 de enero de 2024

LECTURA COMPARTIDA 1

Compartimos libros e lecturas cos nosos compañeiros/as e amigos/as  de E.INFANTIL 5 anos . 

 AÍ   ESTAMOS !!!

 









Día da paz. Carreira solidaria

 Fixeron todos os alumnos do colexio unha carreira solidaria pola   PAZ, que boa falta fai  hoxe en día no mundo . 

 Estes somos nós...

      Preparados !

Listos  !


  XA !!     ( Alá imos... todos  levamos unha cara de  velocidade impresionante ) 

domingo, 17 de diciembre de 2023

VISITAMOS A DOMUS DE A CORUÑA

Fixemos unha interesante saída á Domus da Coruña, museu interactivo de referencia sobre tecnoloxía e ciencia , tamén coñecido como a Casa do Home.  Ubicado nun lateral do barrio de Monte Alto e mirando cara ao mar de Riazor. Alí os alumnos/as puideron manipular e observar infinidade de  artiluxios de divulgación científica.

Hecho con Padlet

martes, 21 de noviembre de 2023

Percusión , ritmo e ecoloxía: ECOPERCUSIÓN

    Tivemos o martes 21 unha actividade de :

Algunhas fotos, vídeo e comentarios

Gustoume moito o obradoiro de ecopercusión, foi moi

divertido,déronnos uns cubos de pintura e unhas baquetas.

 É incrible que poidas facer esa música só cun cubo de pintura.

 Soaba xenial. Fixemos cousas como:    *

Facer PAUSA, que foi parar un segundo para que a música

 comezase mellor.

Dixemos chocolate e  tocabamos no cubo as súas catro

silabas.

Diciamos ecopercusión y coas súas  silabas tocabamos no tambor.

E así   tocamos unha canción moi divertida.  Eduardo ensinounos 

moitas cousas . O ano pasado tocamos moi ben pero

este ano o fixemos no patio porque faciamos  moito ruido.

A  actividade de  ecopercusion foi toda  con materiais reciclados

El tiña  un cubo azul moi grande e tocaba moi ben.

É moi bo que non contaminemos e reciclemos.

CAROL


                                      


   Me gustó bastante y fue muy guay por ser mi primera

 vez haciendo Eco percusión . Lo que no me gustó es

 que por la culpa del viento se nos caían los cubos de

 pintura que eran esos tambores.

                                                         DAVID




 Me pareció divertido, pero como este año hicimos el taller en el

 patio pasamos un poco de frío pero mereció la pena, porque fue

 algo diferente.

                       ADRIANA



Debuxo de  CAROL 

Gustoume moito por ser con material reciclado.

Tamén por facer musica con tambores pero facía moito frio, e doíanme as mans.


MARTÍN



   


Aquí está o grupo   facendo percusión no patio cuberto do noso colexio... E con moito xeito !!


POLA IGUALDADE DE XÉNERO... FACEMOS RAP

    O xoves día 16 veu un rapaz a facer un obradoiro de música RAP. 

Presentouse, preguntounos se sabiamos que era a música RAP, 
dixémoslle  varias cousas e comezamos o obradoiro. 
Despois puxo un ritmo e díxonos que o seguiramos con palmas.
Divertímonos moito! A continuación todos fixemos o noso propio RAP.
 Finalmente dixo que deberíamos poñernos en parellas ou tríos e facer 
o noso propio RAP  relacionado coa igualdade de xénero para ver que 
se nos ocorría. Para min foi moi divertido, sobre todo a última parte, 
e grazas a este proxecto coñecemos máis o xénero musical RAP.
                                                                                               NAIA

Aquí estamos ..,



LETRAS DE RAPS feitas  por nós 


  Grazas  Risk  ( De  A Vella Escola-Obradoiro Urbano )   pola túa  colaboración  . 





martes, 7 de noviembre de 2023

Xabarís no Parque de Oza


                   XABARÍS       


          NO PARQUE DE       


                     OZA         


Un relato  real elaborado por     MAR

A noite do sábado , no Parque de   Oza, fomos  sacar ao noso can e atopámonos... cun xabaril e as súas crías!!!

 Atopamos  tamén a un  policía e díxonos que tiveramos  coidado porque eran animais salvaxes e non  sabemos como van reaccionar.

 Tamén díxonos que eles non poden facer nada e que están esperando a decisión do concello. O policía tamén contounos  que non soltaramos ao can , porque el unha vez   fora paseando pola Torre co seu can e empezou a ladrar a unha cría de xabaril, a cría se foi correndo pero de súpeto virou a nai directa cara el... A nós preocúpanos porque aínda que o noso can sexa moi rápido, nós non somos  tan rápidos...

                Fotos dos xabarís no parque de Oza  aportadas por Mar 





Información técnica  sobre o xabaril buscada por  AMANDA

( Fonte Wikipedia )

Tipo de animal: mamífero artiodáctilo

Reino: Animalia

Filo: Chordata

Clase: Mammalia

Orde: Artiodactyla

Familia: Suidae

Xénero: Sus

Especie: S. Srofa

  De que se alimenta ?: O xabaril europeo é unha especie omnívora,  predominando na súa alimentación plantas e animais (invertebrados,  anfibios e pequenos mamíferos). Por outra banda, cómpre sinalar que o seu principal depredador é o lobo.

 Onde habita habitualmente ? : As principais zonas onde se distribúe  son Asia, Europa e o norte de África, o que tamén destaca a súa  adaptabilidade  ao medio sempre que dispoña de alimentos   suficientes.

Clases: Segundo distintos estudos, no mundo existen entre 4 e máis   de 25 sub-especies de xabaril, ademais de cantidade de hibridacións e cruces entre elas e as distintas especies de porcos domésticos. En  España temos realmente 1 subespecie distinta: - O Sus Scrofa  Castilianus (maior tamaño, pelame máis densa e claro) 

  Debuxo de xabaril realizado  por LAURA


 Os xabarís nos medios de comunicación . Información buscada por VALERIA  

Un ciclista 'torea' a un jabalí para evitar su ataque

Antena 3

Shakira se enfrenta a dos jabalíes: así ha quedado su bolso

La sexta

Los jabalíes, de paseo por Cuatro Caminos 

La voz de Galicia

El ‘tour’ del jabalí en A Coruña

La opinión de A Coruña.

El renovado STOP y un jabalí protagonizan el nuevo catálogo de señales de la DGT

El norte de Castilla.

Las jabalíes, de paseo por María Pita

Faro de Vigo  



Lecturas compartidas de Samain

                         

   Con motivo da festa de Samain  e organizado pola Biblioteca do

 colexio  fixemos lecturas compartidas  con pais/nais  de alumnos /as  e , en concreto , dous pais de alumnos de 6º , Javier e  Carlos,  fixeron sendas lecturas  co noso grupo .   Moi interesantes, entretenidas e  cun punto de terror realmente  divertido. 

       Grazas , Carlos e Javier ,   pola vosa colaboración .

                         COLE  DE LOCOS

            





            
         
Algo que comentar sobre " El cole de los locos "

Martín

Fíxome moita graza cando o neno está enfadado por que lle fastidiaron o momento no que ía a declarase.

Deborah

Fíxome moita graza e foi moi entretenido, ademais deixáranos ler a nos .

E facíame moita graza un personaxe.

LOLA

Pareceume moi divertido e entretenido. E nos salvou dun exame! Grazas, de verdade.

VALERIA

A verdade é que foi bastante divertido xa que eles, coma nós , tamén temos que encargarnos da festa este ano e iso fixo que vivira moito máis a historia



ADRIANA

Gustoume moito e fíxome moita graza, encantoume  cando os nenos disfrazáronse de zombies.

ALMA

No cole de tolos había un grupo de compañeiros moi divertidos e bromistas e contaron unha lenda dun xeadeiro vello que estaba un pouco tolo.

AMANDA

Fíxome bastante graza e era entreenido. A miña parte favorita é cando tiran a bomba fétida estando todos encerrados na taquilla.

MAR

Pareceume bastante divertido e me chamou moito a atención que o libro se chamase  "O cole de tolos"



 MORDISCOS MONSTRUOSOS



Algo que comentar sobre " Mordiscos  monstruosos "

 Pablo González

Gustoume porque foi moi divertido aínda que non o

 acabamos pero rinme moito coa lista de insectos que lle

 morderan a un personaxe.


Naia

Gustoume porque, aínda que non o rematamos, o protagonista dicía que os outros lle daban dentadas e a súa irmá maior sempre lle facía bromas. Por iso me pareceu divertido e ás veces gracioso.

Rodrigo

O tempo que nos leu o conto foi moi divertido. A parte que máis  gustoume foi cando todos os bichos o mordían.

Á pregunta que se lles fixo de que si lles gustaría ser vampiros/as veleiquí algunhas respostas: 

RODRIGO

A min si que me gustaría ser un vampiro 

porque podería voar.

 LAURA

Gustaríame ser vampira porque podería voar e non ir ao colexio, podería ir a un montón de sitios gozando das vistas, tamén porque podería voar ata Hollywood e coñecer a un montón de famosos.

  PAULA

Gustaríame ser vampira porque podería voar e creo que tamén me podería transportar pero non me gustaría ser vampiro porque non podo sair durante o día e sería máis difícil para min interactuar con nenos.