No Festival das Letras Galegas participamos coa canción “ Meu o mundo é “ e un recital de poemas de diversos poetas galegos, dende Rosalía ata Xoán Babarro, que representamos para os nosos compañeiros de 4º, 5º e 6º de Primaria , esperamos que fose de interese para todos e todas os que as visen
Disfrutamos razoablemente vendo as xeitosas , amenas e virtuosas actuacións artístico-musicais
preparadas polos grupos de 4º,5º e 6 º .
Cunha curiosa
“interpretación-recreación” do Himno Galego, sen dúbida moi interesante . Houbo un ledo
final da velada coa canción "Manola" bailada e cantada case ao unísono polos alí asistentes mentras seguían con certa fidelidade o simpático vídeo
de Youtube que aparecía na pantalla.
Para nós, a aula de 3º, a preparación e ensaios para o festival foi moi formativo , educativo dabondo e certamente divertido.
Bo traballo o realizado polos nosos cantantes , decoradores e recitadores e sobre todo estes últimos que souberon transmitir moi ben os poemas a pesar dalgún contratempo técnico que tiveron nesa actuación ( de súpeto… o micrófono deixou de funcionar ). Contratempo este, suplido e superado polo saber facer e saberse comportar de todos estes alumnos de 3º.

Parabéns a todos eles !
No hay comentarios:
Publicar un comentario