Durante
este curso comprobamos como se transforma a enerxía eléctrica en
diferentes enerxías como a luz , o son e o movemento. Como o
fixemos?
Construíndo
circuítos eléctricos.
Así
fabricamos un circuíto comprobador de materiais condutores , un
circuíto con LED e pila adaptada ao interruptor , un circuíto con
dous motores con hélices , un xogo sobre os ríos galegos con LED e
bucina , un circuíto con luz e interruptor de fabricación caseira ,
un medidor de pulso , un circuíto de coches , un circuíto do tipo
“faino ti mesmo “, tres circuítos de lanternas , un circuíto
cun orixinal timbre ( motor que golpeaba unha lata de aluminio) e
varios circuítos combinados de luz e timbre.
Todos
eles seguindo o esquema de batería , cables , interruptor , algúns
con luz outros con son etc...
O
xogo sobre os ríos Galegos o elaboramos co seguinte esquema:
Batería
, un polo vai directamente á luz e a bucina e outro polo vai
interrompido e se une pechando o circuíto en cada unión correcta de
nomes de ríos e lugares onde están.
O
circuíto dos ríos galegos o compartimos coas aulas de 3º, 4º e 5º
e así puideron practicar a situación xeográfica dos ríos galegos.
Cremos que foi unha boa axuda .
Vídeo sobre o traballo realizado. A creatividade , o inxenio , a búsqueda de información e os hábitos de reciclaxe estiveron presentes na moi boa realización que fixeron os alumnos de 6º desta actividade . |
No hay comentarios:
Publicar un comentario