INICIO Do 2012 ao 2018 Do 2018 ao 2023 A CIDADE VELLA *** SELO EUROPEO DE CALIDADE AO PROXECTO : THE WEATHER THAT WE WATCH*** MAQUETAS E RECICLAXE ★ DESPEDIDAS DE PROMOCIÓNS ★

jueves, 16 de mayo de 2019

Festival das Letras Galegas 2019



No Festival das Letras Galegas  participamos  coa canción “ Meu o 
mundo é “   e un recital  de  poemas de  diversos poetas galegos, 
dende Rosalía ata Xoán Babarro,  que representamos para os nosos 
compañeiros de 4º, 5º e 6º de Primaria , esperamos que fose de interese para todos e todas os que as visen

    Disfrutamos razoablemente   vendo as xeitosas  , amenas e  virtuosas actuacións artístico-musicais preparadas polos  grupos de 4º,5º e 6 º .  Cunha curiosa “interpretación-recreación” do Himno Galego, sen dúbida moi interesante .  Houbo  un ledo  final da velada coa canción "Manola" bailada e cantada  case ao unísono polos alí asistentes mentras seguían con certa fidelidade o simpático vídeo  de Youtube que aparecía na pantalla.
     Para nós, a aula de 3º, a  preparación e ensaios para  o festival  foi moi formativo , educativo dabondo e certamente divertido.
 
   Bo traballo o realizado polos nosos  cantantes , decoradores e recitadores  e sobre todo  estes últimos que souberon transmitir moi ben  os poemas a pesar dalgún contratempo técnico que tiveron nesa actuación ( de súpeto… o micrófono deixou de funcionar ).  Contratempo este, suplido e  superado polo  saber facer e saberse comportar  de todos estes alumnos  de 3º.
         Parabéns a todos eles  !


   Aquí temos aos nosos cantantes: algo psicodélicos  e un tanto 
ye-yés




    Por aquí andan os recitadores de poemas galegos   : con seriedade e virtuosismo . Como debe ser  .






No hay comentarios:

Publicar un comentario