XABARÍS
NO PARQUE DE
OZA
Un relato real elaborado por MAR
A noite do sábado , no Parque de Oza, fomos sacar ao noso can e atopámonos... cun xabaril e as súas crías!!!
Atopamos tamén a un policía e díxonos que tiveramos coidado porque eran animais salvaxes e non sabemos como van reaccionar.
Tamén díxonos que eles non poden facer nada e que están esperando a decisión do concello. O policía tamén contounos que non soltaramos ao can , porque el unha vez fora paseando pola Torre co seu can e empezou a ladrar a unha cría de xabaril, a cría se foi correndo pero de súpeto virou a nai directa cara el... A nós preocúpanos porque aínda que o noso can sexa moi rápido, nós non somos tan rápidos...
Fotos dos xabarís no parque de Oza aportadas por Mar
Información técnica sobre o xabaril buscada por AMANDA
( Fonte Wikipedia )
Tipo de animal: mamífero artiodáctilo
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Artiodactyla
Familia: Suidae
Xénero: Sus
Especie: S. Srofa
De que se alimenta ?: O xabaril europeo é unha especie omnívora, predominando na súa alimentación plantas e animais (invertebrados, anfibios e pequenos mamíferos). Por outra banda, cómpre sinalar que o seu principal depredador é o lobo.
Onde habita habitualmente ? : As principais zonas onde se distribúe son Asia, Europa e o norte de África, o que tamén destaca a súa adaptabilidade ao medio sempre que dispoña de alimentos suficientes.
Clases: Segundo distintos estudos, no mundo existen entre 4 e máis de 25 sub-especies de xabaril, ademais de cantidade de hibridacións e cruces entre elas e as distintas especies de porcos domésticos. En España temos realmente 1 subespecie distinta: - O Sus Scrofa Castilianus (maior tamaño, pelame máis densa e claro)
Debuxo de xabaril realizado por LAURA
Os xabarís nos medios de comunicación . Información buscada por VALERIA
Un ciclista 'torea' a un jabalí para evitar su ataque
Antena 3
Shakira se enfrenta a dos jabalíes: así ha quedado su bolso
La sexta
Los jabalíes, de paseo por Cuatro Caminos
La voz de Galicia
El ‘tour’ del jabalí en A Coruña
La opinión de A Coruña.
No hay comentarios:
Publicar un comentario