• TRABALLAMOS BEN . TRABALLAMOS CON XEITO . RECICLAMOS. COMPARTIMOS TRABALLOS DE METEOROLOXÍA . FINALMENTE O NOSO PROXECTO ETWINNING OBTIVO O *** SELO EUROPEO DE CALIDADE E O SELO NACIONAL DE CALIDADE***
  • Desde esta bitácora pretendemos compartir algunhas das actividades que realizamos ou trataremos de realizar . Ademais intenta ser unha ferramenta de axuda para todos aqueles alumnos/as, pais/nais e profesores/as que desexen acceder a temas de información ( libros ,revistas , enlaces , recursos dixitais ,software educativo ...) sobre o traballo e os proxectos que desenvolvemos

    jueves, 23 de junio de 2016

    Despedida de sexto curso .

        Celebramos o festival e despedida de 6º no Paraninfo da Universidade de A Coruña , un lugar cunhas vistas espectaculares  á bahía.

    Parabéns aos presentadores  Iván e Natalia.
            A partir dunhas extraordinarias  e meritorias   actuacións  dos músicos Pablo , Yeray , José  e Rebeca continuamos cunha     representación  musical de cine:   “Mix:dance and sing" dos temas Shake it off , Thriller e Sax  feita pola clase de sexto baixo  a  dirección artística das profesoras  Pili Ramos e  Asun.
        Seguidamente  houbo a presentación do vídeo sobre o grupo .  Celebro que o vídeo presentado  vos agradara a todos. Deume algo de chollo facelo pero a satisfación de velo feito fixo que pagara a pena.
        Posteriormente tivo lugar a entrega dos diplomas .


    Grazas  á Universidade  da Coruña e  en particular  aos pais de alumnos que colaboraron máis directamente no evento .
        Finalmente   moitas  grazas  a todos os pais/nais   dos  alumnos de 6º  pola  colaboración intensa e correcta   mantida durante  estes dous anos .    
    ENLACE ÁS FOTOS DO EVENTO 

                                   
                                     Un cordial saúdo de Carlos.  

     
         .   

    No hay comentarios:

    Publicar un comentario