Desde esta bitácora pretendemos compartir algunhas das actividades que realizamos ou trataremos de realizar . Ademais intenta ser unha ferramenta de axuda para todos aqueles alumnos/as, pais/nais e profesores/as que desexen acceder a temas de información ( libros ,revistas , enlaces , recursos dixitais ,software educativo ...) sobre o traballo que desenvolvemos

martes, 19 de noviembre de 2013


         PLENO   NO   CONCELLO  DA   CORUÑA



   Co gallo do 24 aniversario da  Convención sobre os Dereitos  do  neno  ( 20 de Novembro  de 1989) fumos invitados polo Concello da Coruña ,xunto con  outros colexios da cidade ,a  participar nun  Pleno Infantil Conmemorativo .
  Alí presentamos  unha  reflexión elaborada por toda  á  clase de 6º   sobre  o dereito a igualdade na que levamos, en síntese, as ideas plasmadas no seguinte texto . 
                      IGUALDADE    
Todos temos diferentes formas de pensar, de actuar, ou de velas cousas e, polo tanto, unha personalidade propia. Moitos de nós pertencemos a diferentes culturas, relixións, a uns lles gusta xogar ao fútbol e a outros ao baloncesto...

Grazas a esas diferenzas, ninguén é igual, ninguén pensa igual, ninguén fai nada igual e así podemos aprender cousas diferentes os uns dos outros e crear un mundo moito máis divertido.

Hoxe en día convivimos persoas de diferentes culturas e relixións, ao contrario que uns anos atrás. Esta mezcla cultural fai que podamos aprender cousas novas e costumes diferentes ás nosas. Desta forma nos colexios dánse clases de diferentes relixións: evanxélica, católica.....

Os nenos e as nenas de todo o mundo teñen dereito a ir ao colexio como os demais, a ter unha boa educación, a xogar e vivir como nenos.


Todos e todas debemos cooperar para que se cumpra este dereito e así poder convivir todos nun mundo sen discriminación ou desigualdade e no que se valore as persoas que temos ao noso arredor tal e como son, respectando as súas diferenzas.









          Aquí estamos todos os participantes 
Tamén propuxemos:

  1. A creación de centros de recollida de libros, xa que hai xente que tira libros que aínda pódense ler. É dicir, construír lugares onde pódanse deixar e outra xente poda levalos sen ter que abonar nada por eles.
  2. Máis información e cursos para axudar a erradicar as situacións de acoso a nenos que dánse en diferentes ámbitos.

E preguntamos:
  1. Como actúa o Concello coa xente que hoxe en día vive na rúa?
  2. Considera o Concello que hai suficientes lugares de culto para as diferentes relixións que se practícan na nosa cidade?  







              

   O  Pleno  infantil na  prensa  da Coruña

   La Opinión  de   A  Coruña 

No hay comentarios:

Publicar un comentario