PLENO NO CONCELLO DA CORUÑA
Co gallo do 24 aniversario da Convención sobre os Dereitos do neno ( 20 de Novembro de 1989) fumos invitados polo Concello da Coruña ,xunto con outros colexios da cidade ,a participar nun Pleno Infantil Conmemorativo .
Alí presentamos unha reflexión elaborada por toda á clase de 6º sobre o dereito a igualdade na que levamos, en síntese, as ideas plasmadas no seguinte texto .
IGUALDADE
Todos
temos diferentes formas de pensar, de actuar, ou de velas cousas e,
polo tanto, unha personalidade propia. Moitos de nós pertencemos a
diferentes culturas, relixións, a uns lles gusta xogar ao fútbol e
a outros ao baloncesto...
Grazas
a esas diferenzas, ninguén é igual, ninguén pensa igual, ninguén
fai nada igual e así podemos aprender cousas diferentes os uns dos
outros e crear un mundo moito máis divertido.
Hoxe
en día convivimos persoas de diferentes culturas e relixións, ao
contrario que uns anos atrás. Esta mezcla cultural fai que podamos
aprender cousas novas e costumes diferentes ás nosas. Desta forma
nos colexios dánse clases de diferentes relixións: evanxélica,
católica.....
Os
nenos e as nenas de todo o mundo teñen dereito a ir ao colexio como
os demais, a ter unha boa educación, a xogar e vivir como nenos.
Todos
e todas debemos cooperar para que se cumpra este dereito e así poder
convivir todos nun mundo sen discriminación ou desigualdade e no que
se valore as persoas que temos ao noso arredor tal e como son,
respectando as súas diferenzas.
Aquí estamos todos os participantes
Tamén
propuxemos:
1. A
creación de centros de recollida de libros, xa que hai xente que
tira libros que aínda pódense ler. É dicir, construír lugares
onde pódanse deixar e outra xente poda levalos sen ter que abonar
nada por eles.
2. Máis
información e cursos para axudar a erradicar as situacións de
acoso a nenos que dánse en diferentes ámbitos.
E
preguntamos:
- Como actúa o Concello coa xente que hoxe en día vive na rúa?
- Considera o Concello que hai suficientes lugares de culto para as diferentes relixións que se practícan na nosa cidade?
O Pleno infantil na prensa da Coruña
La Opinión de A Coruña
No hay comentarios:
Publicar un comentario